Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 13 de octubre de 2013

MÁRTIRES ESPAÑOIS

Escribín para outros sitios o que deixo hoxe,por ser o día da celebración,pero a compañeiro Eduardo animoume coa súa aportación,como sempre chea de sabiduría,oportunidade e claridade,a seguir deixando algunha leria partindo dos combinados macedónicos que non ofreceu onte.


"No día en que elevarán aos altares a 522 persoas cualificadas como mártires durante a guerra civil pola Igrexa española sería necesario e xusto non esquecerse dos que morreron defendendo a república.

Hoxe sabemos que moitos deles eran alcaldes, concelleiros, mestres, médicos,afiliados a sindicatos e partidos políticos ou dirixentes de asociacións culturais que defendían unhas ideas xustas e nobres. Sobre todo os que aínda permanecen nos foxos ou gábeas e fosas comúns deben canto antes poder ser enterrados no lugar que lles corresponde con dignidade.

Merecen ser honradas todas as vítimas pero sobre todo as esquecidas. Os que estamos xa xubilados, mais os que están á beira de selo, acordarán como durante a longa noite de pedra que chamaba Celso Emilio Ferreiro despois de escoitar o parte nas radios remataban sempre:”Gloriosos caídos por Dios y por España. Presentes.Viva Franco. Arriba España”.

Os que morreron por defender a república tamén merecen a súa gloria."

Saúdos para todos os lectores.Rafael

2 comentarios:


  1. Algo se move na Igrexa española.Preguntado Monseñor Camino sobre os que seguen nas fosas dixo o seguinte:Pregunta: ¿Están a favor de abrir las fosas comunes?

    Camino

    "No tenemos nada en contra. Al revés, es una obligación de piedad y humanidad"

    "Y lo decimos con toda el alma. No se debe olvidar a ninguna víctima inocente"

    "No valoramos los instrumentos, pero es un deber de piedad y de humanidad tratar de encontrar los restos de los seres queridos desparecidos o asesinados"

    "Varios mártires ayer beatificados están desaparecidos, entre ellos los de monseñor Borrás, al que no se le ha podido encontrar. Pero, para la beatificación, no hace falta encontrar el cadaver"

    Non é moito.A clave está na palabra INOCENTE.De todos modos antes dicían "Rouco and compagny" que non había que abrir feridas,Algo é algo.

    ResponderEliminar
  2. Ojalá que estas barbaridades del pasado, nunca más vuelvan a producirse.
    En una guerra, nadie gana ( más que los canallas ) el resto del pueblo llano, es el perdedor.
    Saludos
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar