Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 7 de septiembre de 2012


MUXÍA

Mar e vento configuran 
un corpiño na montaña,
remexendo os seus cimentos
e socavando a súa entraña.

Vea furada por dentro,
nove voltas nela bastan
pa que se amañen os osos 
dos romeiros que xa saltan.

Gaiteiros e raparigas
entoan coplas e cantan;
brincan ó son de pandeiros
e dos foguetes que estalan.

A Señora en trono d´ouro
arrima a toda a comarca,
e a vila garda o tesouro
que ven a Muxía en Barca.

A Pedra tomba co ceo
e os diaños liscan da alma,
sorrí a Santa aos festeiros,
que, ata o día, non van a cama.

Antonio Puertas.



FESTAS DA BARCA 2012...Un agarimoso saúdo á terra do meu benquerido pai.

4 comentarios:

  1. Nótase que manán é a Nosa Señora da Barca.Boa festa rachada e todos con sentidiño para que non se magoe ninguén.Xa nos contarás como foi todo en "Desván de los Monjes".

    ResponderEliminar
  2. Si señor; a festa dos corviños, os nosos veciños.Hoxe, xa che conto o que che von contar no " Desván dos Monxes ": a miña dona ten a culpa de tódolos meus males...recado tras recado; vareazo tras vareazo,sic transit a miña tristuración.

    ResponderEliminar
  3. Pois Antonio resiste e non dimitas da túa dona.Elas son as nais da vida.Que fariamos sin elas?.Que sería de nós?.Quen,"sine qua non" nos axudaron a traer os fillos a este mundo.Xa non sei en que festividade, nunha epístola,en latín, se lía: "Mulier fortis quis invenerit".Sanmartín Ovelleiro que estaba ao meu lado na capela díxome: Como sigamos aquí nunca.Xa estamos na novena do día da convivencia así que a festexalo nese día como corresponde.Agu
    stín Dios xa ten unha ducia apuntados de aquí da Coruña así que emtre os de aquí e os de alá seremos unha morea como sempre.Saúdiña e verémonos no faiado dos monxes.

    ResponderEliminar
  4. Si o sí...Xa todos sabemos que home casado nin muller é...Cando te ergues da cama, es un verdadeiro revoltixo de ideas enmarañadas sin xeito nin orde. Tiras da primeira que se che ocorra, e levas un pau; tiras de outra, e levas dous...e, non tiras de ningunha, e levas unha malleira...¡ Que doado é dicir o que non se sabe...

    ResponderEliminar