Neste día segundo do
ano celta que se iniciou na noite do Samhain escribirei algo sobre o
que acontece nesta suciedade e que xa,vacinados, nin nos altera nin
nos da frío nin quentura.
O título é alongado e
semellante a aquelas teses que viñan nos textos de Teodicea ou
Psicoloxía Racional que eran,mais ou menos,do teor literal
seguinte:”Passiones qualescunque sint in animali non sunt in anima qualiscunque sit, sed in corpore quod sub
...... “
Como vedes era un arquetipo de
información e formación. Débese ter en conta que xa os
romanos,inventores do dereito latino, prevían que as normas habería
que interpretalas conforme a realidade social do tempo en que deban
de aplicarse.
Pois indo ao fondo do asunto trátase
de comentar unha resolución- sentencia do Tribunal Supremo ditada hai uns días
pola que desautoriza unha práctica corrupta que se daba nas Notarías
de toda España que supuxo un fraude cifrado
en case 100 millóns de Euros cada ano desde o ano 2007 ata o mes de
Maio pasado.
No
2007, Zapatero non fixo todo mal, acordou nun R. Decreto que os
Notarios e Rexistradores da Propiedade non poderían cobrar cando se
cancelase unha hipoteca mais de 55 Euros,notarios e 24 os
rexistradores. Estes ,a pesar de que a lei era tan clara como a
auga,entenderon pola súa conta que solo afectaba a aquelas hipotecas
que cambiaban de banco ou de hipotecado, o que en dereito se chama
subrogación ,e non ás outras.
Por
tanto seguiron cobrando por conceptos tan chuscos na factura como os
seguintes:
Información
do rexistro .....24 E.
Fax
de comunicación..........30 E.
Certificado
de cargas..........24 E
Dilixencia
de catastro.........18 E
Certificacións
bancarias.......60 E
Busca
de antecedentes........60 E
E
así despois de denuncias da OCU seguiron actuando estes insignes
cabaleiros, dignos de respecto e admiración pola xente do común,ata
o 11 de Maio pasado en que o goberno nun Decreto Lei incorporou unha
transitoria que lles permite cobrar en función da contía do
préstamo e nunca menos de 90 Euros.
O
Presidente Rajoy quedaría mal se non tivese un detalle cos seus
colegas rexistradores e mais cos notarios. Xa vedes que como dicían
aquelas pintadas nos WC públicos: “Por mais guapo que un sexa,aquí
o que non caga mexa”. Por poñerlle unha pinga de ironía Isto que
escribo é un desafogo que non ten outra utilidade mais ca ,se neste
tempo de 2007 a 2012 tedes ou coñecedes alguén que cancelase a
hipoteca,que comprobe como lle estafaron,roubando con engano, uns
persoeiros que como mafiosos se puxeron de acordo para delinquir e
que non irán a cadea e seguirán sendo honorables e respectables.
Para
quen queira saber mais:
Pois
mais nada .Saúdos aos bloganos que non se desaniman. Especialmente
para Málaga,para D. Miguel,estivemos de Santo o mesmo día,que
prometeu que unha vez xubilado e pensionista nos contaría moitas
cousas da súa rica vida social e de colaboración cos que o
necesiten.
A
ver se D. Eduardo sanda e tamén nos conta cousas interesantes. A
Andrés Amboage que nos deixa unhas acertadas reflexións dignas dun
bo alumno de Méndez Palleiro que nos ensinou as regras dos
siloxismos que axudan a descubrir as demagoxias imperantes e
rampantes. E aos demais, cando teñan tempo e ganas,que se asomen a
esta fiestra que case sempre está valdeira como é o título daquela
bonita obra do rianxeiro Rafael Dieste que estreara no outono do
1935,na que facía de D.Miguel o propio Castelao que tamén a
dirixía. Que teñades bo mes. Acordade o que dicía o refrán:
“Bendito o mes que comeza por Santos e termina por San
Andrés”.Rafael.
No hay comentarios:
Publicar un comentario