Díxenlle onte a Andrés
Amboage, mediante estes medios electrónicos,que hoxe escribiría
algo para deixar aquí e por tanto,como as promesas deben de
cumprírense,aí van unhas puntadas con fío de coser. O de bordar
deixarémolo para outras ocasións mais solemnes.
En primeiro lugar darlle
os parabéns ao mencionado compañeiro polo artigo intelixente e ben
razoado que nos deixou sobre a xornada de folga do dia 14 N. Como el
manifestaba as razóns eran de peso. Así o entendeu o conxunto da
poboación que acudiu masivamente a convocatoria. Polo menos aquí na
Coruña a manifestación que se realizou ao medio día botouse á rúa
media cidade e arredores.
Había unha cantidade
tan inxente de xente que moitos dos que acudiamos desde a Mariña,
cara á Palloza de onde saía, subimos ao viaduto a altura de Linares
Rivas e,dende unha situación privilexiada,observamos a multitude de
colectivos que participaron: Ademais dos sindicatos de clase había
colectivos de sanidade,de policía local e nacional,da axencia
tributaria,dos xulgados,do ensino,de servizos sociais,das empresas en
ERE,avogados,xuíces e moita xente de toda idade e condición.
Como hoxe nos podemos
auxiliar das imaxes ,valen mais que as palabras, aí van esas que
axudan a facerse unha idea:
¿Quen é o entrevistado?
Pódese ver aquí ou noutras páxinas da Internet:
E o terceiro ganduxo é
ofrecervos,para quen queira pasar unha hora e media aprendendo
algo,un documental que anda este ano pola rede a que acabará dando
os seus froitos. Explica de modo fundamentado,con argumentos
potentes,esta ola,xa vende vello,de neoconservadurismo económico, e
mais de ideas nas que se sustenta ,e que está facendo na sociedade
os estragos que xa ninguén ignora.
Despois de velo ninguén
queda indiferente. Polo menos con quen eu o comentei. Vese aqui:
E a cuarta e última
cosedura e algo de risa.
Pois nada mais. Saúdos
para todos. Que a vida vos trate ben e deica outra.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario