Estiven vendo esta tarde
un vídeo de youtube no que entrevistan a Teresa Forcades, unha monxa
que se deu a coñecer o ano da gripe “A”e que despois en fun
seguindo a través da rede. En Cataluña hai un movemento popular con
certa organización no que xoga un papel moi importante Arcadi
Oliveres e mais ela que teñen pensado presentarse as eleccións ao
Parlamento Catalán. Se en google poñedes o nome dela ou del, xuntos
ou por separado, encóntranse moita información interesante. Axuda a
pensar e a ter criterios distintos aos imperantes nos medios escritos
ou televisivos.
As ideas que defenden
son alternativas ás xa sabidas e por aí haberá algo de futuro para
mellorar un pouco este mundo cada vez mais desagradable para vivir
moita mais xente da que pensamos.
A esta muller vetouna un
bispo norteamericano para participar nun congreso de educación
relixiosa cando xa estaba nos Ánxeles. Este bispo do Opus Dei,debe
ser de aqueles que estudaron teoloxía polos textos da BAC, e nos que
os adversarios que non merecían pan nin auga,eran os
racionalistas,os modernistas,os ilustrados e os enciclopedistas da
revolución francesa. Todos aqueles que estiveron no Index librorum
prohibitorum até o 1966. A entrevista fanlla en América,dura
corenta minutos, e como nos dicía o finado de D Alejandro está tan
ben que non lle sobra nada do que di.
Por hoxe mais nada. Un
saúdo para todos. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario