O autocar que nos
trasladou dende a Coruña sorprendeunos co rótulo luminoso,en letras
grandes,na parte frontal ,anunciando para posibles despistados que
era o que correspondía ao grupo QUINTA DO 57.
Coa puntualidade
anunciada no programa (coa cláusula de mais ou menos)realizouse todo
o proxectado.
O posto de
responsabilidade,vacante pola ausencia de Andrés,foi ocupado polo
membro do equipo organizativo Agustín Dios Vigo que desempeñou coa
dilixencia dun bo pai de familia e a rectitude dun ordenado
comerciante como corresponde a un directivo bancario,coa eficacia e
solvencia que demostrou ao longo de toda a súa dilatada vida
profesional.
Ao mediodía despois de
recoller aos compañeiros de Santiago, con temperaturas agradables,
sol radiante pero sen moita forza, presentámonos nos arredores do
Mosteiro de Armenteira. Alí nos esperaban os anfitrións señores
Seco,Senín e García Ferro.
Amais da documentación
que por fascículos non foi enviando o admirado e admirable
Eduardo,para este medio, tamén nos facilitou o tamén apreciado e
querido Senín información valiosa sobre as Rías Baixas e mais a
que nos proporcionou de modo sintético unha guía turística,
axenciada por el, sobre o Mosteiro que nos foi mostrando de forma
ordenada como corresponde a unha profesional.
Como a Igrexa do
Mosteiro é parroquial e había programado un enterro e unha voda
tiveron que cedernos as monxas cistercienses a súa capela, na
clausura, para celebrar a Misa. Presidiu a celebración eucarística
o noso compañeiro Fernando Ledo facendo de acólito o ben querido
Cutrín e de sochantre García Ferro que se mantén nunha forma
envexable e,como dirixente da parte musical, deixounos a moitos
unha inmellorable impresión. Non faltou unha crítica puntual,sen
moita importancia,de compañeiros cunha traxectoria musical
considerable como Caamaño Calvo, por non ter acordado por consenso
previamente o repertorio.
Debemos este ano
congratularnos de non experimentar ningunha baixa. Que se manteña.
Hai un momento,no que se fai referencia aos que nos deixaron, que
nos estremece a todos. Pasa da vintena. Para o ano que ven deberiamos
dicir o mesmo. Amen.
Finalizada a celebración
litúrxica realizamos a foto de familia. Velaí a tendes.
Falta o autor que non
foi outro mais que o oficial Barral. Os que este ano non puidestes
asistir , sodes os destinatarios desta crónica de urxencia,seravos
fácil imaxinalo facendo a foto coa súa cámara e mais a dos que lle
confían a súa para que el a dispare coa mestría que o caracteriza.
Vou apurar un pouco para
non torturar aos posibles lectores como Pablo Payo, Outes
Ruso,Felpete Sánchez, o meu homónimo García Pais, Vilariño e
todos aqueles que soamente faltan por forza maior.
A saída para o
restaurante dos familiares de Olveira que nos atenderon moi ben e
agasallaron cun bo xantar foi conforme ao previsto. no propio
autobús,todos os compoñentes do grupo que pasariamos varias horas
dende os preámbulos ou aperitivos, o xantar de días de festa con
mariscada variada,apetitosas ameixas,peixe,carne e doces regados con
viños brancos e tintos,cafés e e licores variados en abundancia.
O acordo final
foi,seguindo a ruta dos Mosteiros facer a do ano vindeiro e Sobrado
dos Monxes,non pasando desapercibido o recurso memotécnico de
“Desván de los Monjes”para non esquecerse.
Aquí remata esta
crónica de urxencia. Posiblemente teñamos outra con documentación
gráfica,tipo reportaxe,para memoria colectiva na que aparecerán
outros comentarios atinados sobre este efemérides que foi todo un
éxito.
A foto que aparece fíxoa Barral coa miña cámara, con
batería baixa, que xa non abría para realizar ningunha mais. Para a
seguinte ocasión revisareina a noite anterior que é o que se debe
facer sempre .Para todos,tanto os presentes como ausentes,un
afectuoso saúdo. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario