A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís
viernes, 8 de junio de 2012
AGRADECEMENTO
Quería agradecer os compañeiros que se personaron no enterro da miña nai e aos que por disitintas circunstancias lles foi imposíbel asistir.
Ledo foi o artífice de achegarse o blog coa nova e os pormenores de como chegar o Tanatorio e a Pardemarin, e logo foron moitos os
que se achegaron dende a Coruña (Dios,Dans e Rafael que tamen se encargou de espallar a nova), de Pontevedra (Senin e Seco) e Tacón e Caamaño
que viñeron dende máis preto. Luciano falou dende as Canarias e Alfonso mandou o pèsame dende as terras de Lugo.
A miña idea era non comunicar o evento pra non complicarlle a vida a ninguén, pero Conchi xa lle puxera un correo a Ledo
e a Rafael.
Foi un gran sacrificio por parte destes amigos, pero pra min foi unha grande emoción velos alí nese momento tan significativo.
Gracias Compañeiros. Muras
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario