Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 3 de diciembre de 2010

...SI VALES...

SI VALES…
Si vales, bene est, ego valeo
E que, as cousas, non están aló moi ben que digamos, pero, desexamos que vaian mellorando.
Mellorando, dende que o mundo é mundo, sempre se desexou. Mais, o home, non soubo ou non quixo, moitas veces, atopar a maneira de facelo, como era de desexar. Sempre metido en líortas e pelexas. Sempre afundido no fungo das súas propias miserias. E, sempre, erguéndose das súas cinzas pa comezar de novo e vagar polos camiños incertos da vida. Nunca aprendera dos seus erros, e nunca ha d´aprender.
É triste, moi triste dicilo, mais, esta é a realidade pura e dura que podemos observar, si votamos unha ollada á historia, ou miramos ó noso arredor. Aí ha estar sempre esa espada de Damocles colgada sobre á testa da Humanidade, pa caer, sen clemencia, por aquí ou por ala, ó antollo dunha man invisible, que non logramos entender, e que é quen rexe os nosos designios.
Deixando atrás as calamidades atesgadas no tempo, e centrándonos unicamente nos acontecementos recentes que todos lembramos, ¿ quen pode comer e beber, sen pensar que un día incerto, seremos, acaso, nos os protagonistas d´algunha calamidade ? ¿ Quen pode dicir: isto non vai comigo ? Ninguén pode fuxir do destino que a vida lle ten marcado nos camiños do seu andar.
Accidentes nas estradas, enfermidades incurables, rupturas matrimoniais, meniños abandonados a súa sorte, vítimas das mafias sen alma, desbordamentos de rios ou secas interminables, drogas e familias desfeitas…choros e fame… Apocalypse Now dos nosos días…
Por iso, ala polo século I, a causa das envexas e os odios do tribuno Clodio, Marcus Tulius Cicero, tivo que saír ó desterro, despois de ter abortado, sendo Cónsul Romano, a conxuración do guerrilleiro e salteador de camiños Catilina, e de ter escritas as famosas catilinarias, pronunciando aquela frase tan sonada: .…Fugi, Catilina, porta aperta sum… ( …fuxe Catilina, as portas están abertas…),
Antonio Puertas

 
 
( …si estás ben, alégrome, eu estou ben…) Así, dese xeito, encabezaba sempre as súas misivas aquel grandioso literato e cónsul da Roma clásica, que fora, Cicerone, á súa amada esposa Terencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario