Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 10 de julio de 2012

VIAXE A LOURDES

Pois sí, amigos, fixen unha escapada a Lourdes. O caso é que rematei o curso tan cansado que para airearme un pouco decidín fuxir de luns a venres nada máis; así non tiven que recargar a un compañeiro nin tampouco deixar ós fregueses sen Misa dominical. Xa fai tempo que me roldaba a idea de ir ao santuario francés dado que os meus compañeiros da bisbarra estiveron aló case todos nalgunha ocasión. Fixen a viaxe de "incognito", no meu coche e acompañado por un amigo tamén xubilado de Correos. Adicamos dous días e medio a percorrer as tres capitales vascas e incluso visitamos Gernika. Tamén durmimos tres noites noutros tantos hoteis de Euskadi. Teño que dicir que esta foi a parte máis gratificante da excursión. Encontramos unha xente amabilísima e moi educada, falando castelán en tódolos sitios, inclusive nas tascas donde entrabamos con frecuencia fuxindo das altas temperaturas que nos acompañaron. Con gran sorpresa vimos a bandeira de España en tódolos edificios onde estaba a ikurriña, e por igual nas tres capitais. Esto impactoume bastante, despois de viaxar po Cataluña fai un par de meses e non ver outra bandeira agás a catalana; alí unicamente vin a española nas delegacións do goberno estatal. Tamén observamos no percorrido polo interior da Vizcaia e Álava que a apariencia dos pobos rurais é de ter un nivel de vida bastante superior a ós demáis pobos rurais do Estado.
Cando pisamos territorio francés era a hora de xantar, para nós, e por un despiste meu non saímos da autoestrada en Irún para comer. Paramos na primeira área de servicio e ao entrar no restaurante dixéronnos secamente "se finí", porque eran as 13,45 e a hora de comer rematara as 13,30. Non nos ofreceron nin un anaco de pan duro; solo bebidas. Como o mesmo sucedía en tódalas estacións da autoestrada, non tivemos máis remedio que seguir hasta Lourdes a pau seco. Aló chegamos as catro da tarde con 35 graus de calor pero unha sensación de corenta e moitos polo alto nivel de humidade que disfrutan naquél pozo rodeado de pirineos. Estoicamente agardamos que chegasen as 7 do serán para que nos ofreceran algunha bazofia que cear nalgún dos poucos bares asequibles ao noso poder adquisitivo. Entre que non entendiamos a maior parte do que poñía a carta, e que o persoal non falaba español, decidímonos por platos combinados que aparecían coa correspondente foto. Total que pagamos moito máis polas cervexas que pola comida cativa e escasa. Pola contra o hotel era moi bo e refrixerado hasta o punto de ter que botar unha manta na cama para evitar un constipado; pero calamos a boca porque a temperatura non se controlaba nas habitacións e podía darse o caso de que, ao non falar o noso idioma, o remedio igual era peor ca enfermidade.  Tocante ao Santuario de Lourdes e o tinglado alí establecido, teño que dicir que me levei unha enorme decepción. Xentiña por milleiros movéndose en riadas. bastante desorden, escaso silencio, moito espectador pasivo, moito turista alleo ao tema relixioso, moito mercantilismo e bastante superstición. Non me cabe dúbida de que moita xentiña estaba alí con sinceiro espíritu de fe, pero a gran maioría non o aparentaba. A min acordábame moito a pasaxe evanxélica de cando Xesús chega ao templo de Xerusalén e encóntrase con un mercado en vez de unha casa de oración.  Non voltarei a pisar aquél lugar nin o recomendarei a ninguén. Prefiro mil veces a Fátima portuguesa. Ao día seguinte, de mañanciña, fuximos de cara a nosa terra atravesando a cordilleira por Somport e "non nos detivemos a saúdar a ninguén polo camiño" hasta chegar a Jaca; alí respiramos aire puro e xantamos como Deus manda para esquencer a miseria franchuta.
Agora que xa vos fixen rir un pouco, e cambiando de tema, ao chegar de volta á casa atópome co esperpento da recuperación do Códice Calixtino. A catedral de Santiago semella nin máis nin menos que unha igrexiña de aldea rexida por un fato de cregos paduanos que viven na inopia. Resulta que os cartos dos petos íanllos levando metódicamente o electricista e algún máis, namentras eles se conformaban coas sobras; e iso por máis de vinte anos. Semella que tales petos catedralicios son auténticas minas de ouro, xa que chega dabondo para todos. O delincuente posúe chaves de tódolos recunchos, incluíndo a chamada caixa forte e os paspáns non se enteran.  Por outra banda, e para rematar o sainete, ven o Rajoy a facerse a foto coa entrega do libriño coma si él tivera algo que ver no asunto. Claro, coa que está caendo e co seu brillante papel na marcha do país, non anda moi sobrado de oportunidades de facerse fotos optimistas. "Ubinam gentium sumus; quam rempublicam habemus", ¡Canta razón tiña Cicerón!.   Fernando Ledo.

1 comentario:

  1. Precioso,fermoso,bonito e belo relato Fernando.Moito me alegrei de que nos contases esa experiencia viaxeira ao pais dos gabachos que nos pintaba D.Pio como a bela France.Onde todos eran educadísimos e pedían "pardon" a todo o mundo.No tocante ao Códex Calixtino a min o que me parece unha falta de delicadeza inmensa é que o Arcebispo nese acto civil coas autoridades non tivese unha palabra de petición de perdón aos peregrinos que deixan as súas esmolas pensando que son,como dicia algún cepillo"pan de los pobres"e o pouco coidado que se puxo en administralo dun modo tan neglixente.Un saúdo Fernando e bo verán.Rafael

    ResponderEliminar