Onte pola noite puxeron
un documental na 2 que me sorprendeu pola claridade coa que abordaron
o misterio das finanzas do Vaticano. Parece que o novo Papa Francisco
quere que entre aire fresco polas fiestras e de momento parece que
anda niso.
Documentos TV. "Dinero sagrado" - RTVE.es
E xusto unha hora o
tempo que leva velo. Aí queda. Non é obrigatorio que se vexa. Os
que botamos a ducia completa de anos no Seminario acordaredes que
sempre que o finado de D. Manuel Bugallo tiña que dar algún aviso a
comunidade cando remataba dicía se había algunha pregunta. Acuña
Garrido facía sempre a mesma pregunta: D. Manuel: ¿ eso es
obligatorio?Este Acuña non era do noso curso pero nos últimos
cursos andabamos todos con todos e tamén lle preguntou un superior
se estudaba moito e respondeulle: Pois verá: acostumo a estudar cada
día un par de horas ou sete.
Saúdos. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario