A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís
sábado, 5 de septiembre de 2009
Xa estou de volta - Andrés GV
Semana de Teoloxía da Coruña - Prof. Fernando Vidal, sociólogo, da U. Comillas.
Tedes que desculpar a miña ausencia temporal deste blog. Ás veces por preguiza, outras veces porque non teño tempo nin para a preguiza. Estiven de vacacións entre o 27 de xullo ata o 9 de agosto. Despois colleu as vacacións Manolo Alvite e tiven unhas xornadas intensivas de párroco asumindo eu temporalmente o que el fai sempre, polo que tamén el merecía e necesitaba as vacacións. Despois veu a Semana de Teoloxía que organizamos no remate de agosto no Fogar de Santa Margarida e na que estou persoalmente moi implicado. Esta Semana cadra sempre tamén coa festa de Santa Margarida, parroquia onde estamos Alvite e mais eu, polo que foron xornadas intensas. Antes de marchar de vacacións quixen ter posto no blog o encontro dos cregos en Meira pero non atopei o xeito e fágoo agora. Comprobo que os blogueiros activos somos aínda poucos e se non fose por Rafael G. Ramos, Eduardo Seco, Antonio Puertas e dous ou tres esporádicos máis, esta páxina non tería vida... ¡Tanto como hai de que falar e tanto como hai que compartir! Teremos que incluir na próxima convivencia (dúas semanss xa) unha proxección do blog, medio áxil, vivo e axeitado para seguir encontrándonos moito máis que virtualmente, pois o intercambio de ideas e sentimentos que aquí facemos é fondamente persoal e auténtico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario