Como diciamos onte, emulando a Frei Luís de León cando volveu á
cátedra despois de pasar cinco anos preso por traducir o libro do
Cantar dos cantares,espero que tiverades un feliz verán de descanso
e asueto para coller forzas e mais enerxías para o inverno que se
nos aveciña.
Ten razón Eduardo que convén retomar a actividade con algo
sinxelo, como aperitivo,antes de botarse a comer de todo,O mesmo que
cando temos problemas serios dixestivos que debemos empezar con
caldos limpos e líquidos para seguir despois con dieta branda e
progresivamente ir introducindo alimentos fervidos para rematar con
asados e guisos como nos dos días de festa.
De non mediar forza maior xa logo ven o terceiro Sábado de
Setembro para pasalo todos xuntos en amor e compañía como xa é
tradición destes últimos anos. Que non falte ninguén. Todos serán
benvidos.
A colaboración de hoxe consistirá nuns breves comentarios sobre o
Padre Silva que acaba de deixarnos,outro mais filosófico sobre a
conciencia e o diñeiro e por último unha alegría compartida con
vellos loitadores da chamada taxa Tobin, rematando coas fazañas do
compañeiro Puertas que adestrou todo o verán para a pesca da lura
xigante,deixando a un lado a poética,acadando resultados
salientables dos que se fixo eco a prensa nacional.
A.- Padre Silva, in memoriam: Foise un bo crego dos admirados e
admirables pola obra en favor dos nenos a quen as familias nos lles
podían dar a educación á que tiñan dereito. A “Ciudad de los
muchachos”de Bemposta foi unha escola de autoxestión exemplar e
modélica. Alí se promoveron os valores da responsabilidade e da
democracia. Era famosa a gasolineira a que se ía a repoñer
combustible,atendida polos alumnos,cando se visitaba Ourense. Cando
empezou a ter problemas coas autoridades de Ourense e Xunta afincouse
en América do Sur,Venezuela e Colombia onde seguiu coa escola de
Circo e coa obra social. Foi noticia este fin de semana. Nese sitio
se queredes podedes ter mais información:
Muere el padre Silva pero siempre vivirá en los corazones de ...
Vivirá na nosa memoria e mais no ceo para o que tivo méritos suficientes para quedar alí toda a vida.
B.-Hai xa algún tempo que me falaron dunha conferencia sobre a
Banca ética que xa escoitei dúas veces. Agora teñen unha sucursal
na Coruña. Se alguén se atreve a adicarlle a hora e media que leva
escoitala non se sentirá defraudado. Son ideas de futuro.
C.-A chamada taxa Tobin,un imposto as transaccións internacionais do
diñeiro que no foro social altermundista levan tantos anos
reclamando,parece que,por fin este mes os ministros de finanzas da
Unión Europea proporana á Comisión para que por fin se estableza.
Non deixa de ser unha gran noticia e hai que festexala. Detrás como
consecuencia lóxica terá que vir a erradicación dos paraísos
fiscais (O Vaticano esta caladiño porque nese campo a autoridade
moral tena moi minguada),un sistema de impostos común para todos os
países da Unión monetaria e unhas funcións reais do Banco Central
Europeo que actúe,con emisión de bonos,como un verdadeiro Banco
Central.
D.-Desde aquí hai que darlle os parabéns a Puertas. Aí podedes ver
a repercusión que tivo a súa fazaña.
Pois mais nada. Bos desexos para todos e tempo teremos de deixar por
escrito algo que axude a comunicación nostálxica que as nosas
idades tamén ten a súa razón de ser,sempre que non toda sexa iso,e
tamén miremos cara adiante. Parécemo a min. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario