Son todo o ano. Para uns
mais ca para outros. Non pode quedar este taboleiro sen constancia
desa efemérides. Aínda que o fagamos dentro da oitava que forma
parte da festividade o mesmo que os nove días anteriores. Nun tempo
o calendario litúrxico foi para nós mais importante cós demais.
Este ano adicáronllo a un home que tivo unha adolescencia e
xuventude ,mutatis mutandis, parecida a nosa. No suplemento que onte
lle adicou a Voz “Letras Galegas”contan que rematada a guerra na
que participou mobilizado, pese a ser seminarista, volveu disposto a
deixar a carreira pero o pai e a madriña opóñense,negándolle
incluso a fala e forzado regresa ao Seminario pero alí reafírmase
na idea de non seguir e planta como se lle chamaba naquela época.
E merecedor,así o
considerou a Real Academia Galega,que se lle adicara o día neste ano
en que, de vivir, tería cen anos. Desde o ano 63 en que se empezou a
celebrar xa van mais de medio cento de autores e digo ben de autores
porque autoras eu,de contar ben,non contei mais ca tres. E habelas
hainas igual cas meigas. E D. Ricardo Carballo Calero tamén existiu
e foi un dos grandes das letras galegas. O primeiro catedrático de
Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Santiago.
Oor si eu contei mal como me pasa moitas veces aí se pode consultar a lista dos homenaxeados o 17 de Maio:
Día das Letras Galegas - Figuras Homenaxeadas - Real ...
Pois nada mais .Para os
que teñades tempo. Aínda que un sexa un xubilado o tempo segue
sendo un ben escaso. Hoxe tendo un aparello destes con conexión a
internet o que diga que se aburre é que aínda segue sendo un
adolescente.
Para saber mais de Diaz
Castro hai un blog interesante:
Biblioteca "Poeta Díaz Castro"
Para ter unha
información menos alienante ca prensa escrita e “castravexos”
públicos e privados pódese un informar aquí para ver o que hai
detrás das murallas:
Diario digital Nueva Tribuna
Saúdos. Rafael
Grazas pola túa aportación ao día das Letras Galegas. Aínda que sexa no novenario, ou, coma ben dis ti, durante todo o ano. Ista filla do Latín, debería ter unha herdanza mellor da que ten, pola fermosura...que, como dirían os romanos naqueles tempos: lingua illorum, sona timpano quasi tuba...
ResponderEliminarUnha aperta
Antonio Puertas
PD. Eu, tamén, coma estamos no novenario, veu a deixar o meu grao de area.