Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 7 de marzo de 2014

ECOS DE SOCIEDADE


Farei a crónica do xantar de inverno,celebrouse tal como se tiña programado, advertindo que será soamente con letra e sen a musicalidade que lle dan a estes eventos as imaxes que valen mais ca mil palabras. A culpa non é de quen tomou as imaxes,foi Enrique o que mas fixo chegar vía “online” pero por medio dun sistema,último modelo,que impide que un poida fixalas e mándalas a onde queira. Tamén teño que recoñecer que as miñas competencias nas TIC son inferiores a calquera neno de primaría.

De todos modos consoládevos pensando que  Enrique seguro que nos fará chegar estes retratos do xantar mediante un cedé cando este ano celebremos a convivencia anual no lugar que estaba programada a do verán pasado. Foi suspendida por causa de forza maior motivada pola enfermidade de Andrés que aproveito para informar que se vai recuperando con algunhas dificultades pero que progresa adecuadamente.Xa se incorporou ao seu destino como Párroco da Igreza de Santiago na cidade vella da Coruña.Por certo que asistiu a este xantar. De momento non conduce pero temos nesta irmandade un equipo de voluntarios que se prestaron a recollelo e devolvelo ao seu destino coa eficiencia e presteza de calquera profesional.

Asistimos,segundo informou Agustín o artífice da intendencia, uns 24 membros deste conxunto. O día estivo acolledor. Permitiu facer un paseo no tempo anterior ao xantar para aqueles que chegaron pola metade do día. Demos conta dunha sopa de cocido para facer corpo para o xantar propio do entroido. Non faltou de nada mais ben sobrou. O xantar foi regado prudentemente por un mencía de orixe Monterrei. Marca “Crego e monaguillo” de recoñecido prestixio no mundo mundial como o confirma a presencia na rede: (Se alguén o quere comprobar pode adquirilo nesta dirección:

Crego e Monaguillo Mencia un vino especial y exquisito

(Conste que non teño ningún interese,directo ou indirecto,neste produto)

Non faltaron,mais ben foron abundantes,as sobremesas propias tamén do tempo cos seus correspondentes cafés e augardentes variadas que prolongaron o xantar coas plácidas conversas despois dun suculento xantar.

Mantivéronse conversas sobre unha posible viaxe sen destino definido promovida polos que realizaron a viaxe a Roma e que lles gustaría repetir a experiencia. Os interesados poden contactar co amigo Senín,con Enrique ou con Suárez Cotelo que coordinarían a posibilidade unha vez se teña constancia dos interesados.

Pois con esta información dou por rematada esta crónica para xeral coñecemento. Un saúdo para todos. Rafael

2 comentarios:

  1. Moi interesante, Rafael, o eco colgado, especialmente no referente a Andrés por saber que segue progresando.
    Faltan a listaxe de invitados (paganos) e a reportaxe gráfica, pero a túa prosa substitúe o segredo das TIC.
    O menú, moi axeitado para o Entroido; máis axeitado foi o viño de Monterrei, ainda que houbese máis monaguillos ca cregos.
    Saúdos.
    Eduardo

    ResponderEliminar
  2. O viño é todo un éxito.A verdade é que é moi bo en relación calidade - prezo..O Sábado pasado fomos un grupo de amigos a cear,está preto de onde eu vivo, e pedímoslle o viño ese ,o nome é simpático e debeu ser o acerto dos que patentaron o nome comercial , e díxonos o encargado que tiña feito un pedido,había xa variuos días, e aída non llo serviran.
    Eduardo para Setembro,nas terras de Sanmartín Ovelleiro, e de Fernando Ledo,será no sitio onde se pensaba facer o ano pasado, non podes faltar.Vai reservando o día. Recibe un saúdo afectuoso e cariñoso como corresponde.Rafael

    ResponderEliminar