E, felicidades tamén, a Rafael, polos seus artigos chéos de sabiduría e ben escribir. E, os demais, sabios compañeiros, que os hai, chamarlles pregueseiros e lacazáns...
Aí vai, pa que se amolen:
BELDOÑA
Aldeíña de prados e de leiras,
altiva meiguiña de tan lonxe mirar;
de campiñas ateigadas de cerdeiras…
xeitosas meniñas de atraente achegar.
Acorada de fragrantes abeneiros,
á vella, mais guapa, Ponte medieval,
entre canos agurgullantes milagreiros,
que bican, dende o chan, ó Souto do Val.
O Mero, coas regueiras cantareiras,
moendo as coplas que o rio escoitou,
calado agarda muiñadas argalleiras
polos recunchos que o río escarochou.
Hospedeiro, seu patrucio Antonciño,
que, ó pasar, amañou o seu xantar,
i, enxaugou seus pes polo Curriño,
nas poceiras que anegan ese lugar.
Repolos, nabizas, patacas e galiñas,
arados, caínzos, pereiras e palleiros;
figueiras, fabas, nogueiras e mociñas,
corredoiras e valos, carballos e piñeiros.
Alí descansa, glorioso, o seu santo milagreiro,
contemplando á fermosura, no farturento xantar;
i. en xuño, agrilloado polos rezos, racha, festeiro,
o seu cestiño, das que inda non se lograron casar.
Antonio Puertas
No hay comentarios:
Publicar un comentario