No
día de hoxe,martes 29 de Xaneiro do ano que andamos,arredor das 11
da mañá reunidos en “petit comité”(Grupo pequeno de persoas)
os pensionistas ou xubilados seguintes: Manuel Felpete Sánchez,Manuel
Dans Couto,Agustín Dios Vigo,Alfonso Fernánez Barros e o que
subscribe Rafael García Ramos,na calidade de membros da Quinta
57,previa deliberación,despois de manifestarse cada quen como tivo
por conveniente,
ACORDAMOS
Que
tendo en conta os seguintes antecedentes:A) Que estamos no mes do
cocido que segundo os alcaldes da comarca do Deza para o presente ano
comprende do 15 de xaneiro ao 14 de Febreiro. B) Que é unha festa
declarada de interese turístico autonómico que foi declarada de
interese nacional desde o ano 2010. C) Que é xa unha tradicións
consolidada aproveitar estas datas para a xuntanza de inverno que
pasou nos últimos anos de festa local para os da área da Coruña a
festa xeral para a demarcación da arquidiocese compostelán. D).Que
o sentir xeral da comunidade, segundo o finado de D. Modesto Anido, é
criterio de verdade.
CELEBRAR
O
próximo día 7, do vindeiro mes de Febreiro,a comida de irmandade de
inverno no restaurante Valdeorras,sito na Rúa Anxo Senra,no paso marítimo do Burgo ao lado da superficie comercial Haley,onde se realizou xa no 2011.
Quedades todos convidados e avisados. Como non pode ser doutra forma a comida e as sobremesas,xunto con bebidas e licores,serán os propios da época.De todos modos se alguén precisase de dieta especial dicíndodoo con antelación,a Agustín Dios ou a min,dixéronnos no restaurante que sen dificyultade poñerían o que se lles pedise.
A partires da unha da tarde xca eataremos algúns no paseo do Burgo,pola zona da antiga Cros,para ir dando a benvida aos que veñan vindo.De estar bo día.esperemos,daremos o paseo matutino antes do xantar.A hora está fixada para as catorce e trinta.As duas e media.
Os que veñades avisádenos,ben por este medio ou por calquera outro,antes do Martes día 5 para comunicárllelo aos do restaurante o número de asistentes.Pois mais nada.Quedades enteirados.Saúdos como sempre da Comisión.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario