Entrei no noso encerado e
ao ver que aínda existe alguén que se acorda de deixar algo para
xeral coñecemento animoume a deixar unhas reflexións sobre un libro
que rematei hoxe mesmo de lelo. E unha maneira de cultivar o que
queda da lectura dun libro e poñelo en común por se lle servisen de
algo a outros. Non é outro o sentido que teñen en todas as revistas
e periódicos as recensións que se fan.
Andamos pondo fin ao
estío e mais ao tempo oficial de vacacións. Por fin rematei a
lectura do libro de Paul Preston que leva por título.«El
holocausto español»,Creo que foi Fernando Ledo o que nos
dixo que andaba tamén atrevéndose con el. Non resulta fácil. Ten
case que oitocentas páxinas. Duascentas e algo son de notas que non
están a pé de páxina. Están ao final. O título responde as
atrocidades e violencia que houbo na España do ano 36 e sucesivos.
Tanto a represión republicana como a franquista de antes e despois
da guerra civil. O título completo é:«El holocausto español,
pautas de exterminio durante y después de la Guerra Civil».Leva
pouco mais dun ano publicada a tradución ao español.
Ninguén discute que é
un dos principais estudos feito con rigor histórico desa época.”
«el relato apasionante y trágico a la vez sobre la durísima
represión» que tuvo lugar durante toda la Guerra Civil, tanto en el
bando republicano como en el franquista” Segundo destaca o xurado
do premio nun comunicado:Premio
de Historia de Cataluña Santiago Sobrequés i Vidal.Tivo
varios premios. E Príncipe de Asturias de Historia Contemporánea
española e director do Centro Cañada Blanch para o Estudo da España
Contemporánea da London School of Economics.
O
autor non é un calquera. E doutor en Historia pola Universidade de
Oxford. ( Dicía o noso profesor de Latín en 3º de Humanidades D.
Alejando Carou que había moitas universidades pero ante a de Oxford
había que quitar o sombreiro. O mellor do mellor. Parece que algo de
razón tiña. E das mais antigas. Vede:
Universidad de Oxford - Wikipedia, la enciclopedia libre
Sempre que se fala da
Historia desa época,cadaquén conta a súa maneira,aparecen as
matanzas do bando republicano,xa declarado o Estado de Guerra,como a
cometida en Paracuellos do Jarama coa implicación directa,a xuízo
do autor,de Santiago Carrillo. Destaca literalmente de Carrillo:"Sus
mentiras son tan infantiles, es una ridiculez decir que no sabía
nada de los hechos",Explica que era,pese a súa
xuventude,pouco mais de vinte anos, o responsable da orde Pública
que
nomea a Segundo Serrano Poncela como Director de Seguridade que é
quen organiza as sacas. E a mais grande atrocidade cometida en
territorio republicano.
Pero
tamén dito isto precisa que a represión organizada por un e outro
bando foi,tanto pola cantidade como pola calidade,en termos xerais a
violencia dos golpistas foi aproximadamente tres veces superior á da
zona republicana a non ser en Madrid onde se trocan as cifras de
mortes.
Preston
espera que a súa obra sexa un grao de area para a reconciliación e
que nunca se utilice como armas política. Toda sociedade precisa
recoñecer e coñecer o seu pasado para non volver a repetilo.
Critica que moitas investigacións de un e outro lado son nesgadas e
acostuman a estar feitas para utilizarense como armas políticas.
Confesa
Paul Preston que escribir esta obra,foi para el un gran reto,
levoulle mais de vinte anos de traballo. Tivo que ler mais de mil
libros. Da conta diso o volume de notas de onde está sacada toda a
información documentada que aporta.
Se
pon un o nome do título do libro ou o do autor en google aparecen os
comentarios que suscitou na prensa e como os distintos
periódicos,incluso da dereita mais extrema, lle recoñecen o valor
da independencia e da obxectividade.
Ai vaui algunha pero son incontables:
Paul Prestón habla de su libro "El holocausto español.Odio y - Blogia
España masacrada | Edición impresa | EL PAÍS
Paul Preston cree que "Franco nunca pensó en la reconciliación
Paul Preston: «Las mentiras de Carrillo sobre la matanza de - ABC
Teño
que confesarvos,como cando se facía de modo habitual,tempo hai,que
me custou moito lelo. Precísase tempo e vagar e ademais
concentración. Levoume horas e horas. Os días de praia era cando
mais avanzaba,.Para coller o fío tiña que volver a ler unhas
páxinas para atrás para situarme e entrar en materia. Pero como
digo no título paga a a pena. Sempre nos dixeron que a historia é a
mestra da vida e niso non nos enganaban. Se para alguén lle vale
para algo ben e se non tamén. Deica a próxima vez. Saúdos para
todos que logo nos veremos. Xa Andrés puxo,como sempre, a camiñar a
intendencia para pasar ese día xuntos que este ano esperemos que non
falle. Rafael.
No hay comentarios:
Publicar un comentario