Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 26 de octubre de 2013


MARCA ESPAÑA

Analizando
Esta análise complementa a síntese anterior.
Algún político iluminado soñou con Carlomagno nunha noite de bandullo cargado. Soñou tamén coa Marca Hispánica, pola que Carlomagno incorporaba Cataluña ( parte de Aragón) ao seu Imperio. Espertou o protagonista pensando que fora unha revelación divina, ao xeito dos soños de Samuel e de Xosé. Ducha fría, optimismo eurfórico e carreira para propoñer no Consello de Ministros a Marca España, como afirmación patria con toque de modernidadde neoliberal, como esencia dos valores (in)mutables. Aplausos, parabéns, campaña publicitaria agresiva e venda de fume patriótico coa Marca España, BIC, ben de interese comercial.
Abreviarei o invento coa sigla ME, sen ecos de rabaño lanar.
  • A ME foi unha xenialidade publicitaria de marketing economicista, para conquistar mercados, que son o último e definitivo dogma.
  • A ME foi unha ocorrencia, sendo benignos.
  • A ME foi unha rebaixa das esencias: “Unha. Grande. Libre” á categoría dunha multinacional.
O certo é que a ME está desprestixiada dentro e fóra do país.
- Os cataláns buscan a liberdade da capra hispánica, outra marca independente.
- A ME é unha chapuza, paradigma do xenio español, exemplificado na hemeroteca:
  1. Goteiras simbólicas no Congreso, con borrado previo no teito das pegadas do 23 F, menos ofensivas estas para a dignidade do Estado.
  2. Corrupción. Corrupción. Corrupción. Patriotismo de partido.
  3. Mentiras continuadas. Contradicións permanentes. Cinismo.
  4. Incumprimento de programa electoral, sabendo que era de imposible cumprimento. Aeroporto peonil.
  5. Financiamento ilegal de partido(s). Sobres misteriosos, ausencia de testemuñas.
  6. Posible fraude electoral.
  7. Institucións do Estado altamente politizadas que defenden intereses de individuos, de grupos ou de clases. TC, TS, CXPX, Tribunal de Contas que informa con cinco anos de retraso, tempo de prescripción de presuntas irregularidaddes
  8. Sentenzas xudiciais anuladas en tribunais da Unión Europea.
  9. Bebés secuestrados e vendidos. Xudicatura de brazos cruzados.
  10. Dopaxe: Operación Porto, Marta Domínguez, senadora popular.
  11. Medalla de ouro nos Xogos paralímpicos de Baloncesto con 10 xogadores sen discapacidade.
  12. Diñeiro roubado por ladróns ilustres intocables (non a banda de Eliot Ness). Diñeiro non devolto. Algún xuíz en apuros por ousar empapelar algún peixe gordo.
  13. Xustiza arxentina denunciando o que aquí está no fondo do caixón.
  14. Depósito submarino de gas, Castor, con terremotos “de baixa intensidade”.
  15. Desprestixio da Monarquía.
  16. Desemprego, emigración. Fuga de cerebros. Investigacón segada. Desahucios.
  17. Tres millóns de persoas en pobreza severa.
  18. España ocupa o lugar 188 en índice de crecemento.
  19. Crecemento en España de multimillonarios (13%), pese á recesión.
  20. Fraude fiscal a grande escala. Paraísos fiscais.
  21. Banca e inmobiliarias colaborando no aquelarre da desmoralización colectiva.
  22. Premio do Ministerio de Medio Ambiente a un chiringuito de formigón, construído sen licenza sobre a area de Matalascañas, cerca de Doñana; despois da denuncia do Seprona e da imputación do dono.
  23. “Os salarios non baixan, moderan o seu crecemento”. Palabra de ministro.
  24. “O meridiano de Greenwich pasa por Canarias e por alí seguirá pasando sempre”. Palabra de ministro.
  25. “Cando se fala de Fukushima, moitos fano con temor, pero é un temor infundado”. Palabras de Presidente ditas ao tempo que había fuga de augas radiactivas, amais doutros escapes posteriores con feridos.
  26. Fiasco de Madrid 2020. Inglés a parte, contradicións en castelán: “A derrota supón unha vitoria”, presidente do COI español. “Un proxecto podémolo perder, pero nunca nos poderán derrotar”. “Non volveremos presentarnos porque xa lle sacamos todo o beneficio posible ao proxecto olímpico”, palabras de alcaldesa e de Botella.
  27. A ME é unha wertgoña imposta con gallardonía e sufrida con devoción/ resignación mariana.
Nestes feitos/afimacións quizais haxa algunha clave da derrota vitoriosa, o mellor que nos podía pasar, aínda que baixe o PIP, produto interior propagandístico.
  1. Galicia, entre as rexións europeas que destrúen máis emprego. Un de cada catro galegos están bordeando a pobreza.
  2. Deputados galegos que tributan pola metade do que perciben. Resistencia da maioría actual para cambiar a inxustiza.
  3. Debate de Autonomía cunha Galicia descrita por Alberlewis Carrol no País das Marabillas. “Mentres hai Comunidades que van cara a austeridade, Galicia xa volve”.

Pode parecer hipérbole, pero non o é. O pesimismo non cadra coa nosa identidade secreta: os galegos aparentamos tristura, depresión, para que ningún desalmado nos roube a felicidade.
Estamos no país do real marabilloso, como se definiu a literatura de Cunqueiro.
Non é marabillosamente real a situación que vivimos? Un momento espléndido con diñeiro a esgalla, como dixo don Emilio, con apelido apropiadísimo. Grazas, Botín, por aclararnos o sentido último desta recesión.

A hemeroteca golpea de novo e sacaría cores nos rostros, se non fosen de cemento.
Quen se fía desta marca? Quen aposta por unha marca tan desprestixiada?

Nós, os votantes, non estamos libres de responsabilidade: a maior corrupción, máis maiorías absolutas e maiorías máis absolutas.

Outro mundo non só é posible; é necesario. Este non está á altura que nos corresponde na escala zoolóxica.
N.B. A entrada de Rafael sobre a cerimonia de beatificación masiva merece comentario noutra ocasión.
Cordiais saúdos.
Eduardo.

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. A marca España, veuse abaixo dende o primeiro dia que comezou a circular o euro.
    Aquelo que, ao 31 de Decembro do ano 1999, tiña un custo de mercado de mil pesetas, ao dia seguinte, pasou a valer SEIS MIL. Os que estaban a ter un soldo de cen mil pesetas, podían vivir sen privacións, e, incluso, aforrar; e, con 600 euros, hoxe, case que non mercas nin o pan do mes.
    E, non digamos, transcorridos mas de 10 anos: os soldos caeron en picado, e os impostos voaron polas nubes, coa inflación ás carreiras con eles pa pillalos, malia que ámbolos dous están a voar cun cuatrimotor, e ningún deles, da esnaquizado.
    Este foi a gran desfeita dos nosos tempos “ modernos “.
    Logo, as mans dos corruptos, cociñaron con frascos enteiros de pimento agre, pa facerlle unha paella o pobre: envorcaron caldeiros repletos de políticos, dourando na súa cociña, e remexendo todo ese enzoufado, exportaron pa marca Suiza e derivados SA ( Sen Alma ), deixando o lume prendido pa que todos nos ó apagásemos.
    Logo, cando rematen o xantar, volverán pa seguir cociñando... e aínda falta a sobremesa.
    Íde recollendo os pratos e lambendo neles, se algo queda.
    Unha aperta
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar