SOMOS
Esperando
Se non podemos cambiar o país, nin a comunidade de veciños, podemos cambiar de conversa para cambiar de humor. Podemos darlle a volta ao calcetín e fixarnos en persoas e organizacións que traballan a prol dos máis necesitados.
A lei de Murphy -deus do pesimismo- está compensada pola lei antimurphy. O outro día lin nunha furgoneta de reparto: “Se algo pode saír ben, sairá”. Convirtamos o esperpento en esperanza.
SOMOS
O 8 de xuño celébrase o Día SOMOS.
SOMOS é un agrupamento de moitas ONG para:
- Fomentar a solidariedade na sociedade en que vivimos.
- Valorar todo o que os colaboradores das ONG fan cada día.
“As persoas axudamos porque somos quen de sentir e de poñernos na pel dos máis. Axudar crea felicidade persoal e colectiva”.
Para o 8 fan esta invitación:
SAE Á RÚA CUNHA PRENDA DO REVÉS.
DEMOSTRA QUE PODEMOS
DARLLES A VOLTA ÁS COUSAS.
Se queres un mundo mellor,
empeza por darlle a volta.
Información en:
SOMOS
UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO
Premio FAO
Mans Unidas, integrante de SOMOS, recibiu hai pouco o Premio FAO España 2012.
O xurado recoñécelle a actividade solidaria durante 52 anos. Tamén valora a súa resposta ao chamamento da FAO para loitar contra a fame no mundo.
Biblia
Lendo a nota rigorosa que pendurou Rafael sobre o número 3 na Biblia, acordeime dun libro que acabo de ler:
Protoevanxeo do neto de Herodes. Bernardiño Graña. Xerais. 2006.
É unha reinterpretación da Biblia partindo dos evanxeos apócrifos e eludindo a ortodoxia dos dogmas. A novela narra, a través de María e de Xosé, o período que vai desde que María ten 14 anos ata que Xesús cumpre 12.
Saúdos.
Eduardo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario