Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 7 de marzo de 2014

A penúltima da Radio:

O NOSO CARNAVAL.

¡ Españoles, la guerra ha terminado...!

En Santiago, aló quedaban un numeroso grupo de contendentes, sen medios de transporte e abandonados a súa sorte; atrás, as escenas dunha inhumana e terrible guerra fratricida; e, diante de si, un longo camiño por andar, ateigado de ilusións e de esperanzas por un futuro mellor.

Entre aqueles soldados, atopábanse Pepe Campos e Antonio, o meu pai.

Certo día, sentado nun banco das Conchiñas, alí estaba o señor Pepe. Era xa moi velliño, mais, aínda gardaba frescos os  recordos daqueles tempos vividos da posguerra.

Dicíame o señor Campos: “ mira Antonio, ao teu pai e mais  a min, tocounos padecer xuntos episodios moi tristes, ata que baixamos daquel tren en Santiago. A partir de entón, vivimos coa ilusión e a esperanza de forxar un mundo mellor pa nos e pos fillos desta terra nosa, que tanto amamos.
A Camariñas chegamos andando a través de montes e de aldeas, e palpamos a miseria en cada recuncho deste pais. En cada volta que dabamos no noso andar, alí atopabas ao fantasma da fame acochado naquelas casas seme derruídas, e naqueles campos magoados polo infortunio.
Durante o traxecto dende Santiago, coidei de que teu pai estaba a percorrer o camiño completamente durmido…
- Antonio, pero ti, camiñas sen mirar po chan…-

E, así mesmo fora. Era tal a fatiga acumulada no pasado, que, a mesma inercia, levábao a andar sen pousar a vista no chan. Algo impensable agora en todos nos, que vivimos folgados nun tempo moi distinto a aquel que eles viviron.

Pepe Campos e o seu irmán, abriron un negocio na Praza do noso pobo, cun cartel onde rezaba o slogan: Ultramarinos finos y alcoholes.  E, o meu pai, unha “ farmacia “ ...a farmacia da señora Marita do Joriño; como así fora coñecida por aqueles anos.

Os irmáns Campos, foron todo un exemplo de saber estar, e de saber rexentar unha tenda. Patacón a patacón, ían superando os atrancos de cada día, nuns tempos nos que case ninguén tiña  un chisco pa poder mercar sequera un anaco de pan.

Nun coaderno,  apuntaba-las débedas do inverno, pa, logo, facer fronte en tempos de verán aos compromisos, cando xa a pesca era abundante, e podías manexar algo de cartos. Outros comercios tiñan un aviso que dicía:
“ Hoy no se fía, mañana sí “.
Hoxe mesmo estou a lembrar un estribillo que colgaba nun ultramarinos de Coruña ( penso que era no ultramarinos O Cisne ); e que dicía:

“Aquí, se acabó el fiar, y el prestar también murió.
Al morir, les ayudo a los dos del mal estar.
No se acuerdan más de mí, si fío.
Al pagar, ponen mal gesto;
y, para librarme de ésto, sin perjuicio del bolsillo,
estampo este estribillo: ni doy, ni fío ni presto.”


Malia a todas aquelas boas maneiras de saber estar, e a aquela seriedade no negocio, o señor Pepe Campos, experimentaba unha transformación total en tempos de carnaval.

Tanto el, como Chuco Farruco, ou Calocha, por poñer a algúns como exemplo, foran a mesma ledicia encarnada neles,  que facía esquecer as calamidades da xente.
Subidos ao balcón da señora María da Zapateira arengaban ao seu pobo con sermóns e con chistes dos mais ocorrentes  que poidades imaxinar.Os persoeiros mais emblemáticos, saían a relucir naqueles sainetes, e coas gargalladas do público, esquecías as débedas postergadas pa outros tempos.
Nenos, mulleres e vellos e mozos gozaban con aqueles veciños tan simpáticos e trouleiros, dos que eu tiven a sorte de gozar, tamen, sendo rapaz.

Os disfraces eran de auténticos entroidos. Calquera cousa servía, cando o enxeño era innato no comediante, como era o caso destes fenómenos da mascarada.

Non sabería dicir quen deles fora o mellor, malia todo, Pepe Campos, fora o noso ídolo. A súa gracia, a súa finura e a intelixencia daquel home, poucos ou ningún, penso eu, puideron superala.

  Todos eles, por méritos propio, marcaron a historia do noso carnaval.
Grazas, pois, amigos, por facernos rir, cando as campas daqueles tempos tocaban a chorar.

Antonio Puertas

CANTA PAJARILLO

Canta pajarillo canta
que el invierno ya pasó;
cántale a la luz del día,
canta a los campos en flor.

Canta y cuida de tu nido
y no hagas caso del dolor,
que éste, sin que tú lo busques,
ya te lo traerá tu amor.

Antonio Puertas











No hay comentarios:

Publicar un comentario