Debo de aclarar que o
DRAE ( Dicionario da Real Academia Española) di que a orixe desta
palabra, popurrí ,ven do francés “pot pourrí” que,hai xa
séculos tomou do español “olla podrida. ”Perdeu o “e”por
economía. Na orixe era poderida. Propia de poderosos. Din que
Calderón de la Barca (S.XVI) a describía como a princesa dos
cocidos. Pola variedade de viandas e carnes nobres que a compuñan.
Para nós sería un cocido de día de festa. Non podía faltar a
carne de vaca e a galiña,ademais da de porco de distintos lugares do
mesmo. Emprégase esta verba, en xeral, seguindo o dicionario,”para
describir cualquier mezcla confusa de cosas diversas y en música
para cantar diversas canciones continuas sin que desentonen”.
Como nos ensinou D.
Manuel Calvo Tojo, nas clases de elocuencia,a introdución ou exordio
ten que ser sempre breve. Por tanto xa está ben. Pasemos a mestura
confusa de cousas diversas:
1ª.- Transformacións
sociais: Mañá, 22 de Xuño,
fará trinta anos que o Congreso dos Deputados aprobou a Lei do
Divorcio. Dereito establecido en España na República e que Franco
aboliu xa no 1938.Dende esa mais de 1.200.000 matrimonios
disolvéronse. Desde o 2009 as unións civís superan ás canónicas.
De cada cinco casamentos un é con conxugue estranxeiro. O control
social está en decadencia. Cada un vive como quere .Desde o 2004
cada ano hai menos vodas. Os homes casan por primeira vez,de media,
aos 33 anos. As mulleres aos 30,08.Van en aumento os matrimonios de
convivencia, soamente de fin de semana e vacacións, pola
incorporación masiva da muller ao traballo e a mobilidade laboral.
Cada ano casan 3.000 con conxugue do mesmo sexo. As parellas de feito
seguen gañando terreo. Destas hai menos estatísticas. No 2001 eran
o 9%.Hoxe son o 19,3.No 1980 o 4,4% dos meniños/as nacían fora do
matrimonio. Hoxe un de cada tres (o 34% dos nacidos en 2009 son de
mai non casada segundo o INE (Instituto Nacional de Estatística) Hai
558.000 fogares monoparentais medrando aceleradamente. No 2002 eran
303.200.
Chamáronme
a atención eses datos e aí quedan. Nada teñen que ver coa
socioloxía de hai 30 ou 40 anos. Nos tempos que nos tocou vivir
déronse unhas transformacións sociais superiores ás que se daban
antes en cincocentos anos,en toda unha era. Afortunados nós para
velos e observalos. Neste caso a conclusión patea (patet) pero non
se sabe moi ben se é para ben ou para mal. O que non se pode é
vogar aproado ao vento. Naufraxio seguro.
2ª.-
O Domingo aparecía na prensa unha reportaxe sobre Frei José
Rodríguez Carballo,o que mais manda nos farrucos. A fotografía é
das que fai Xurxo Lobato na sección “Galegos na escaleira”,nas
páxinas do Pais edición galega. Conta que no 63 incorporouse ao
convento de San Antoniño de Herbón (Se vas ó convento de Herbón
mira pró lado dereito verás o San
Benitiño botando auga polo peito)
no mes de Setembro,supoño que como nós con 11 ou 12 anos ao lombo
ou algúns menos xa que poñían menos reparos por ter menos
candidatos dos que había para curas seculares. Tiñan fama de vivir
mellor e nas familias era mais honroso ca ser fraile. Ingresaban a
tempo para vendimar aquel vasiño de viño que lles daban á comida
os Domingos. A finais da década dos 60 no teologado de San Francisco
xa eran tan poucos que viñan as clases con nós en San Martiño.
Paréceme que non pasaban de dez. A entrevista
que lle fai un compañeiro é tamén representatiba das mutacións
sociais. Podedes llela aí:
Carballo, en El Pais: de Herbón a Romahttp://www.memoriadacoruna.com/
4º.-
O premio nobel de medicina Richard J.Roberts denuncia nunha
entrevista que lle fan que non están interesadas en curar as enfer midades senón en facelas crónicas
"Es
una grave acusación.Pues es habitual que las farmacéuticas estén interesadas en líneas de investigación no para curar sino sólo para cronificar dolencias con medicamentos cronificadores mucho más rentables que los que curan del todo y de una vez para siempre. Y no tiene más que seguir el análisis financiero de la industria farmacológica y comprobará lo que digo.
Hay dividendos que matan.
Por eso le decía que la salud no puede ser un mercado más ni puede entenderse tan sólo como un medio para ganar dinero. Y por eso creo que el modelo europeo mixto de capital público y privado es menos fácil que propicie ese tipo de abusos.”
Ven a conta polo da bacteria “E Cooli” que aparece como resistente a maioría dos antibióticos. A causa débese a que deixou de investigarse novos antibióticos por causas económicas de escasa rendibilidade e hai doenzas,como a tuberculose,que segue matando pola resistencia aos antibióticos que hai no mercado. Podédela seguir lendo aqui:
RICHARD J. ROBERTS, químico y premio Nobel de Medicina: “E
5ª.
Loita contra o narcotráfico. Mañá iníciase a primeira sesión,en
Pontecvedra, na sede da Diputación Provincial por necesidad de
espacio, o xuízo contra a maior rede de blanqueo de capitales
provenientes do narcotráfico desarticuladas en Galicia.A operación
coñecida polo norme de CORMORAN.Están acusadas mais dunta trintena
de persoas.O principal inculpado é o veciño de santa Uxía de
Riveira José Antonio
Pouso Rivas,co alcume de Pelopincho que non estará no banquiño,tanto
el como o seu avogado pontevedrés Manuel Franco Arjibay.
Impuxéronlle
unha das fianzas mais altas que se acordan en Galicia,2.000.000 E que
depositou en metálico ao mesmo tempo que se fuga. Parece que ao
Brasil que non ten convenio de extradición. O valor do incautado
polo Xulgado de Caldas de Reis en casas,fincas,embarcacións e
diñeiro supera o valor de 12.000.000 E que acabará entregado polo
Estado as organizacións que axudan á curación dos drogadictos .A
ver que penas lles impoñen. Canto mal levan feito
na
comarca do Barbanza a xente do contrabando de tabaco,ben visto e con
envexa pola maioría de xante mentres se pensaba que andaban no
tabaco e que logo acabaron todos no tráfico das drogas que era mais
rendible. Hoxe a xuventude,moita dela é consciente dos estragos das
drogas.
6ª.-Movemento
15 M. O compañeiro Herminio Cambeiro mandoume un video de como ven
en Francia este feito desconcertante que está sendo exportado ao
resto mundo e xa veremos o que da de si. Eu penso que moito. Leva
mais dun mes acaparando grandes espacios en todos os medios. Podedes
velo aquí: 7ª.-
Hai unha entrevista magnífica do teólogo da Xoan XXIII Juan José
Tamayo que invita á esperanza. Di que debaixo do xeo no que
converteu a Xerarquía a Igrexa postconciliar hai un océano de auga
limpa. Podedes tamén lela aquí:
http://youtu.be/f8-ub-04QeQ
Como
conclusión, para rematar, acudo a benevolencia do posible lector
manifestándolle, se chegou ao final e seguiu as instruccións,
cliqueando nas
chamadas para saber mais, que a única intención do redactor non é
outra mais ca de distraer a atención do corpo e do espírito en
saudable solaz tamén para ámbolos dous. Un saúdo para todos e
feliz verán que comeza hoxe para os de este hemisferio. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario