O primeiro e darlle os
parabéns ao noso segrel Puertas que compón eses versos con tanto
encanto e primor que soamente a unha mente na que aniñan as musas se
lle pode ocorrer. Parabéns por ese segundo descendente que tanto
lles vai alegrar a vida a pais e avós. Os meus sobriños xa son pais
todos e dá gusto ir a unha casa onde hai pícaros ou meniños como
lles chaman no Cabo da Cruz,
O segundo é felicitar
tamén a Andrés polo artigo de González Faus que comparte o seu
contido. Ten moito mérito este xesuíta. Magoa que non o tiveran
feito bispo. Polo menos habería unha zoca desaparellada como Pedro
Casaldáliga que exercería a función de profeta. Mentres os ventos
romanos non sopren en dirección contraria temos que facer como os
mariñeiros. Paciencia e a barallar como din cando hai mal tempo e
non se pode saír ao mar.
O terceiro e facer un
pequeno comentario sobre o Movemento 15.M. Algunha xente xa o
presenta como algo que xa tivo o seu momento de gloria e agora
acabará en nada. Eu penso que como responde a unha realidade terá
bos momentos e malos pero que seguira vivo. Ademais como animación e
música de fondo hai unha moi boa teoría con sólidos argumentos e
fundamentos tanto de” iure” como de “facto”.Aí tanto directa
como indirectamente,nesta primeira fase a título individual, hai
moita xente dos que hai anos veñen traballando no chamado
altermundismo. O seu lema é que outro mundo é posible. Xente que
estivo nos foros sociais mundiais desde hai unha década. Para saber
mais:
Fórum Social Mundial, Carta de Principios del Foro Social Mundial Foro Social Mundial - Wikipedia, la enciclopedia libre.
Na Voz de Galicia había
dous bos representantes deste altermundismo: Ramón Chao,pai de Manu
Chao e Ignacio Ramonet. Desde hai uns anos prescindiron dos seus
artigos e Galicia perdeu os relatos de dúas boas plumas.
Hai un video que refire
cal é o programa de fondo dos indignados ou da Spanishrevolution que
se chama e que xira en torno a estas ideas centrais:Democracia
participativa, reforma da lei electoral, separación real de
poderes,absoluta transparencia política e fiscal e férrea
lexislación e control sobre bancos e corporacións financeiras.
Podédelo ver aí:
Vimeohttp://vimeo.com/24622780
A parte mais difícil é
a que terá que vir agora: COMPROMETEOS. E a mais difícil pero hai
un grupo moi consistente e trabado que lle dará contido a capacidade
transformadora da realidade social. Eu estou moi contento de vivir
estas novas circunstancias a través das TIC que son unha ferramenta
impensable noutras épocas recentes aínda.
A boa teoría que sempre
é necesaria para as transformacións sociais anda por,entre outras,
por esta páxina:
Nada mais. O luns farei
por estar,salvo forza maior,na presentación do libro de Queiruga que
nos anunciou Vilariño.Se algúns vos animades alí, no centro Fonseca,
nos veremos. Cos mellores desexos para todos. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario