







O día seguinte ao Carme quedamos de vernos en Meira, corporativamente, os da promoción de cregos que fixeramos o ingreso no seminario en 1957. Os cregos da "quinta do 57".
Por moi diversas circunstancias non puidemos reunirnos máis que sete na reitoría de Meira. A comunidade parroquial que preside e pastorea Manolo Barros Brey participou connosco nunha entrañable e emotiva eucaristía, onde, no remate, non faltaron os signos de comuñón e gratitude para o seu cura nunha data tan significativa.
A mesa fraterna e a excursión que seguiu despois estiveron cheas de humor, de saudades e de afiuzamento íntimo no servizo asumido na igrexa e na sociedade.
Eramos oito, compañeiros todos e compañeiros vosos,e anque non todos cumpriamos os 40 anos de ordenación, non faltou na Eucaristía da xornada a pregaria confiada por todos os condiscípulos, a esperanza na Vida para os que xa nos deixaron, e o convencemento compartido e concelebrado de que hai unha comuñón de corazóns que está por riba das nosas limitacións e das nosas expectativas: esa comuñón que en Deus nos entrelaza con vínculos xa por sempre inseparables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario