Agora que son, dende antonte, avó, por partida dobre, teño a obriga de compoñer a escape, un poema que, tamén, como penitencia, me impuxeron os meus fillos…¡ Que martirio, Señor !…
Agardo espiar as miñas culpas, o vindeiro 11 de xuño, na cárcere de San Martiño. Aí, nos veremos cos demais pecadentos compañeiros.
XOEL
Nada tiñas no teu mundo
e decidiches viaxar,
sen maletas, espidiño,
tan só ti, sen ninguén mais…
Viaxeiro que comeza a andar
sen saber de onde ven e a onde vai;
chegaches a un mundo estraño
que non soubemos arranxar.
Unha nova vida entre nos,
que habémosche de explicar
ó rumbo que terá teu destino
que na vida haberás de tomar.
Non han faltar os biquiños,
que chos han dar os teus pais,
nin che ha faltar o abriguiño
que ó has atopar no fogar.
Ven tranquilo, Xoeliño,
que nada che ha de faltar,
inda que estes espidiño,
o noso agarimo hache abrigar.
Antonio Puertas
No hay comentarios:
Publicar un comentario