Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 12 de diciembre de 2010

Clamando no deserto, por cambio climático

Saúdo de película
   Como "alcalde" voso que son, non vos debo ningunha explicación. Pero vóuvola dar, aínda que non vola deba. Saúdo estensible aos miles (ou millóns?) de lectores deste raparigo moribundo.
A película de Berlanga que mellor lembro do seminario é Calabuch (1956). Parece que as súas obras mestras son Plácido (1961) e El verdugo (1963). Non hai moito vin  Nacional III (1982): acidez envolta en humor. Berlanga retratou a sociedade española da segunda metade do século XX; "entendeu e absorbeu a sociedade, a mesquindade, o humanismo e a submisa tristura" desta época.
  Franco dicía de Berlanga que era un mal español, moito peor ca anarquista, bolxevique ou comunista. Sorprende que se convertese en cineasta de consumo dominical no seminario, grazas ás formas correctas e ao humor. Sería un inxenuo ou un adiantado o que nos programaba os famosos no-dos de inauguración de pántanos e os filmes de Berlanga?
   Nestes últimos meses abandonáronnos moitas persoas que, de distintos xeitos, influíron na nosa formación, como Berlanga ou Paco del Riego. Non son afeccionado aos obituarios. Paz para todos eles.

Explotación do éxito
     É sorprendente que un acontecemento tan importante como a visita papal se deixe caer no desván da desmemoria deste blog. Militares e directores comerciais tentan sempre explotar o éxito. Como parece terreo minado ou prohibido, deixo para mellor ocasión as impresións recibidas vendo a TV os días 6 e 7 de novembro. Non sei se o silencio se debe ás minas, á consideración de que non foi un éxito ou a que o quilo de opinión se está poñendo polas nubes neste mercablog, coma o prezo do percebe ou dos meixóns no tempo de nadal.  
   Estar tantas horas baixo a mirada crítica do Gran Irmán  ten vantaxes, pero tamén inconvenientes: o que se ve é obxecto de comentario, e algunhas imaxes facían reflexionar. Sen opinar tampouco, por carestía de mercado, resumiría así o tema: a sociedade civil non é o que era; en consecuencia, a Igrexa non significa o que significaba.
   Facendo turismo, fotografei esta inscrición sobre o dintel da porta principal da fachada da igrexa de Santiago de Totana (Murcia):


 
Daqueles lodos virán estas tempestades?

Ecoloxistas desubicados 
   Con este título quero chamar a atención sobre o feito de reunir en Cancún aos participantes no XVI Cumio do Clima, pois esta meca turística é o exemplo do que non se debe facer para presevar a Terra do quecemento global. Foi como reunir vexetarianos nun matadoiro xigantesco. Tamén pode ser pedagóxico, porque explicita o contraste.
   Con todo, hai que agradecerlle o México, a Filipe Calderón e a Patricia Espinosa, o labor de mediadores entre os distintos países con intereses moi enfrontados. Pois tras o fracaso da reuníón homónima de Copenhague, parece que podemos enxergar agora un raio de esperanza para frear o deterioro que está sufrindo a nosa casa, o planeta Terra. Ecoloxía deriva do grego oikós ´casa´. É lamentable que aínda países se estean aferrando ao Protocolo de Kioto (1997), que marcaba para 2012 o final do primeiro período de cumprimento. Máis lamentable que os países máis emisores de CO2, como EE UU e China, non estean vinculados a Kioto.
   Se non se toman pronto medidas, se non rachamos a igualdade:
                      Benestar = consumo de enerxía  + contaminación
paisaxes que se nos antollan lunares, de cráteres, rochas e po, como as das fotografías, poderían avanzar antes do que pensamos.



Non as fixen na Lúa, senón en España, na semana da rebelión dos controladores. O territorio concreto deberás decubrilo ti, amigo e anónimo lector. Está cantado, porque é único.

   Mans Unidas envía a todas as reunións sobre cambio climático a representantes e especialistas, porque sabe que as consecuencias do cambio deixaranse sentir antes e de forma máis dramática nos países máís pobres, onde desenvolve os seus proxectos da Operación enlace, para unir o Norte co Sur. De feito, xa as están sufrindo. Non é, pois, preocupación de ecoloxistas románticos e trasnoitados, senón asunto de xustiza urxente.

Saúdos e saúde.
   Eduardo.

viernes, 10 de diciembre de 2010

AS MIÑAS POESIAS

Aí vai,( inda que sexa eu so os que as lea )

SI VIERAS
¡ Si vieras cómo brinca el río cuando nace en la cordillera !
¡ Si vieras qué fresco, roto y cristalino, baja por su ladera !
¡ Si vieras cómo, manso, serpentea entre sombras de pradera,
…Entre chopos y sauces, si lo vieras …!
…Huyendo siempre de su cuna, buscando su mar eterna.
¡ Si vieras cómo rueda la rueda del viejo molino, si lo vieras …!
¡ Y, cómo salta el trigo y brota la harina en la tina de la molienda,
Ronroneando los ejes del noble roble de su madera !
¡ Si vieras cómo, en silencio, discurre por la arboleda
Y, verde, entre los olmos y los sauces de la pradera !
¡ Si vieras cómo, bullicioso, entra en las fauces de las piedras
Y, manso, en espumas blancas amotinadas por su vereda !…
…¡ Y cómo canta la alondra y se despierta la luciérnaga… !
¡ Si vieras cómo sueña la noche, mientras descansa la aldea !
¡ Si vieras lo que yo ví en el molino de piedra !
Antonio Puertas
 

jueves, 9 de diciembre de 2010

AS MIÑAS POESIAS

Bueno, eu sigo nas miñas...FELIZ NADAL PARA TODOS...

EN UN BARCO DE PAPEL

En un barco de papel
El cielo mandó regalos,
Un cartero vino en él
Con su estrella y con dos palos.

De David era la estrella
Que alumbraba el firmamento,
Y, en los cielos era tan bella,
Que de niños pareciera un cuento.

Con ella llegaron las gaitas,
Los zagales y los panderos…
Los palos, astillas proscritas,
Del Amor fueron sus aperos.

El barco pasó de largo
Llevando consigo al cartero,
Humillado en su encargo,
Sentenciado el mensajero.

En el firmamento creado,
Allí resplandece la estrella;
El barco sigue encallado,
Y entre luceros se ve su huella.
 
 Antonio Puertas

lunes, 6 de diciembre de 2010

NO QUIERO...

...Pois debe de haber tristura porque ninguén, salvo Rafael, asoma ó fuciño. Sendo así, aí vai esta charlotada miña, a ver se consego que " fuxan os ventos fantasmas "...
E, si non hai ninguén pola banda de Laíño, que os recollan os de Lestrove...

NO QUIERO
No quiero ver que nadie llore,
No quiero ver más amarguras,
Si la vida está llena de penurias,
Debemos ser fuertes y vencerlas.
¿ Acaso, no llevamos en las venas
Sangre de nobleza castellana ?
¿ Acaso, no cabalgan por los genes
Nobles caballeros de la raza humana ?
Defensores de la dama y de la anciana,
Osados Quijotes de molinos y de lanzas.
 
Cabalguemos sobre nuestro Rocinante,
Por las rutas que nos marca el sendero,
En compaña del fiel escudero,
Derrotemos a las penas y al fantasma.
Allí donde acampara el villano,
En tropel, esgrimamos la espada,
Libertemos a Dulcinea, nuestra amada,
Y que muerda el polvo quien la avasalla.
A las almas nobles tesoros y haciendas,
Ínsulas y gloria, por siempre, nos aguardan.
Antonio Puertas

viernes, 3 de diciembre de 2010

...SI VALES...

SI VALES…
…Si vales, bene est, ego valeo…
E que, as cousas, non están aló moi ben que digamos, pero, desexamos que vaian mellorando.
Mellorando, dende que o mundo é mundo, sempre se desexou. Mais, o home, non soubo ou non quixo, moitas veces, atopar a maneira de facelo, como era de desexar. Sempre metido en líortas e pelexas. Sempre afundido no fungo das súas propias miserias. E, sempre, erguéndose das súas cinzas pa comezar de novo e vagar polos camiños incertos da vida. Nunca aprendera dos seus erros, e nunca ha d´aprender.
É triste, moi triste dicilo, mais, esta é a realidade pura e dura que podemos observar, si votamos unha ollada á historia, ou miramos ó noso arredor. Aí ha estar sempre esa espada de Damocles colgada sobre á testa da Humanidade, pa caer, sen clemencia, por aquí ou por ala, ó antollo dunha man invisible, que non logramos entender, e que é quen rexe os nosos designios.
Deixando atrás as calamidades atesgadas no tempo, e centrándonos unicamente nos acontecementos recentes que todos lembramos, ¿ quen pode comer e beber, sen pensar que un día incerto, seremos, acaso, nos os protagonistas d´algunha calamidade ? ¿ Quen pode dicir: isto non vai comigo ? Ninguén pode fuxir do destino que a vida lle ten marcado nos camiños do seu andar.
Accidentes nas estradas, enfermidades incurables, rupturas matrimoniais, meniños abandonados a súa sorte, vítimas das mafias sen alma, desbordamentos de rios ou secas interminables, drogas e familias desfeitas…choros e fame… Apocalypse Now dos nosos días…
Por iso, ala polo século I, a causa das envexas e os odios do tribuno Clodio, Marcus Tulius Cicero, tivo que saír ó desterro, despois de ter abortado, sendo Cónsul Romano, a conxuración do guerrilleiro e salteador de camiños Catilina, e de ter escritas as famosas catilinarias, pronunciando aquela frase tan sonada: .…Fugi, Catilina, porta aperta sum… ( …fuxe Catilina, as portas están abertas…),
Antonio Puertas

 
 
( …si estás ben, alégrome, eu estou ben…) Así, dese xeito, encabezaba sempre as súas misivas aquel grandioso literato e cónsul da Roma clásica, que fora, Cicerone, á súa amada esposa Terencia.

martes, 30 de noviembre de 2010

PARABENS E AGASALLO

Súmome aos parabéns que adica Puertas aos blogueiros que se chaman Andrés e que se asoman a esta fiestra algunha vez. Como neste mundo virtual,hoxe por hoxe, son de balde as imaxes, mándolles esa postal con todo cariño. Teñen sorte. San Andrés non é un calquera no Reino dos Ceos. E irmán de Pedro e sempre pode botar unha man aos seus recomendados. Que pasedes un bo día na compaña da vosa xente.Rafael

FELICIDADES

BENDITO MES, QUE COMEZA POR TÓDOLOS SANTOS E FINA POR SAN ANDRÉS.

¡¡ FELICIDADES, AMIGOS ANDRÉS !!
Agarrimosos saúdos a tódolos demais libreiros.

Antonio Puertas

jueves, 25 de noviembre de 2010

VIOLENCIA DE XÉNERO ET RELIQUA...



En primeiro lugar agradecerlle a Puertas que me adicase o conto. “Muito obrigado” como din os nosos patricios portugueses. (Ese era o título que lle daban, cando se atopaban en Terranova, os mariñeiros do Cabo da Cruz aos portugueses).

É xoves pola tarde. Deixeina libre para escribir algo neste encerado. Podía ser sobre calquera das cousas que abundantemente rouban a nosa atención nestes días. En cuestións de economía eu fíome bastante das informacións que aparecen nesta páxina:ATTAC España | Justicia Económica Global

Paréceme que como altermundista ,penso que outro mundo é posible,aquí dan razóns para alimentar esa ilusión. Tócalle aos mais novos,como lle digo ao meu fillo e aos meus alumnos, recoller as testemuñas para que os fachos sigan acesos. Nós na medida en que puidemos e quixemos xa cumprimos a meirande parte da tarefa.

Arremedando a “Frai Gerundio de Campazas” que facía as prédicas sobre o que lle daba a gana como por exemplo: “Hoxe é dia de San Xosé .Era carpinteiro. Os carpinteiros fan confesionarios,logo imos falar da confesión

Como hoxe é o día internacional contra a violencia de xénero escribirei algo sobre iso.
Hoxe conmemórase ou rememórase ese día (todo o contrario dunha celebración). Unha praga moi estendida ate hai pouco tempo. Foise tomando conciencia fundamentalmente a través dos medios de comunicación social. As campañas axudaron moito a saír do armario as maltratadas. Hoxe a lexislación é moi protectora da muller e o Estado hai que recoñecer que se envorcou de cheo poñendo medios: unidades de policía, xulgados especializados,casas de acollida,ordes de afastamento e distanciamento, pulseiras conectadas ás alarmas dos corpos de seguridade..etc...

Nos 25 anos que leva vixente a Lei de Divorcio,coñecida como a Sanfermina,por entrar en vigor o 7 de Xulio de 1985,moito evolucionou a sociedade. Eu penso que para ben. Hoxe pódese pedir o divorcio directamente transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio. Non hai que alegar ningunha causa. Antes para separarse había que invocar algunha destas causas: abandono inxustificado do domicilio conxugal, infidelidade,violación grave e reiterada dos deberes conxugais,incumprimento dos deberes respecto aos fillos,condena de pena de privación de liberdade superior a 6 anos,alcoholismo,toxicomanía ou perturbacións mentais e cese efectivo da convivencia libremente consentida como mínimo durante 6 meses

Se non acreditabas e probabas ante o Xuiz que se daba algunha destas causas ou varias non se concedía a separación. Para conceder o divorcio tiñan que ter pasado dous anos desde a interposición da demanda de separación ou levar 5 anos ininterrompidos de ausencia de convivencia..

No 2004 a finais do ano entrou en vigor a Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. Levabaa o Partido Socialista no seu programa e logo se viu que era precisamente durante a tramitación das separacións e divorcios onde a muller mais exposta estaba ao maltrato. O lexislador tivo o acerto,neste caso con bastante celeridade, de modificar a lei de divorcio, o 8 de Xullo do 2005 suprimindo a causalidade e poder solicitar directamente o divorcio. Esixir o mesmos requisitos para casar que para descasar. O mero consentimento libremente prestado.
Foi tan grande a sensibilización social nestes últimos 15 anos que eu, acórdome perfectamente, como no ano 1995, falar do maltrato psicolóxico ou acoso era un concepto que non se entendía. Para metelo no Regulamento de Réxime Interno do Instituto,adaptando o que había á nova lexislación, custou Deus e axuda. Menos mal que pese a que hai xente que lle gustaría que retrocedésemos a sociedade, coas súas luces e sombras,camiña cara a diante.

Hoxe a ministra de sanidade anunciaba unha reforma no Código Civil inmediata para que o conxugue que maltrata perda o dereito a patria potestade e custodia dos fillos menores así como que non poida beneficiarse,por vía de herdanza,dos bens de quen padece o maltrato. Deica hoxe pode herdar o que maltrata os bens da maltratada.

Que sirva esta entrada, para os que a lean, como recordatorio desta lacra social que debe desaparecer canto antes coa axuda de todos/as. Os que estades casados tratade ben as vosas compañeiras e as persoas coas que vos relacionades. Un rogo semellante xa llo facía a nosa Rosalía de Castro aos:
“castellanos de Castilla,
tratade ben aos galegos,
cando van ,van como rosas;
cando vena,vén como negros.”
Noutra orde de cousas e dando por rematado o dito sobre a violencia de xénero teño que dicir que me agradou o que nos deixou Amboage escrito tamén neste taboleiro. Ínstanos, coas reflexións que fai ,a vivir mais pendentes dos demais,na medida en que poidamos,claro está. Esa nai que botou case dous anos pedindo xusticia na vía publica para o seu fillo, creando unhas redes de axuda social arredor dela,merece un monumento á constancia .Gracias Andrés. O mundo da xudicatura merece aínda,como dicía Castelao, rezar un “Padrenuestriño pola Xustiza.”

Tamén nestes días, e con isto poño o punto final, as páxinas de información relixiosa como



domingo, 21 de noviembre de 2010

Justicia reptante

Esta vez  ,bajo el paraguas del título , mi intervención va de justicia y sociedad .
Aunque  mis reflexiones de hoy tienen que ver con un hecho alejado de esa geografía ,supongo que llegó a vuestro conocimiento el trato que dió la justicia a Antonio Meño (que ahora el Tribunal Constitucional  retome el asunto no sé si lo arregla o emperora desde un punto de vista teórico)  .
Pasamos a diario-inevitablemente indiferentes-ante personas cuyos dramas desconocemos .¿Quién puede suponer que esa señora que acaba de rebasarnos-viuda ella de un alcohólico muerto a los  60 años ,con  el que tuvo que bregar toda su vida ,además de sacar adelante a sus cuatro hijos -tenga que sobrevivir con poco más de 200 euros? . No se le vio rebuscar entre los restos de  la basura ni mendigar a la puerta de una iglesia ...¿Cómo vamos a imaginar que aquel hombre que observamos a menudo en el parque vestido con cierta dignidad y que habla con verbo cuidado es un ingeniero industrial que-echado de su trabajo y abandonado por su mujer-cansado de buscar alternativas y afectivamente hundido , ,tiró la toalla un día y arrastra ahora su derrota por los bancos de los parques y los colectores sociales de los albergues públicos? . ¿Qué tipo sociedad es esta en la que millones de dramas pueden pasar desapercibidos o ,cuando los suponemos, nos dejan bloqueados en tanto que miembros de tal organización? .No encuentro , en este momento , otra explicación : somos ,como grupo , unos  "domesticados" ,corderos asustados .Me aclaro : necesitamos "un orden" para que la respublica funcione , para sentirnos seguros , para tratar de ser felices ...Y ante el apremio de tales necesidades , la habilidad de los "domesticadores" y la parálisis subsiguiente de las conciencias ,  "olvidamos" preguntarnos si estamos en el mejor de los mundos posibles ,si el tren al que nos hemos subido nos conduce al parque frondoso de la integración o nos mantiene en la línea desértica de la indiferencia.
 "Sin tiempo" para la reflexión o quizás huyendo del vértigo que pueda suponer replantearnos una forma de vida que nos ha dado cierto acomodo ( "que nos hemos ganado" ) , preferimos dejarnos llevar de las mareas de la vida "tal como está" a inquietarnos con las derivas a que pudiera conducirnos un honesto cuestionamiento .Eso es lo que hace posible la insensibilidad con la que la justicia trató a Antonio Meño ; que la propotencia ,la prevaricación ,el amiguismo ,todo tipo de corrupciones ...campen a sus anchas sin que -como ciudadanos-reaccionemos .
Si queréis asomaros al miserable funcionamiento de la justicia os animo a que pidáis el libro : "Jueces a juicio" ,de Luís Bertelli-abogado del mencionado "paciente" . Podréis tenerlo en casa por 15 euros (justicia.pueblo@gmail.com)
Saludos .Andrés L. Amboage

jueves, 18 de noviembre de 2010

OS MEUS CONTOS

Bueno, xa poño en dúbeda o que dixo F. Ledo, que temos moitos lectores...Rafael, dendo logo si que sabe ler e escribir. Para ti, Rafael, vai este conto ?

A ECONOMÍA
…Imos a ver,… ¿ como están as contas ?…ufff, comarea, hai cartos a jodela…Pois, entón, imos a doar cen mil euros pas p…, e outros cen mil pos m…¿ chejan…? Bueno, o noso vesiño Perico, díxome que fai uns días levou unha cotelada criminal, ó baixar pola súa rúa, e pídenos que se amañe…DENEJADO, dentro de uns meses, teñen lujar as eleccións e imos a encher as rúas de todo ó país con papeletas. Deste xesto, poderá andar sen problemas, como se fora nunha alfombra de flores… Dille que, se quer, pode solisitar un dedo novo, que llo subvensionamos pa que lle poñan unha uña de ouro, cun oso de prata….A propósito ( pido a palabra)…ESIXO, como portavos da oposisión, que as papeletas se impriman en ijual cantidade: vinte carros mal medidos para vos e, outros vinte, ben repletos para nos. Penso que é o mais xusto, e, deben abondar…APROBADO, pero, as vosas van ir sen letras nin mensaxes…PROTESTO…DENEJADA a súa protesta, por maioría sufisiente…
Pasaron uns poucos anos, e…: Que, ¿ como van as contas ?…jodidas, non hai un peso.- …Me cajo na leche, si xa o disía eu, ¿ que fajo agora cun pé de prata e unha uña de ouro, se non teño pa comer…? …Ti es afortunado, porque podes vender o pe, que hanche de pajar ben…pero, o que non levou unha cotelada, como ti, está jodido…
A ruejos e prejuntas, salta do banco un entendido en Economía, e presenta unha serie de PUNTOS á ter en conta para tempos imposibles:
PUNTO DE CRUS: Penso que tanto pensionistas como asalariados, deben de cobrar, mínimo, seis pajas extraordinarias ó ano e os soldos deberían ser ó doble do que temos nestes intres.
PUNTO DE VISTA: As empresas, tanto públicas como privadas, han de ter economistas que saiban ler e escribir.
PUNTOS SUSPENSIVOS: Se os que traballan, teñen cartos de abondo, estes mercarán mais. As empresas venderán os seus produtos e haberá mais empleo. Por contra, se nos abrasan á impostos e encarécense mais as mercadurías, entón, nin asalariados nin pensionistas, cobrarán abondo pa subsistir. Haberá despidos, cerrábanse empresas y os ricos non terán a quen vender. Cambiarán de pola é, os de sempre, morreremos de fame.
…Todo iso está ben, pero, ¿ de onde sacamos nos pa pajar seis extraordinarias, se non hai un peso ?
…Pois, en lujar de regalar cartos a p… e a m…, amañádelle a rúa a Perico que, dese xeito, pode pasar co seu carro ben cheo de papeletas de ouro, sen levar outra cotelada…e as empresas que fajan o mesmo.
Antonio Puertas