A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago
sábado, 9 de julio de 2011
Seis novos curas, non seis curas novos (Andrés GV)
O pasado domingo día 3 o arcebispo ordenou na catedral seis novos presbíteros e dous diáconos. Na foto do grupo - que se amplía picando sobre ela-, ademais dos ordenados, están os actuais formadores do Seminario. Os que locen dalmática sons os diáconos; os que, ao lado dos diáconos, ocupan os postos externos do conxunto son os formadores do Seminario. Os outros seis, repartidos en grupos de tres e máis próximos ao arcebispo, son os novos cregos. Entre os novos presbíteros hai dous de verdadeira vocación tardía pois xa superan a sesentena. Por iso o encabezamento: anque son novos curas, pois son recén ordenados, non son curas novos, porque xa son idosos, como din os portugueses, isto é, de idade. A min o que máis me chama atención nos novos curas -anque non en todos- son cousiñas que os distinguen notablemente dos curas da nosa xeración e aínda maiores ca nós. En primeiro lugar, a vontade de identificarse externamente no vestir; en segundo lugar, a preocupación pola liturxia, non tanto como expresión festiva e comunitaria da fe dos participantes, senón pola composición plástica e escénica, a selección de vestimentas e elementos decorativos suntuosos e suntuarios, a recuperación do latín e do grego (os "kyries") no canto e no recitado dalgunhas partes da Misa, xustamente cando é notoria a súa falta de formación latina. Sería moi inxusto se lles aplicase a estes seis a totalidade dos xuízos que acabo de expoñer. Grazas a Deus todos somos diferentes e cada un ten as súas "cadaunadas". O relevante desta ordenación é -como sinalou o arcebispo- o signo de esperanza que os seis son para a Igrexa diocesana.
martes, 21 de junio de 2011
Popurrí ou ola poderida 1 (R.G.R.)
Debo de aclarar que o
DRAE ( Dicionario da Real Academia Española) di que a orixe desta
palabra, popurrí ,ven do francés “pot pourrí” que,hai xa
séculos tomou do español “olla podrida. ”Perdeu o “e”por
economía. Na orixe era poderida. Propia de poderosos. Din que
Calderón de la Barca (S.XVI) a describía como a princesa dos
cocidos. Pola variedade de viandas e carnes nobres que a compuñan.
Para nós sería un cocido de día de festa. Non podía faltar a
carne de vaca e a galiña,ademais da de porco de distintos lugares do
mesmo. Emprégase esta verba, en xeral, seguindo o dicionario,”para
describir cualquier mezcla confusa de cosas diversas y en música
para cantar diversas canciones continuas sin que desentonen”.
Como nos ensinou D.
Manuel Calvo Tojo, nas clases de elocuencia,a introdución ou exordio
ten que ser sempre breve. Por tanto xa está ben. Pasemos a mestura
confusa de cousas diversas:
1ª.- Transformacións
sociais: Mañá, 22 de Xuño,
fará trinta anos que o Congreso dos Deputados aprobou a Lei do
Divorcio. Dereito establecido en España na República e que Franco
aboliu xa no 1938.Dende esa mais de 1.200.000 matrimonios
disolvéronse. Desde o 2009 as unións civís superan ás canónicas.
De cada cinco casamentos un é con conxugue estranxeiro. O control
social está en decadencia. Cada un vive como quere .Desde o 2004
cada ano hai menos vodas. Os homes casan por primeira vez,de media,
aos 33 anos. As mulleres aos 30,08.Van en aumento os matrimonios de
convivencia, soamente de fin de semana e vacacións, pola
incorporación masiva da muller ao traballo e a mobilidade laboral.
Cada ano casan 3.000 con conxugue do mesmo sexo. As parellas de feito
seguen gañando terreo. Destas hai menos estatísticas. No 2001 eran
o 9%.Hoxe son o 19,3.No 1980 o 4,4% dos meniños/as nacían fora do
matrimonio. Hoxe un de cada tres (o 34% dos nacidos en 2009 son de
mai non casada segundo o INE (Instituto Nacional de Estatística) Hai
558.000 fogares monoparentais medrando aceleradamente. No 2002 eran
303.200.
Chamáronme
a atención eses datos e aí quedan. Nada teñen que ver coa
socioloxía de hai 30 ou 40 anos. Nos tempos que nos tocou vivir
déronse unhas transformacións sociais superiores ás que se daban
antes en cincocentos anos,en toda unha era. Afortunados nós para
velos e observalos. Neste caso a conclusión patea (patet) pero non
se sabe moi ben se é para ben ou para mal. O que non se pode é
vogar aproado ao vento. Naufraxio seguro.
2ª.-
O Domingo aparecía na prensa unha reportaxe sobre Frei José
Rodríguez Carballo,o que mais manda nos farrucos. A fotografía é
das que fai Xurxo Lobato na sección “Galegos na escaleira”,nas
páxinas do Pais edición galega. Conta que no 63 incorporouse ao
convento de San Antoniño de Herbón (Se vas ó convento de Herbón
mira pró lado dereito verás o San
Benitiño botando auga polo peito)
no mes de Setembro,supoño que como nós con 11 ou 12 anos ao lombo
ou algúns menos xa que poñían menos reparos por ter menos
candidatos dos que había para curas seculares. Tiñan fama de vivir
mellor e nas familias era mais honroso ca ser fraile. Ingresaban a
tempo para vendimar aquel vasiño de viño que lles daban á comida
os Domingos. A finais da década dos 60 no teologado de San Francisco
xa eran tan poucos que viñan as clases con nós en San Martiño.
Paréceme que non pasaban de dez. A entrevista
que lle fai un compañeiro é tamén representatiba das mutacións
sociais. Podedes llela aí:
Carballo, en El Pais: de Herbón a Romahttp://www.memoriadacoruna.com/
4º.-
O premio nobel de medicina Richard J.Roberts denuncia nunha
entrevista que lle fan que non están interesadas en curar as enfer midades senón en facelas crónicas
"Es
una grave acusación.Pues es habitual que las farmacéuticas estén interesadas en líneas de investigación no para curar sino sólo para cronificar dolencias con medicamentos cronificadores mucho más rentables que los que curan del todo y de una vez para siempre. Y no tiene más que seguir el análisis financiero de la industria farmacológica y comprobará lo que digo.
Hay dividendos que matan.
Por eso le decía que la salud no puede ser un mercado más ni puede entenderse tan sólo como un medio para ganar dinero. Y por eso creo que el modelo europeo mixto de capital público y privado es menos fácil que propicie ese tipo de abusos.”
Ven a conta polo da bacteria “E Cooli” que aparece como resistente a maioría dos antibióticos. A causa débese a que deixou de investigarse novos antibióticos por causas económicas de escasa rendibilidade e hai doenzas,como a tuberculose,que segue matando pola resistencia aos antibióticos que hai no mercado. Podédela seguir lendo aqui:
RICHARD J. ROBERTS, químico y premio Nobel de Medicina: “E
5ª.
Loita contra o narcotráfico. Mañá iníciase a primeira sesión,en
Pontecvedra, na sede da Diputación Provincial por necesidad de
espacio, o xuízo contra a maior rede de blanqueo de capitales
provenientes do narcotráfico desarticuladas en Galicia.A operación
coñecida polo norme de CORMORAN.Están acusadas mais dunta trintena
de persoas.O principal inculpado é o veciño de santa Uxía de
Riveira José Antonio
Pouso Rivas,co alcume de Pelopincho que non estará no banquiño,tanto
el como o seu avogado pontevedrés Manuel Franco Arjibay.
Impuxéronlle
unha das fianzas mais altas que se acordan en Galicia,2.000.000 E que
depositou en metálico ao mesmo tempo que se fuga. Parece que ao
Brasil que non ten convenio de extradición. O valor do incautado
polo Xulgado de Caldas de Reis en casas,fincas,embarcacións e
diñeiro supera o valor de 12.000.000 E que acabará entregado polo
Estado as organizacións que axudan á curación dos drogadictos .A
ver que penas lles impoñen. Canto mal levan feito
na
comarca do Barbanza a xente do contrabando de tabaco,ben visto e con
envexa pola maioría de xante mentres se pensaba que andaban no
tabaco e que logo acabaron todos no tráfico das drogas que era mais
rendible. Hoxe a xuventude,moita dela é consciente dos estragos das
drogas.
6ª.-Movemento
15 M. O compañeiro Herminio Cambeiro mandoume un video de como ven
en Francia este feito desconcertante que está sendo exportado ao
resto mundo e xa veremos o que da de si. Eu penso que moito. Leva
mais dun mes acaparando grandes espacios en todos os medios. Podedes
velo aquí: 7ª.-
Hai unha entrevista magnífica do teólogo da Xoan XXIII Juan José
Tamayo que invita á esperanza. Di que debaixo do xeo no que
converteu a Xerarquía a Igrexa postconciliar hai un océano de auga
limpa. Podedes tamén lela aquí:
http://youtu.be/f8-ub-04QeQ
Como
conclusión, para rematar, acudo a benevolencia do posible lector
manifestándolle, se chegou ao final e seguiu as instruccións,
cliqueando nas
chamadas para saber mais, que a única intención do redactor non é
outra mais ca de distraer a atención do corpo e do espírito en
saudable solaz tamén para ámbolos dous. Un saúdo para todos e
feliz verán que comeza hoxe para os de este hemisferio. Rafael
domingo, 19 de junio de 2011
MIS POESIAS- A LA MUERTE DE MI MADRE
CON ESTA SALVE
Con esta salve te cantan mis rezos
ahogados en los mares de mis lágrimas.
Con esta salve regando van mis versos
a la flor que brota de las simas de mi alma.
Olas blancas son la ofrenda de mis besos,
espuma de amor que se expande por los cielos,
incansables viajeras a través de los misterios
de una mar eterna que encierra sus silencios.
Perlas del abismo son las cuentas de mis rezos
que desgrano para ti, reina mía de mis deseos.
Corona de mil colores, rosario de mis versos,
que has de lucir por las noches de los tiempos.
Acurrucado, madre, bajo el trono del alto cielo
te colmo, lloroso, con ramilletes de mis besos;
Aromas de incienso que tupirán tu eterno templo
guardando para siempre las fragancias de tu reino.
Con esta salve, soñar quiero sobre las olas
y escuchar la voz que me llevan tus recuerdos.
Palidezca el nácar y calle el eco de las caracolas
cuando se desmelenen los mares en blancas colas.
Antonio Puertas
martes, 14 de junio de 2011
lunes, 13 de junio de 2011
APUNTE BREVE
Por hoxe nada mais. A
Puertas en especial as mais sentidas condolencias .Saúdos para todos
e deica a próxima,Rafael
domingo, 12 de junio de 2011
DOMINGO 12 DE XUÑO
Acabo de enterarme por este medio da triste nova que nos comunica Puertas Lema. A perda dunha nai deixa un vacío tal na vida que únicamente os que temos pasado por tal experiencia sabemos ben o que iso supón. Por esta razón apresúrome a testemuñar a miña solidaridade co compañeiro e, por suposto, recollo o encargo de ter presente á finada na miña oración. Neste trance é cando mellor valoramos a grandeza e o afortunados que somos por compartir a FE NA RESURRECCION. Non perdemos a nosa nai pois solo nos separamos dela temporalmente. Compañeiro mándoche unha forte aperta.
Aproveito a entrada para agradecer a Rafael e Andrés o térense acordado de min o día 30 de maio. E todo un detalle pois recoñezo que entro poucas veces no bloq e cando nos comunicamos pouco é fácil esquencerse algo das persoas. A verdade é que, a pesares de darlles vacacións ós do coro, non noto que me sobre máis tempo que antes. Por outra banda para mín é unha sorte ter o tempo ocupado pois, como dicían os clásicos, a ociosidade é a causa de tódolos males. Nembargantes intentarei participar algo máis niste "estormento de comunicación". Por hoxe máis nada pois xa pasa das doce da noite. Saúdos a todos e a todas (como adoita dicirse hoxendía). Fernando Ledo.
Aproveito a entrada para agradecer a Rafael e Andrés o térense acordado de min o día 30 de maio. E todo un detalle pois recoñezo que entro poucas veces no bloq e cando nos comunicamos pouco é fácil esquencerse algo das persoas. A verdade é que, a pesares de darlles vacacións ós do coro, non noto que me sobre máis tempo que antes. Por outra banda para mín é unha sorte ter o tempo ocupado pois, como dicían os clásicos, a ociosidade é a causa de tódolos males. Nembargantes intentarei participar algo máis niste "estormento de comunicación". Por hoxe máis nada pois xa pasa das doce da noite. Saúdos a todos e a todas (como adoita dicirse hoxendía). Fernando Ledo.
sábado, 11 de junio de 2011
Hola amigos, tan só entro un instante pa comunicar que hoxe, día 11, finou a miña nai MARIA LEMA MOUZO (q.e.p.d ), mañá será o seu enterro en Camariñas, ás 20,30 h.
Tan só vos pido,en especial aos compañeiros curas, e, por amor cristián, unha oración polo seu eterno descanso.
Alá está xa no ceo, despois de recibir os santos sacramentos.
Unha aparte para todos e grazas, porque sei que así o ides facer.
Antonio Puertas
Tan só vos pido,en especial aos compañeiros curas, e, por amor cristián, unha oración polo seu eterno descanso.
Alá está xa no ceo, despois de recibir os santos sacramentos.
Unha aparte para todos e grazas, porque sei que así o ides facer.
Antonio Puertas
viernes, 10 de junio de 2011
MISCELANEA X (R.G.R.)
O primeiro e darlle os
parabéns ao noso segrel Puertas que compón eses versos con tanto
encanto e primor que soamente a unha mente na que aniñan as musas se
lle pode ocorrer. Parabéns por ese segundo descendente que tanto
lles vai alegrar a vida a pais e avós. Os meus sobriños xa son pais
todos e dá gusto ir a unha casa onde hai pícaros ou meniños como
lles chaman no Cabo da Cruz,
O segundo é felicitar
tamén a Andrés polo artigo de González Faus que comparte o seu
contido. Ten moito mérito este xesuíta. Magoa que non o tiveran
feito bispo. Polo menos habería unha zoca desaparellada como Pedro
Casaldáliga que exercería a función de profeta. Mentres os ventos
romanos non sopren en dirección contraria temos que facer como os
mariñeiros. Paciencia e a barallar como din cando hai mal tempo e
non se pode saír ao mar.
O terceiro e facer un
pequeno comentario sobre o Movemento 15.M. Algunha xente xa o
presenta como algo que xa tivo o seu momento de gloria e agora
acabará en nada. Eu penso que como responde a unha realidade terá
bos momentos e malos pero que seguira vivo. Ademais como animación e
música de fondo hai unha moi boa teoría con sólidos argumentos e
fundamentos tanto de” iure” como de “facto”.Aí tanto directa
como indirectamente,nesta primeira fase a título individual, hai
moita xente dos que hai anos veñen traballando no chamado
altermundismo. O seu lema é que outro mundo é posible. Xente que
estivo nos foros sociais mundiais desde hai unha década. Para saber
mais:
Fórum Social Mundial, Carta de Principios del Foro Social Mundial Foro Social Mundial - Wikipedia, la enciclopedia libre.
Na Voz de Galicia había
dous bos representantes deste altermundismo: Ramón Chao,pai de Manu
Chao e Ignacio Ramonet. Desde hai uns anos prescindiron dos seus
artigos e Galicia perdeu os relatos de dúas boas plumas.
Hai un video que refire
cal é o programa de fondo dos indignados ou da Spanishrevolution que
se chama e que xira en torno a estas ideas centrais:Democracia
participativa, reforma da lei electoral, separación real de
poderes,absoluta transparencia política e fiscal e férrea
lexislación e control sobre bancos e corporacións financeiras.
Podédelo ver aí:
Vimeohttp://vimeo.com/24622780
A parte mais difícil é
a que terá que vir agora: COMPROMETEOS. E a mais difícil pero hai
un grupo moi consistente e trabado que lle dará contido a capacidade
transformadora da realidade social. Eu estou moi contento de vivir
estas novas circunstancias a través das TIC que son unha ferramenta
impensable noutras épocas recentes aínda.
A boa teoría que sempre
é necesaria para as transformacións sociais anda por,entre outras,
por esta páxina:
Nada mais. O luns farei
por estar,salvo forza maior,na presentación do libro de Queiruga que
nos anunciou Vilariño.Se algúns vos animades alí, no centro Fonseca,
nos veremos. Cos mellores desexos para todos. Rafael
domingo, 5 de junio de 2011
AS MIÑAS POESÍAS
Amo a Beldoña á forza, Andrés, so pena de chegar a Coruña, os fins de semana, co coche baleiro. E amo a Beldoña, porque ese foi a penitencia que me impuxo a miña dona cando casei.
Agora que son, dende antonte, avó, por partida dobre, teño a obriga de compoñer a escape, un poema que, tamén, como penitencia, me impuxeron os meus fillos…¡ Que martirio, Señor !…
Agardo espiar as miñas culpas, o vindeiro 11 de xuño, na cárcere de San Martiño. Aí, nos veremos cos demais pecadentos compañeiros.
Agora que son, dende antonte, avó, por partida dobre, teño a obriga de compoñer a escape, un poema que, tamén, como penitencia, me impuxeron os meus fillos…¡ Que martirio, Señor !…
Agardo espiar as miñas culpas, o vindeiro 11 de xuño, na cárcere de San Martiño. Aí, nos veremos cos demais pecadentos compañeiros.
XOEL
Nada tiñas no teu mundo
e decidiches viaxar,
sen maletas, espidiño,
tan só ti, sen ninguén mais…
Viaxeiro que comeza a andar
sen saber de onde ven e a onde vai;
chegaches a un mundo estraño
que non soubemos arranxar.
Unha nova vida entre nos,
que habémosche de explicar
ó rumbo que terá teu destino
que na vida haberás de tomar.
Non han faltar os biquiños,
que chos han dar os teus pais,
nin che ha faltar o abriguiño
que ó has atopar no fogar.
Ven tranquilo, Xoeliño,
que nada che ha de faltar,
inda que estes espidiño,
o noso agarimo hache abrigar.
Antonio Puertas
sábado, 4 de junio de 2011
Ocasión para encontrarnos: presentación dun libro de Torres Queiruga.
O día de Santo Antonio, padrón eximio do noso querido e tamén eximio poeta Puertas Lema, eu non estarei na súa amada Beldoña honrando a tan franciscano e popular santiño, senón no acto que se anuncia na imaxe que acompaña este breve texto.
[Por certo, e poño isto entre corchetes para indicar que volo digo en voz baixiña: Quen de vós sabía que Puertas lle era infiel a Camariñas con dona Beldoña?]
O libro que se presenta será a base tamén do curso que impartirá no mes de xullo o propio Andrés TQ na aula da Universidade Ménendez Pelayo, en concreto na Casa da Cultura e Arquivo do Reino de Galicia (no xardin de San Carlos).
[Por certo, e poño isto entre corchetes para indicar que volo digo en voz baixiña: Quen de vós sabía que Puertas lle era infiel a Camariñas con dona Beldoña?]
O libro que se presenta será a base tamén do curso que impartirá no mes de xullo o propio Andrés TQ na aula da Universidade Ménendez Pelayo, en concreto na Casa da Cultura e Arquivo do Reino de Galicia (no xardin de San Carlos).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
