1º-
Comentar outro libro que acaba de saír do prelo como consecuencia do
“INDIGNESE VOSTEDE”que xa apuntamos.
2º-
Unhas anotacións á entrada de Vilariño sobre o querido idioma
noso.
3º-Os
avisos personalizados a cadanseu dos compañeiros que andaron por
este blog para o que teña que ser.
4º-O
que se me ocorra como punto final.
1º.-
O “indignádevos” parece que empeza a frutificar. O éxito que
tivo na Francia atravesou os Perineos,igual ca revolución francesa,e
quedouse na Península, incluído Portugal,que tamén o están
pasando moi mal.
No
mes que andamos vense de publicar outro libriño que xa non se lee
,na súa totalidade, na sala de espera da consulta do dentista. Hai
que adicarlle algunha tarde. Esta é a ficha Técnica: REACIONA
páxinas:176. Publicación: 13/04/2011
Formato: Rústica 13 x 21,5. Precio: 9,50 €ISBN:
97840310200EAN: 978403102002. Santillana Ediciones Generales S.L.
Madrid
No
libro aparecen, non soamente dez razóns,como di na portada, polas
que debes actuar fronte a crise económica,política e social,senón
algúns centos delas. Os que facilitan as razóns son dez persoeiros
dabondo coñecidos algúns deles galego como Xavier López Facal . Os
restantes son José Luis Sampedro que ten o don de divulgar os
coñecementos da ciencia económica poñéndoos ao alcance incluso
dos non iniciados. Segue Federico Mayor Zaragoza que ten un prestixio
ganado tanto aquí como no resto do planeta polos anos en que foi
Director Xeral da UNESCO.E unha autoridade na cultura da Paz. Eu polo
de agora son os únicos relatorios, por chamarlle dalgunha maneira,
que teño lido. Vou na páxina 40.Os demais tamén terán un discurso
interesante: O Xuíz Garzón,obxecto da ira e persecución e se sigo
seguro que non son obxectivo, Juan Torres López que escribe moito en
ATTAC e outros,ata dez,que son persoas significadas e que teñen algo
que dicir con autoridade humana,ética e académica. Eu merqueino no
Haley e xa era o único que tiñan. A caixeira preguntoume se estaba
ben porque xa levaban moitos vendidos. Custa 9,50E.
2º:_
O outro día o compañeiro Andrés,parece que xa restablecido da
enfermidade que padeceu, moita saúde por moitos anos, facíalle a un
dos nosos poetas,:a Puertas, unhas recomendacións desde o aprecio
mutuo que ambos se teñen. Desde o punto de vista científico e
académico,non teño nada que obxectar. Non podía ser doutro modo xa
que Andrés fai honor ao vello logotipo da Universidade da Coruña
que contiña a lenda:”HAC LUCE”.Hoxe desapareceu por mor da
simplificación segundo manifestou o Reitor.
Cando
lin esa entrada veume a memoria as discusións longas e tendidas que
tiñamos no departamento ou seminario de galego naqueles anos oitenta
en que se implantou o ensino de lingua e literatura galega. Eu formei
accidentalmente parte del mentres non se cubriron as prazas
regulamentariamente xa que me pedían complementar aquelas horas que
non alcanzaban para o horario completo doutro profesor mentes estiven
na antiga Universidade Laboral. A discusión era sempre NORMALIZACION
versus NORMATIVIZACIÓN. Versus era no sentido de cara onde imos se a
afincar a normativización ou a normalizar o uso da lingua na vida
ordinaria e para todos os usos.
A
uns parecíanos mais urxente desfacer os prexuízos e que os alumnos
lle quixesen ao idioma e a outros ensinalo coa mesma esixencia que o
castelán con independencia de que logo o usasen ou non para
expresarse.
As
dúas teses,naquel momento, tiñan os seus partidarios. Hoxe o da
normativización deféndeo todo o mundo. Naqueles primeiros de ensino
oficial do Galego a presencia de distintas normativas non favoreceu
nada,entre o alumnado, tamén a normalización. Os mesmos pais cando
a un irmán lle ensinaban a normativa lusista e ao outro non,teño
oído como botaban pestes do galego. Non obstante para a
supervivencia do galego debemos aínda poñer o acento na súa
utilización universal en todos os ámbitos da vida. Os precursores
na recuperación do galego,:Sarmiento e Feixoo pouco se ocuparon da
normativización igual que os do rexurdimento Rosalía, Curros e
Pondal e sen eles é o pobo que o seguiu utilizando podía pasarlle
como o latín e hoxe sería unha lingua morta.
En
resumo que está ben que a lingua tanto na fala como na escrita a
utilicemos da mellor maneira posible e co mellor coidado que saibamos
darlle. Pero tamén debemos ter en conta que os que non nos
escolarizamos en galego como os que hoxe teñen menos de 40 anos se a
escribimos como a escoitamos e nun medio como este “semiprivado”
tamén debemos ter condescendencia porque o mellor aveces é inimigo
do bo. Así que por min e penso que por Vilariño tamén cada un que
escriba como saiba. As linguas son seres vivos que nacen,medran e
transfórmanse acollendo palabras que noutra época foron proscritas.
Así como na fala ninguén defende a pureza na expresión, eu penso
que escribindo en ámbitos privados e cuasi familiares como este
debemos ter a mesma condescendencia. De todos modos doctores ten a
Igrexa e a Universidade.
Que
ninguén deixe de expresarse como saiba.
3º.-Avisos
personalizados:Para Mazantini (Ledo González).Que é da túa
vida?.Como anda esa saúde?O correo di que hai problema na recepción.
Xa foi a festa da filloa? A mocidade segue a molestar no campo da
feira do 26? Espero que todo siga ben. Se che apetece cóntanos algo.
Eu neste inverno tamén andei un pouco desganado.
Para
Chucho Muras. Agora xa hai tempo que non te asomas a esta fiestra. A
tempada dos enxertos xa rematou. Xa sabes que cando queiras escribir
algo serás ben recibido. Deséxovos o mellor.
Para
Pablo Payo. Que tal a vida de xubilado?. Non caerías xa na
escravitude como che advertiu Puertas. Se necesitas quen che axude a
pedir a manumisión dimo que che voto unha man. Xa sabes que cando,en
Roma, un escravo quería, por ter cartos ou porque lla concedía o
seu amo,acadar a liberdade e a condición de liberto, debía
solicitar a chamada manumisión.
Para
Antonio Puertas. Ás musas faslle boa vida e acóllelas coa agarimo
pola frecuencia coa que te visitan e che inspiran eses cada vez mais
bonitos poemas. Os contos tampouco están exentos de interese. Es un
exemplo para todos nós
Para
Manuel L.González: Ao principio parecía que nos ías agasallar coas
túas entradas e moi cedo te retiraches. Xa sabes que as portas están
abertas.
Para
Ramón Senín. A escribana non a trataches ben e agora non colabora
contigo ou que? Xa hai demasiado tempo que nos tes abandonados. Volve
cando queiras
Para
Vilariño. Este ano apareciches mais veces ca o pasado. Xa sabes que
é un pracer lerte. Que a neumonía non deixe secuelas e que o
próximo retiro sexa en boa hora.
Para
Suárez Cotelo. Estas portas están abertas para todos. Danos unha
alegría cando che pareza ben.
Para
o encargado do auduiovisual,, Enrique V. Pose. Dixeches que ao mellor
te incorporabas como colaborador habitual. Anímate. E cuestión de
poñerse.
Para
Eduardo. Foi unha das mellores plumas que pasaron por este mural. A
ver se retoma a participación como fixo con anterioridade. Eu penso
que si.
Para
Doval. Agora non hai que por selos e custa o mesmo escribir desde
Málaga que desde a Coruña. Volveremos a vernos este ano?. Agustín
Dios Vigo, o teu compañeiro de pupitre, seguro que desexa verte. Xa
pensou que nunca volvería a saber de ti e xa ves. Onde menos se
pensa salta a lebre. Un saúdo desde o atlántico para o
mediterráneo.
Para
L Amboage .Hai que recuperar aos poetas que son un ben escaso.
Esperamos pronto o teu novo spot sempre elocuente e profundo. Que a
túa estancia aquí en Galicia fose agradable. Agora xa queda menos
para o verán.
Para
Luciano Pena. Agora de xubilado non tes desculpa. Xa logo ven ese día
non?Danos unha sorpresa e
cóntanos como se viven os derradeiros
días da vida laboral. Ti andas indignado ou non?Se te apuntas a
REACCIONA dimo para saber cantos seremos.
A
todos os demais que non mencionei tamén vos digo que esta casa que é
a vosa ten sempre a porta aberta para quen queira entrar.
4º.-
Pois hai que por punto final .Vouno facer cunhas palabras prestadas
de Stéphane Hessel:¡COMPROMETEOS¡.Nun mundo carente de
principios,nunha sociedade quebrada pola crise e a falta de
ideais,non basta con indignarse, hai que comprometerse. Con este
título anunciou xa, este vello con espírito mozo,o novo libro que
está escribindo e que verá a luz o próximo día 18 de Maio. Unha
mensaxe vital,profunda e apaixonante para os tempos difíciles que
lles tocou vivir aos mais novos. Nos con facer os recados, dar algún
consello, se nolo piden,xa cumprimos a nosa misión nesta vida. Tamén
coidando os netos aqueles que os teñan. E unha forma de colaborar a
que a especie, neste espacio, europeo non se extinga. Un saúdo para
todos. Escoito xa como no castravexo están dicindo que imos ver un
partido entre os dous mellores equipos do mundo. O fútbol segue
desempeñando a mesma función social que o circo no tempo dos
romanos. Eu nunca fun moi afeccionado. Era do Celta unha avis rara.
Hoxe son algo mais por culpa dos alumnos. Adormece pero comparado coa
droga e auga bendita para a mocidade. Deica outra. Saúdos para
todos. Espero non alongarme tanto. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario