Así se chaman unhas
mensaxes,non poden exceder os 140 caracteres, que desde hai pouco
mais de dous anos inundan as redes,tanto en twiter como en facebook.
Son un modo de comunicación simple e curta (Suxeito,verbo e
predicado con algún complemento circunstancial) que transmiten
telegraficamente a idea principal e que,nos mais mozos, supoñen o
meirande medio de comunicación social. Isto ven a conto polo final
do que nos deixou Eduardo na súa,como sempre,interesante
comunicación .Non te desanimes Eduardo. Alguén ten que ser o
animador dos blogs. Onde hai dous ou sete que colaboren, con certa
asiduidade xa,por si mesmos, fan que sobreviva. O de dous ou sete e
tomado de aquela anécdota que atribúen a Acuña Garrido que lle
preguntou o finado de D. Manuel Bugallo se estudaba moito cada día e
respondeulle: Verá D. Manuel: “diariamente unas dos horas o
siete”.
Volvendo ao principio
remata Eduardo escribindo: Saúdos e a descansar. Sería un twiter
exemplar (dicir moito coas mínimas verbas) Hai algún tempo,non sei
onde, lin que a Biblia estaba inzada de Twiters. O que pasa é que os
estudosos chámanlle versículos desde o século XVI. “Nihil novum
sub sole”Pois indo ao rego,outra vez, ese twiter de Eduardo
recordoume o que nos contaba profusamente, a tempo ou destempo,cando
alguén llo preguntaba D Antonio Villasante (d.e.p.) sobre se os
cóengos eran de institución divina ou humana. Sorría mostrando un
dente,o primeiro premolar ou o segundo era de ouro,e con satisfacción
pontificaba que,sen ningún xénero de dúbida,eran de institución
divina. Os instituíra o mesmo Xesús Cristo cando, segundo Mateo
26:45 :Entonces vino a sus discípulos y les dice: Dormid ya, y
descansad; he aquí ha llegado la hora, y el Hijo del hombre es
entregado en manos de pecadores.”
Desde ese preciso instante,conforme á teoría de Villasante quedaron
instituídos os cóengos de todo o mundo incluídos os de Roma ,os De
Santiago e o resto das urbes do orbe.
Os
de Santiago pasarán a historia,coa súa cruz característica,a
traveso das películas que se farán sobre o Calixtino. De momento
xa hai un vídeo, como os que nos manda Vilariño, que realizou un
coruñés do mundo da farándula Paco Lodeiro e que non será o
derradeiro :Podedes velo aí:
Escribo
para rebelarme contra o Twiter de Eduardo. Poñer un alto no
descanso. Non vaia a resultar que nos nomeen cóengos de graza, aínda
que sexa honorarios, e non están os tempos como para oufanarse
mentres non pasa a poeira e rebulicio que levantou o roubo do
Calixtino.
Para
rematar hai que dicirlle a Puertas que nos conte o que pasou na
procesión do día do Carme en Camariñas que houbo que pedir auxilio
para regresar ao porto.
E
aos demais que se asomen a esta páxina colectiva que non enfermen de
medo. Levamos xa moito tempo desde que D.Mariano estivo na Coruña,en
campaña electoral,onde nos prometeu a felicidade se o votabamos.
Desde aquela non tivemos mais que malas noticias e desgrazas para os
que van perdendo os postos de traballo e mais os mozos que son os
perdedores desta sociedade insolidaria e inxusta. A ver se o Patrón
das Españas, segundo a letra do himno, das dúas que cantaba Antonio
Machado e Miguel Hernández, nos trae algo de alivio a tanta desgraza
que veu para quedarse conforme anuncian os dirixentes que nos
gobernan.
Deica
a próxima e cos mellores desexos para todos. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario