Apareceu
o “Códex Calixtinus”. Tiña razón o anterior dean. D .Xosé
María Díaz que o que o levou sabía onde estaba, sabía do seu
valor e coñecía a Catedral por dentro como se fose a súa casa.
Penso
que hai veces que a realidade supera á ficción. A mellor novela que
se poida escribir terá que reproducir a realidade tal como aconteceu
con verosimilitude e con pouca imaxinación e o guión terá o máximo
interese. Veredes como tardará pouco en haber película e mais
novela histórica. E para alegrarse. Esa xoia de valor incalculable
sería unha pena que desaparecese.
A
arcebispo tampouco andaba moi errado cando pedía encarecidamente a
quen o tiña que o devolvese. Seguramente que o que cometeu o furto
lle bicou moitas veces o anelo. Mañá a prensa daranos moita
información. Polo que se sabe hoxe foi unha sorte que o xuíz de
garda Vázquez Taín, afeito a rexistros minuciosos para atopar a
droga agochada, lle tocase a el facer o rexistro porque entre
escombros mandou mirar e para sorpresa alí estaba.
Dará
no futuro moito que falar e correran tinteiros de tinta. O xuízo
acaparará a atención dos medios. De momento a esperar. Para a
prensa ten morbo. Saúdos para todos. Rafael
Canto me alegra este noticia, amigo Rafael. Estou tan feliz, como se me houbese tocado a lotería.Hoxe é un gran día pa Galicia,pa España e pa toda xente de ben.
ResponderEliminarUnha aperta
Antonio Puertas