O mes que comeza con Tódolos Santos e
remata con San Andrés, algo debe ter ese santo pa que o lembren dúas
veces en apenas trinta días.
Eu penso que por mor de tanta friaxe,
de tanta aviaria e de tanto gripallo. O santoral axiña recorreu a
el pa que nos votase unha man, xa que, os demais, nada fan por
remediar os nosos males.
Exemplos da valía do santo milagreiro,
témolos “ comarea”
Xa o imán do noso Patrón, non senta á
esquerda, porque é de dereitas, e celebra o seu santo na estrema do
mes ( amiguíños si, pero non revoltos )
O conto ven de vello: mentres o
primeiro estaba a despregar as redes por estribor, o outro, dálle
que che pejo, que tiña que ser por babor; e, mentres a nai querería
deixar a todos eles atados e ben atados dentro da súa barca,
asentando a cada quen en seu lugar, o único que logrou, foi que
marcharan cada un polo seu lado ( “ nin pa ti nin pa min “
)...un pa poñente e o outro pa levante.
No fondo levábanse ben, e, tódolos
anos, vense na romaría de San Andrés de Teixido, Cada un, gabea
disfrazado entre toxos e silveiras ( pa gardar as aparencias ) mais,
sempre, por camiños distintos. Logo, na cima, confúndense nunha
gran aperta, e celebran o seu encontro con bombas de palenque. Aquel
estoupido, percorrendo de arriba abaixo as placas Americanas, e os
candís do Pacífico, nun alarde de grandeza competitiva entre irmás.
Aquelas impresionantes fallas, nada
teñen que ver coas de Valencia (bufidos de carneiro ) onde o
estrondo e o fogo, pasma ao mundo enteiro...Mais, sempre, gardando as
distancias e as aparencias, entre reviravoltas e miradas nesgadas de
bos irmás.
Por iso, non podo menos que ceibar este
FELIZ DIA aos ANDRESES que pululan por estes mundos cibernéticos, e
que poden estar fachendosos co seu santo.
Antonio Puertas
Bueno, un erro teno calquera. Iso de irmás, entendese como irmans na fe. Inda que eu, non decatei o erro, mentres non apareciu Rafael no encerado.
ResponderEliminarGrazas, pois, Rafael.Os anos non perdonan.
Antonio