Turismo de aventura
Val do silencio
─ Toc, toc, toc! Pun, pun, pun! Quen anda por aí?
Non se perciben movementos, nin ruídos, nin luces no interior.
Dei unha volta arredor da casa observando todos os detalles que me puidesen dar alguna pista. O camiño para chegar alí estaba tomado pola maleza, ás veces había que agacharse ou saltar silvas invasoras.
Na cancela da horta, un cartel: “Alúgase ou véndese. Oportunidade única por cambio de barrio” (deslocalización da empresa). A casa estaba despintada, descunchada; a madeira das portas e das ventás, inchada pola humidade artrítica. Aínda así, non era unha ruína: o tellado aguantaba no seu sitio.
Os xeranios das macetas do soportal estaban sedentos, case secos, as froiteiras da horta, núas; as herbas, altas e chamuscadas pola xeada e a sequía do inverno. As lepiotas e cantarelos acentuaban a nugalla dos donos (non das donas).
─ Pun, pun, pun! Hai alguén por aí? Silencio, silencio espeso naquel lugar da Galicia baleira, nos lindes da fraga de Cecebre, onde falaban as árbores do bosque animado; agora xa non falan , mándanse watsApps con guasa porque seguen sendo divertidas, sobre todo en primavera, coma nos tempos de don Wences. A selva porfiaba por se apoderar daquel espazo dócil, nin os paxaros nin o vento ousaban profanar aquela paz… de cemiterio.
Na porta, un can canoso e durmiñento apenas tiña forzas para ladrar, a pesar do bo aspecto. Tentei chamalo con nomes propios de can, case non abría os ollos.
─ É o quinto nome que nada che di, díxenlle amolado. E o can abriu os ollos, levantou a punta das orellas e moveu o rabo conectando comigo.
─ Así que te chamas Quinto, seguín falando co can de palleiro. E estráñame, porque non fuches á mili, nin bebes cervexa esaxeradamente boa por se ladras de máis. Estiveches en Belvís? O can non me contestou, pero levantouse e veu confiado cara a min. Deille metade do bocata que levaba, zampouno en tres bocados e agradeceumo co rabo e coa lingua muda.
Como Quinto non me contestaba, lembrei a conversa que mantivera días antes cun amigo:
─ Hai tempo que non visitas a casa onde compartíamos ideas de cando en vez?
─ Si, xa hai moito que non paso por alí. Gostaríame lembrar aqueles tempos.
─ Podémolo intentar, por se achamos detalles que axuden a recuperar ideas ou sentimentos – contestoume o amigo.
─ Ou para volvernos xuntar arredor dunha cacheira light, bebendo con xeito cregos e monaguillos.
Recordando esa conversa, comprobei que a ventá do baño non estaba ben cerrada, ofrecía unha rendixa. Corrín o marco e xa podía entrar cun pequeno salto.
─ Que fago? Entrar sen orde xudicial é un delicto. Marchar agora é de covardes!
Saltei, recupereime dun xeonllo dolorido e comecei a curiosear. As arañeiras envolvíanme a fronte como turbantes, as cagalletas coloradas de ratos electrónicos salpicaban o chan. O po era o señor da casa. Con todo, había indicios da nosa estadía breve alí: fotos de comidas colectivas, borradores de escritos e de notas necrolóxicas, cartas datadas en agosto, lembranzas agradables naquel ambiente xélido.
Levantei o teléfono e oín:
─ O contestador avanzado de R informa de que ten unha mensaxe. Pulsei o 1 e escoitei esta enigmática aclaración:
─ BLOG agora significa Bo Lugar Orxías Gastronómicas.
Tamén observei que a casa tiña instalado un sistema automático de peche e de apertura que se activaba a golpe de clic, unha especie de casa ex intelixente sen servizo de mantemento.
Mentres espero, escoito o silencio e leo un libro que me deixaron os últimos Reis:
La España vacía. Viaje por un país que nunca fue.
Sergio del Molino. Editorial Turner. Colección Noema. 2016.
Das últimas lecturas non atopo nada máis acaído para aquí e agora.
Segundo o autor, “este ensaio trata do silencio. A miña literatura quere escoitar o selencio”.
Na contraportada: “un ensaio orixinalísimo e emocionante, escrito por unha voz moza, con mirada política e sensibilidade literaria. Un libro imprescindible que o fará pensar na súa familia, nas súas raíces e na súa forma de vivir.
Hai dúas Españas, unha urbana e europea e unha España interior e despoboada. A comunicación entre elas foi e é difícil. A miúdo parecen dous países estranxeiros o un do outro. Pero a España urbana non se entende sen a baleira”.
Sergio del Río: “Gústame que as metáforas se convirtan en sitios e se poidan visitar”. As alegorías pódense trocar realidade; é cuestión de fe na mente.
A nosa casa está deshabitada. Galicia vai sumando unha aldea dehabitada por semana; xa ten máis de 3.575 aldeas baleiras, onde só falan as pedras cubertas de brións, liques e esquecemento.
Saúdos habitados polos mellores desexos para este ano que xa non estamos estreando.
Unha pantasma, que haberlas hailas.
A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago
domingo, 12 de febrero de 2017
sábado, 8 de octubre de 2016
XANTAR DE IRMANDADE 2016
O compañeiro Pereira
Castiñeiras tivo a amabilidade de cederme as fotos que recolleu da
xuntanza para que as deixásemos no Blog para xeral coñecemento e
admiración. Pois aí quedan. Como,segundo contan as crónicas, unha
imaxe vale mais ca mil palabras, e as imaxes son abundantes sobran as
palabras.
Estas imaxes cedeumas,gratis datis, o compañeiro dominus Josephus Pereira Castiñeiras.Mandoume polo móvil unha morea delas.O que é pasa que os que somos nestas TIC aprendices serodios e autoformados nextes inventoss calquera problema nos desbarata todo.E cando intento poñer elgunha mais as outras ciumentas márchanme.Pedinlle aos compañeiros Jose Luis Suarez Cotelo e mais a Enrique Vazquez Pose que me envien as que teñen eles e cando mas enviien intentarei con mnais éxito colalas aqui.Saúdos a todos os ve.llos compañeiros,Uns de moitos anos e outras de menos pero os sentimentos de irmandade son comús con independencia desas circunstancias.Como di Ramón Senín paz e ben para todos.
lunes, 22 de agosto de 2016
Xuntanza anual 2016
Acabo de recibir un correo anunciando a convocatoria e programa da xuntancia ordinaria do mes de Setembro.Aí que da para xeral coñecemento de internautas.Vinde todos os que poidadaes e un cordial saúdo para todos sin excepción.Rafael.
Quinta do '57
CONVIVENCIA ANUAL
|
15 de setembro Día de Nosa Señora das Dores:
na Coruña, no seu centro histórico ou “Cidade
Vella”
Homenaxe especial ao compañeiro Andres, con ampla xurisdición canónica en praza, “bispo de
Coruña in pectore nobis”
Amigos
da Quinta do ’57: será raro dar con alguén, entre nós, que non teña
cantado nalgunha ocasión aquilo de:
Vivir na Coruña, qué bonito
é!
¡Andar de varanda e durmir de pé!......
Imposible
xa, se lestes ata aquí, que non esteades
cantaruxando esta cantiga. A convocatoria deste ano é a ocasión de cantala a
pleno pulmón no corazón mesmo da Coruña, na súa “cidade vella”.
PROGRAMA
11,30:
Presentación e saúdos, no adro da
igrexa parroquial de Santiago, moi
próxima á Praza de María Pita.
12,00:
Explicación sobre esta igrexa, a
máis antiga da Coruña, a cargo do seu
actual párroco, “un tal” Andrés
García Vilariño.
12,30:
Visita á Colexiata de Santa María do
Campo, a cinco minutos da anterior.
13,00: Celebración da Eucaristía na mesma
Colexiata, igrexa co-parroquial coa de
Santiago.
14,00: Camiñada sosegada pola cidade vella, achegándonos ao convento e
colexio
de santo Domingos, onde na capela do Rosario se venera a imaxe desta
advocación mariana, declarada patroa
da Coruña desde o asedio á que se
viron sometidos os coruñeses pola
poderosa armada inglesa dirixida por
Francis Drake no ano 1589
14,45:
Xantar, (25€) será no restaurante da Sociedade
Deportiva Hípica
magníficos panoramas sobre a enseada
pola que entran os barcos no porto
da Coruña.“Cos
ollos tamén se come”, din os cociñeiros. E tamén: “A comida entra
polos ollos”.
Despois
do xantar faremos outra curta camiñada para espabilar as pernas e visitar: Museu histórico-militar, capela Venerable Orde Terceira franciscana
Axuntamento, Museo Pardo Bazán, casa Maria Pita…e o que se tercie. ……todo no entorno
Ata vernos e cantar iso de “Vivir na
Coruña…”
Coma sempre, para
confirmar a asistencia, avisos ou consultas, contamos coa
Secretaría ad casum, integrada por:
Agustín Dios Vigo – Tfs. 679239351
Enrique Vázquez Posse – Tfs.
636050952
Ramón Senín Bello – Tfs. 986844674
ACCESOS en coche: PARA ACCEDER EN COCHE ÁS
INMEDIACIÓNS DA IGREXA DE SANTIAGO, CÓMPRE QUE NA PRAZA DE OURENSE COLLADES
POLA DEREITA
(antiga Avenida do Alférez Provisional, hoxe “Avenida do Porto”) e, entrando no
novo túnel, que sae o entorno do Castelo de San Antón; circulando polo vial da
dereita con acceso interior o aparcadoiro Marina-Parrote; circulando po la
esquerda, con acceso interior o aparcadoiro Maaria Pîta e saida a praza de España-cuartel de Infanteria y
detrás do cuartel en fronte a Hipicaa outro aparcadoiro.
Aparcadoiros públicos: De casualidade,
entorno Castelo de S. Antón, da Torre de Control no dique de abrigo, tras a
Cruz Roja y as murallas da cidade, en fronte a Hipica e o Rectorado, paseo
marítimo (marxen esuerda) entre Hìpica y
traseira do cementerio de San Amaro. Todo cerca de igresa de Santiago
lunes, 15 de febrero de 2016
CRÓNICA VISUAL (Do xantar de inverno)
Queridos amigos: Aí
queda en imaxes que cederon os compañeiros Enrique Vázquez Pose e
mais Antonio Puertas. Ilustran a xa tradicional,de curta
tradición,comida do entroido que vimos celebrando desde hai un
lustro mais ou menos.
Xuntámonos os que
puideron, fundamentalmente da Coruña,cunha digna representación de
Santiago:Luciano pena,Tacón Míguez e Fernando Ledo e de Pontevedra:
Ramón Senín e Bermúdez Outes.
Foi unha comida de
irmandade onde non faltaron a sopa de cocido e unha laconada con
produtos ourensáns sabedores e abundantes.
Os que participastes ao
mirar os retratos,sobre todo os feitos polo camarón,dos que non os
leva a corrente,de Puertas axudaranvos a rememorar tan sinalada
efeméride. Pois aí quedan para xeral admiración ou san envexa.
Na terraza,nun día soleaado,mentres ían chegando os mais atrasados.
Dando conta do xantar en animada conversación
Na L da mesa.Non precisan presentación.
Tamén recoñecibles os que se lles ve a cara.
O compañeiro Alvite parece que xa restablecido e sen gardar réxime de comidas.
Fernando Ledo manifestando que el non quere marchar sen antes pagar.
En animada conversación Pereira e mais Senín.
A proba do 9 de que pagamos o que comemos.Agustín Dios como bo bancario co diñeiro ordeado.
Xa na despedida comentando que estivera moi ben.
Aí queda iso para xeral admiración.Verémonos pronto.Saúdos para todos.Co afecto de sempre.Rafael.
miércoles, 27 de enero de 2016
XANTAR DE ENTROIDO
Seguindo instrucións de
Dios Vigo, ao mesmo tempo as recibiu de Ramón Senín, vou deixar
aquí a noticia da comida de irmandade que viñamos celebrando estes
últimos anos na semana anterior ao Domingo do entroido.
Será o venres,día 5 de
febreiro, no lugar de sempre. Para chegar,de non ter vido en anos
anteriores, podedes informarvos aquí:
Chegaremos sobre a 1 da
tarde,se o tempo o permite daremos un paseo previo ao xantar, e
arredor das dúas e media daremos conta do tradicional cocido cos
seus correspondentes sobremesas. De téreno dispoñible saborearemos
o xa testado viño,de xeral éxito e acollida, chamado “Crego e
monaguillo”.
Estades convidados todos
os que accedades a este Blog .Debedes de comunicárnolo a Agustín
Dios ou a través deste medio,a poder ser antes do Mércores
anterior, día 3 de Febreiro,para facer o encargo no Mesón.
Esperámosvos con moito
agrado a todos os que poidades e queirades vir. Recibide un afectuoso
saúdo deste escribidor. Rafael.
domingo, 20 de diciembre de 2015
lunes, 30 de noviembre de 2015
lunes, 9 de noviembre de 2015
OPINION PUBLICADA
Vou acender unha lámpada de baixo consumo, ou prender unha candea, para entrar neste cuarto do blog e non tropezar e magoarme con algún obxecto non identifivado.O pobre de Antonio Puertas non sei como fixo para colar as súas poesías.Faríao a plena luz do día para non tremer de medo.Non me fagades caso ao final o único certo e aquel dito ou máxima que dicía: Vánitas vanitatum et omnis vánitas.Pois de leria xa "sufficit yam".Aí queda unha coudsa que escribín hai und días e pedíronme que a deixase aí e dito e feito.Aí queda:
CONDUCTA HEROICA
CONDUCTA HEROICA
Informounos este xornal recentemente que os fillos
da finada Rosalía Mera e de Amancio Ortega , Sandra e Marcos,
ingresaron na Facenda Pública Galega mais de 100 millóns de euros
polo imposto de sucesións e doazóns. Rosalía Mera,cando se faga a
súa haxiografía,será tida como unha Rosalía de Castro no
literario,unha María Pita na defensa dunha cidade ou unha Xoana de
Vega na protección da beneficencia na Coruña. Rosalía Mera foino
na defensa e promoción de persoas de capacidades diversas sen
preguntar de quen viñan sendo. A fundación Paideia é todo un
exemplo na cidade da Coruña.
O titular da noticia era:”La Xunta hizo su
agosto con la herencia de Rosalía Mera” Representa
mais do 40% do total recadado o ano pasado por ese tributo. Dunha nai
así era de esperar unha conduta exemplar dos seus fillos
A noticia refería,aí está a heroicidade,que distintos asesores
fiscais recomendáranlles mudar de domicilio para a comunidade de
Madrid para non teren que pagar ese imposto. Nos tempos que corren
,onde personaxes nun tempo respectables e con responsabilidades
públicas saquean o diñeiro de todos,lévano a paraísos fiscais
para non contribuír no seu pais,ninguén negará que estes dous
cidadáns merecen ser candidatos a medalla de honra de Galicia ou as
de Castelao ou a algunha que se cree a propósito para conmemorar
condutas heroicas. Axudaría ademais,xa que os exemplos arrastran e
as palabras lévaas o vento,a ser un referente ético onde a lei que
impera é a de que o diñeiro,canto mais mellor, é a medida de todo
.
Cos mellores desexos.Rafael
viernes, 6 de noviembre de 2015
LLEVARÁS
Llevarás
contigo la infancia de mi vida
cuando se
apaguen las luces de mis recuerdos.
Llevarás
mis ilusiones sin más salida,
que el sino
de vida que dictaron los cielos.
Llevarás mi
silencio hasta tu cementerio,
sin lágrimas
en los ojos de un cuerpo inerte.
Llevarás el
enigma hasta ver el misterio,
…mas,
no podrás con mi alma, aunque en polvo despierte.
Antonio
Puertas
domingo, 25 de octubre de 2015
O Vilán de Fora
...Tamén, por deixar algo e non morrer no intento:
O VILÁN DE FORA
Roxen os ventos no
Vilán de Fora,
e o mar debulla na
cerna da rocha;
a barquiña cruza a
carón da focha
seguindo a canle
da espuma que aflora
…e afoga de
proa,.. erguéndose agora.
En lampo cumial
planea a gaivota
danzando co mar da
terra que acocha,
o niño espido no
Vilán de Fora.
Maxestoso, érguese
o noso Villano,
retando a un pulso
co seu braceo
ao vento e ó mar,
a través do engano,
e, oufano, ós
dobrega de forzas cheo,
cos raios que
cisca pa perder no ceo.
Antonio Puertas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














