En primeiro lugar
agradecerlle a Puertas que me adicase o conto. “Muito obrigado”
como din os nosos patricios portugueses. (Ese era o título que lle
daban, cando se atopaban en Terranova, os mariñeiros do Cabo da Cruz
aos portugueses).
É xoves pola tarde.
Deixeina libre para escribir algo neste encerado. Podía ser sobre
calquera das cousas que abundantemente rouban a nosa atención nestes
días. En cuestións de economía eu fíome bastante das informacións
que aparecen nesta páxina:ATTAC
España | Justicia Económica Global
Paréceme que como
altermundista ,penso que outro mundo é posible,aquí dan razóns
para alimentar esa ilusión. Tócalle aos mais novos,como lle digo ao
meu fillo e aos meus alumnos, recoller as testemuñas para que os
fachos sigan acesos. Nós na medida en que puidemos e quixemos xa
cumprimos a meirande parte da tarefa.
Arremedando a “Frai
Gerundio de Campazas” que facía as prédicas sobre o que lle daba
a gana como por exemplo: “Hoxe é dia de San Xosé .Era
carpinteiro. Os carpinteiros fan confesionarios,logo imos falar da
confesión
Como hoxe é o día
internacional contra a violencia de xénero escribirei
algo sobre iso.
Hoxe conmemórase ou
rememórase ese día (todo o contrario dunha celebración). Unha
praga moi estendida ate hai pouco tempo. Foise tomando conciencia
fundamentalmente a través dos medios de comunicación social. As
campañas axudaron moito a saír do armario as maltratadas. Hoxe a
lexislación é moi protectora da muller e o Estado hai que recoñecer
que se envorcou de cheo poñendo medios: unidades de policía,
xulgados especializados,casas de acollida,ordes de afastamento e
distanciamento, pulseiras conectadas ás alarmas dos corpos de
seguridade..etc...
Nos 25 anos que leva
vixente a Lei de Divorcio,coñecida como a Sanfermina,por entrar en
vigor o 7 de Xulio de 1985,moito evolucionou a sociedade. Eu penso
que para ben. Hoxe pódese pedir o divorcio directamente
transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio. Non hai
que alegar ningunha causa. Antes para separarse había que invocar
algunha destas causas: abandono inxustificado do domicilio conxugal,
infidelidade,violación grave e reiterada dos deberes
conxugais,incumprimento dos deberes respecto aos fillos,condena de
pena de privación de liberdade superior a 6
anos,alcoholismo,toxicomanía ou perturbacións mentais e cese
efectivo da convivencia libremente consentida como mínimo durante 6
meses
Se non acreditabas e
probabas ante o Xuiz que se daba algunha destas causas ou varias non
se concedía a separación. Para conceder o divorcio tiñan que ter
pasado dous anos desde a interposición da demanda de separación ou
levar 5 anos ininterrompidos de ausencia de convivencia..
No 2004 a finais do ano
entrou en vigor a Lei de Medidas de Protección Integral contra a
Violencia de Xénero. Levabaa o Partido Socialista no seu programa e
logo se viu que era precisamente durante a tramitación das
separacións e divorcios onde a muller mais exposta estaba ao
maltrato. O lexislador tivo o acerto,neste caso con bastante
celeridade, de modificar a lei de divorcio, o 8 de Xullo do 2005
suprimindo a causalidade e poder solicitar directamente o divorcio.
Esixir o mesmos requisitos para casar que para descasar. O mero
consentimento libremente prestado.
Foi tan grande a
sensibilización social nestes últimos 15 anos que eu, acórdome
perfectamente, como no ano 1995, falar do maltrato psicolóxico ou
acoso era un concepto que non se entendía. Para metelo no
Regulamento de Réxime Interno do Instituto,adaptando o que había á
nova lexislación, custou Deus e axuda. Menos mal que pese a que hai
xente que lle gustaría que retrocedésemos a sociedade, coas súas
luces e sombras,camiña cara a diante.
Hoxe a ministra de
sanidade anunciaba unha reforma no Código Civil inmediata para que o
conxugue que maltrata perda o dereito a patria potestade e custodia
dos fillos menores así como que non poida beneficiarse,por vía de
herdanza,dos bens de quen padece o maltrato. Deica hoxe pode herdar o
que maltrata os bens da maltratada.
Que sirva esta entrada,
para os que a lean, como recordatorio desta lacra social que debe
desaparecer canto antes coa axuda de todos/as. Os que estades casados
tratade ben as vosas compañeiras e as persoas coas que vos
relacionades. Un rogo semellante xa llo facía a nosa Rosalía de
Castro aos:
“castellanos de
Castilla,
tratade ben aos galegos,
cando van ,van como
rosas;
cando vena,vén como
negros.”
Noutra orde de cousas e
dando por rematado o dito sobre a violencia de xénero teño que
dicir que me agradou o que nos deixou Amboage escrito tamén neste
taboleiro. Ínstanos, coas reflexións que fai ,a vivir mais
pendentes dos demais,na medida en que poidamos,claro está. Esa nai
que botou case dous anos pedindo xusticia na vía publica para o seu
fillo, creando unhas redes de axuda social arredor dela,merece un
monumento á constancia .Gracias Andrés. O mundo da xudicatura
merece aínda,como dicía Castelao, rezar un “Padrenuestriño pola
Xustiza.”
Tamén nestes días, e
con isto poño o punto final, as páxinas de información relixiosa
como
redes
cristianas - Busca Google,
ATRIO
, Religión
Digital
e algunha outra ás que eu me asomo,de vez en cando, están que botan
lume pola cantidade de noticias que se xeneran.Xa vedes que se se
quere comentar nos falta materia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario