Hoxe,ademais de por estar de días,tiven algunhas chamadas pedíndome que puxese no Blog o que publicou onte a Voz.Como o traballo que da é mínimo,é un corta e paga, pois aí queda para que o que o pediu e mais algún que outro que poida entrar teña acceso.Que sexades moi felices na medida en que sexa posible cada un en función das súas circunstancias que como dicía,coido que era Ortega,un e un e as súas circunstancias.
Aí queda:
ANTICORRUPCION EN GALICIA
A Fiscalía contra a
Corrupción e a Criminalidade Organizada, é o nome oficial, foi
creada no ano 1995, na etapa final do Goberno de Felipe González,
Acordamos que foi unha época inzada de casos de corrupción. Neses
anos popularizouse o slogan“Vaiase señor González”
destacando o Partido Popular por perseguir e denunciar un estado de
corrupción asfixiante. Despois de acadar o goberno xa non foi tan
entusiasta. No 2003 destituíu a D. Carlos Jiménez Villarejo,e ao
ano seguinte o Fiscal Xeral do Estrado, D.Jesús Cardenal, xa
propuxo suprimir a Fiscalía anticorrupción.
Nestas días que tanto
aquí, operación Patos ,como en Madrid a Púnica seguimos botándonos
as mans á cabeza pola cantidade de descarados e desvergonzados que
malversan diñeiro público, prevaricando, facendo algo inxusto
sabendo que o é. Nin devolven o roubado .nin hai esperanza de que
os xulguen mentres non pasan dez ou mais anos Seguen burlándose dos
demais cidadáns que pagan relixiosamente os seus impostos esperando
un xuízo e unha sentencia que nunca da chegado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario