As Igrexas,no medio
rural sobre todo,eran os lugares onde cada semana se poñían na
porta,nun taboleiro ao efecto destinado, todas aquelas noticias de
importancia e interese para os fregreses. Eran xeralmente para avisar
do pago da contribución,dos cabodanos,da vacinación dos cans,as
amoestacións dos futuros contraentes e calquera outras novidades
que alterasen o descorrer monótono do fastío diario propio do rural
sobre todo en tempos pretéritos.
Despois desta
introdución que alguén,da escola purista de D. Alejandro, podería
cualificar de pedante,o que teño que anunciar, para público
coñecemento, é que o próximo Sábado día 26 de Xaneiro,ás 12 da
mañá, na Igrexa parroquial de Prevediños, pertencente ao
municipio de Touro,celebrase o cabodano da señora Lola,mai do noso
compañeiro Tacón.
Xa vai facer o ano que
acompañaramos a este compañeiro nese transo de despedira a unha
mai. Supoño que para el faríaselle longo. En xeral coincidimos
todos en que cada vez o tempo pasa mais rápido e rende menos. Como
dicía o párroco de Franza ,despois de cada enterro, “sic transit
gloria mundi”Non somos ninguén D. Rafael. El podía ser meu pai
pero sempre nos tratamos mutuamente de vostede.
Pois nada avisados
quedades. Eu penso ir e Alfonso Fernández Barros e posiblemente
alguén mais tamén. Así que poñédevos en contacto con nós,de
querer ir,para non queimar mais combustible do preciso. Xa vedes como
é hoxe en día a vida dos cregos. Era impensable hai anos que
puxesen un cabodano as 12 da mañá. Saúdos para todos. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario