Hai
algo de tempo,unhas semanas, que anda pola rede e tamén polas
librerías un libriño curioso,de poucas páxinas,unhas 24,escribido
por un home ancián de 93 anos animando á rebelión aos nosos
mozos/as. O título orixinal e”Indignez vous”.(O francés que nos
ensinou D. Pío é suficiente sen que faga falla traducir.)
A novidade,ademais de polo contido ao que farei alusión,está na
personalidade do autor:es.wikipedia.org/wiki/Stéphane
Hessel. E
un sobrevivente do mundo e sociedade na que nos criamos os que
vivimos, con algo de conciencia, na segunda metade do século pasado.
O tempo posterior ás guerras mundiais que foi o berce da actual
sociedade do benestar. Foi un dos mais importantes redactores da
Declaración Universal dos Dereitos Humanos que coas súas sombras e
luces fixo posible unha cultura da convivencia e da paz entre as
persoas e os pobos de Europa coa excepción de España que vivimos
baixo a bota do fascismo aínda uns trinta anos despois..
Fálase
de que van vendidos preto de 2 millóns de exemplares. Aquí ,en
Galicia tampouco queremos quedar á marxe do fenómeno e con prólogo
de Manolo Rivas, traducido por Fernando Moreiras acaba de saír do
prelo a edición en galego que pon na rúa factoría K de libros que
é un selo editorial de Kalandraka.
Este
veterano,dos poucos vivos,da resistencia francesa ten o mérito de
falar pola voz da experiencia e igual que se indignaron ante o
nazismo e os fascismos os da súa xeración, pretende acender a mecha
na mocidade de hoxe para que se revele contra as inxustizas. O
libriño déixase ler ben en pouco mais de medía hora e ten forza
suficiente para arrastrar aos mozos a un compromiso para a
transformación da sociedade. Outra cousa é que o consiga. Se
poñedes en google “indignaros” veredes que aparecen moitas
entradas para os que queiran saber mais.
Como
é tan breve, o bo e breve dúas veces bo,vou por o título de cada
capítulo e mais a idea central,ao meu modo de ver,para que vos
fagades unha idea dos pensamentos revolucionarios deste vello mozo.
A
razón da resistencia e a indignación:”a
brecha entre os máis pobres e os máis ricos nunca foi tan grande; e
a carreira polos cartos,a competición,nunca se fomentou tanto”.Cando
algo nos indigna como a min me indignou o nazismo,tornámonos
militantes,fortes e comprometidos:unímonos a esa corrente da
historia e a gran corrente da historia desenvólvese grazas a cada un
de nós”.
A
indiferenza a peor das actitudes:”Dicir
non podo facerlle nada,xa me irei apañando. Ao comportarvos así
perdedes un dos elementos esenciais que conforman o ser humano,un dos
seus compoñentes indispensábeis: a capacidade de indignación e o
compromiso que implica”
A
miña indignación respecto a Palestina:”Que
os xudeus sexan capaces de perpetrar crimes de guerra é algo
inadmisíbel.(refírese a chamada operación chumbo fundido de 2009
na que morreron 1400 palestinos,nenos, vellos e mulleres a maioría,)
Por desgracia a historia dános ben poucos exemplos de pobos que
soubesen tirar leccións da súa propia historia.”
A
non violencia, o camiño que debemos aprender a seguir:”
A mensaxe de Mandela ou de Martín Luther King atopa unha pertinencia
plena nun mundo que superou a confrontación das ideoloxías e o
totalitarismo conquistador..E unha mensaxe de esperanza na capacidade
das sociedades modernas para superar os conflitos mediante unha
comprensión mutua e unha paciencia vixilante”
Por
unha insurrección pacífica:”Así
e todo,sigamos clamando por unha auténtica insurrección pacífica
contra os medios de comunicación de masas que tan só propoñen como
horizonte para a nosa mocidade o consumo masivo,o desprezo aos mais
débiles e á cultura, a amnesia xeneralizada e a competición a
ferro de todos contra todos”
E
remata este opusculiño co seguinte: “A todas e todos os que farán
o século XXI,dicímoslles con afecto:
RESISTIR
E CREAR”
O
tempo será testemuña do que dea de si esta iniciativa. Por hoxe
mais nada. Outro día contarei algunha outra cousa. Un afectuoso
saúdo para todos.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario