Procederei,en
primeiro lugar por se me esquezo,a felicitar aos “Antonios” que
accedan a este encerado. Hoxe están de días. Case todos festexan a
San Antón de Padua. O outro e San Antón abade protector da vida do
reino animal. O de Padua é un dos santos,e mira que hai centos, que
non falta a súa imaxe en calquera das Igrexas parroquiais ou anexas.
Aínda o comentei con Manuel Dans o día que asistimos as honras
fúnebres pola nai (en paz estea) do compañeiro Iglesias Muras. No
retablo da Igrexa de Pardemarín, un a cada lado, están o San Antón
e o San Roque.( Se alguén sabe cal é a razón pola que se festexan
en case todas as parroquias que o conte agora que comeza a época das
festas patronais.).Eu supoño,pero é un supoñer, que sería a manía
dun bispo ou de varios. Acórdome do que contaban os cregos de
Mondoñedo,dun bispo D.Jacinto Argaya Goicoechea,de Varea de Bidasoa,
que tiña a fixación de que os cregos tiñan que montar nas súas
parroquias as Fillas de María. Que se ocupasen diso que era o mellor
apostolado que podían facer. Os cregos escarallábanse. O bispo
pamplonés inocente ignoraba a connotación de montar que se ten na
Galicia rural desa palabra. Como sempre as palabras non son
inofensivas.
Farei
hoxe un comentario sobre algo que xa leva varios días sendo
noticia,cousa rara nestes tempos que as noticias se acaparan un
telexornal o minuto seguinte ou,ao mais tardar ao día seguinte,xa
son historia. Refírome ao Presidente do Consello do Poder Xudicial e
ao mesmo tempo do Tribunal Supremo señor Divar. O anterior D.
Francisco José Hernando Santiago,era dos que,de viviren no
s.XVIII,se sentaría na Asemblea Nacional Francesa á dereita do
hemiciclo cos que estaban en contra dos principios e dereitos da
revolución:Liberté, égalité, fraternité
que aínda hoxe é o lema oficial da República francesa. Durante a
ocupación alemana trocáronllo por “Trabajo, familia, patria”
que a todos nos foi moi familiar, sumando tradición e propiedade,
durante anos. Todos os países tiveron a súacurta ou longa noite de pedra.
Pois
ben ese D. Francisco, estivo até o 2008, representou o papel de
protagonista en cantidade de portadas de periódicos e abriu
informativos por negarse a comparecer no parlamento,emitir informes
que ninguén lle pedira sobre o estatuto de Cataluña e varias leis
polémicas e mais polas guerras cos do Constitucional que lle
tombaban sentencias. Cando este Divar, proposto polo PSOE e aceptado
polo PP, o nomearon,nos ámbitos xurídicos e xudiciais,sorprendeu a
todos. Transcendeu que era un numerario do Opus Dei e ademais da
Adoración Nocturna,conferenciante asiduo na Diocese de Madrid,amigo
de Rouco e asiduo visitante de Terra Santa. Viña da Presidencia da
Audiencia Nacional e toda a vida de Xuíz a realizou no Pais Vasco.
Parecía un home dotado da virtude da prudencia. De feito mentres non
saltou a denuncia polos gastos en fins de semanas caribeñas pasou
desapercibido.
Cando
transcendeu á prensa e lin a nota na que se exculpaba manifestando
que os 6.000 Euros eran unha miseria xa me pareceu que este home non
tiña os pes na terra. E solteiro,gaña 130.000 Euros que van para a
Opus como lle chaman eles. Quedaba como un fidalgo cabaleiro se os
ingresa na Caixa de Depósitos do Estado e recoñece que ben pensado
foi un error e di como El Rei esas 16 palabras que deron a volta ao
mundo:”Lo siento mucho. Me he equivocado. Y no volverá a ocurrir”.
Agora
todo o que se publica das ceas románticas co xefe dos escoltas e as
facturas que van engordando,de seis mil euros xa andan nos trinta mil
non fan mais que desprestixiar a administración de Xustiza que xa
non estaba sobrada de honra e boa fama...unha pena, peniña pena...
Agora
cunha querela encima,toda unha sala de 14 xuíces contaminada por
acordar non admitila,con dous, polo menos votos, particulares en
contra que fundamentarán e transcenderá o seu contido o conxunto de
xuíces honrados e honestos, por sorte hai moitos, ándalles a moral
tirada polo chan. Espero que hoxe mesmo ou mañá presente a
dimisión. Eses cargos non se poden ostentar portando
un traxe con lamparóns de graxa e sucidade.A dignidade do cargo o exixe. Terá a “potestas”
como dicían os romanos pero si lle falta a “autoritas”farán
burla del como facían os criados dos seus señores cando eran uns
cantantes en sentido figurado.
Remato
poñendo unha nota de humor. Dúas estampas moi elocuentes por si
mesmas.
Para
a próxima,hai abundante materia,escribirei algo sobre o Vaticano que
leva xerando ben titulares nestes últimos tempos. Parece que todo se
solucionará favorablemente e que a Paoleto. fámulo do Papa ,o
acabarán indultando.
N.B.
Para Eduardo Seco que mire aquí para informarse da novela que xa
escribiron sobre o roubo do Calisxtino.
Publícase a primeira novela sobre o roubo do Códice Calixtino .
Parece que a policia sabe
quen o ten. Espera que o entregue voluntariamente. Que atenda o rogo
do arcebispo que xa lle pediu encarecidamente que o devolva e non o
fixo. Saúdos a todos.Rafael
Que gran noticia si se confirma la aparición del Códice Calixtino.
ResponderEliminarLo que no entiendo es que, si la policía ya sabe o sospecha de quien lo tiene, ¿ cómo es que no interviene ya un juez dando la orden de registro ?
¿ O es que tienen miedo de que lo destruya ?
Saludos
Antonio
Es moi perspicaz Antonio.Parece que esa é a razón pola que non se resolve xa o caso.De todos modos o corpo superior de policia ten uns magníficos profesinais e acabarán buscando a forma de resolvelo.Sospeito de que temen tamén que transcenda os malos rollos que se traen dentro do cabildo.Pasan en todos os grupos moi pechados e cunha convivencia intensa.Saúdos Antonio.
ResponderEliminarPois, si hai malos rollos, que salten tamén eses malos rollos. O que non se pode permitir é que, por tapar os trapos sucios de algúns, a nósa sociedade perda o Códice Calixtino. Cansos estamos de tapar a algúns indeseables, que non son merecentes de quen ninguén os tape.
ResponderEliminarE, engadir, hai moitas maneiras de actuar pa sorprender a un suposto delincuente, cando as sospeitas son fundadas, e que o sospeitoso poda ser o autor do roubo.
A premura tamén é moi importante.
Antonio , saúdos pa todos.