No antevéspera do día
do Apóstolo Santiago vou deixar un video que anda pola rede e que a
min me gustou. Supoño que a idea estará sacada de aquel
patriotismo, dos primeiros anos da ditadura, no que sobre todo os
militares se escoitaban o himno nacional debían de poñerse de pe,
en actitude de saúdo,mentres non remataba,fora cal fose o sitio no
que se encontrasen.
Que quede constancia da
importancia do día para seguir avanzando na conquista do noso
destino. Como estes anos inmediatos foron nefastos para os signos
propios que nos pertencen como galegos,non por iso debemos deixar de
celebralo,para con forzas seguir loitando pola lingua,pola cultura e
pola solidariedade social. Podedes velo aquí:
Aproveito para saudar a
Ledo polo bo artigo,como sempre, que nos deixou. Esta tarde fun a
praia,estivo aquí na Coruña un día excelente,macanudo diría un
arxentino,e lendo o Pais viña un artigo co mesmo encabezamento:'Quousque tandem' | Política | EL PAÍS
Xa ves que te plaxiaron.
Pero non sería aconsellable que preitearas con Enrique Gil Calvo.
Tardarías moitos anos en ter unha sentencia na que che deran a
razón. Xa ves o que lle pasou a María do Carme Formoso que
presentara, a un concurso, unha novela:Carmen,Carmela,Carmiña
e que Planeta lla pasou a D. Camilo José Cela que,cuasi fusilándoa,
no ano 1994 ganou o premio Planeta coa novela “La Cruz de San
Andrés”Grazas a que tiña un fillo avogado e pelexou como un
gabato contra Cela e mais Planeta e no ano 2010,dezaseis anos
despois,déronlle a razón e condenaron a Planeta porque Cela xa está
dando malvas debaixo dunha lousa, parecida a de Valle Inclán, no
cemiterio da Colexiata de Iria Flavia.
Se tiveches a paciencia
franciscana,como do Senín,de ler esa andrómena que me saíu sobre o
plaxio de Cela es un vir bonus que mereces unha laudatio. Poia nada a
seguir o mellor que se poida. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario