A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
martes, 30 de marzo de 2010
CASTELAO, RIVAS E A LINGUA
Ao abrir o blog hoxe comprobei que o neno non está tan doente como pensaba, como demostran as achegas de Rafael, Fernando, Antonio e Ramón.
O motivo da miña ausencia foi unha viaxe por terras murcianas, que por zonas parecían marcianas, con montes pelados como as serras do Algarrobo, da Muela, de Espuña...e mares de plástico dos invernadoiros de tomate de Mazarrón ou da horta de Cartagena.
Mentres me recupero, envíovos un artigo de Manolo Rivas sobre un dos meus temas predilectos:
Galicia e o 'buraco in progress'
MANUEL RIVAS. Luces. 19/03/2010
Se tivese que escoller agora dúas viñetas de Castelao, unha sería a do gato cínico que recita a Bécquer: "Volverán las oscuras golondrinas en su balcón los nidos a colgar... Pero aquela que papei o ano pasado, esa non volverá." E a outra? A outra é aquela na que aparecen unha nai e un meniño e a muller pregunta: "Por que non queres ir á escola?". E o rapaciño di: "Porque sempre me preguntan o que non sei".
Cómpre a liberdade de circulación na estrada: esquerda ou dereita por votación dos condutores.
Son dúas pequenas obras mestras de humor e humanidade que refulxen en todo tempo. E que deberían terse proxectado en power point no Parlamento autónomo mentres se debatía o "estado da nación".
O gato paródico ten hoxe o seu correspondente no cinismo político. Verbo do modelo lingüístico no ensino, o gato do Goberno papou unha boa andoriña e esa xa non volverá. A andoriña papada pódese ver como unha alegoría do que era un consenso básico laboriosamente construído. E perdido de golpe. O verdadeiro anarquismo quería ser a "máxima expresión de orde". En cambio, a anarco-dereita medra co caos.
Tamén a outra viñeta preséntase hoxe cun alto sentido paródico. Se falamos de "liberdade de escolla" ao xeito pueril e irresponsábel en que o emprega a neo-dereita, a primeira liberdade debería ser a que reclama o neno: a de ir ou non ir á escola. O rapaz desa viñeta é un pícaro entrañábel. Aí está a refinada intelixencia e a vontade de estilo popular. No decreto que o Goberno teima en aprobar, podemos ver o reverso caricaturesco desta viñeta. A desvalorización da función docente e a invitación a exercer "a liberdade de non saber". Agora o pícaro pode ir á escola tranquilo, coñecedor de que o seu "dereito a non saber" está por riba dos deberes escolares, e que o seu "non querer saber" está avaliado polos que mandan e por un fato de pais fronte aos sospeitosos valedores da función docente.
Non hai en todo o orbe mundial un decreto máis marxista. Por suposto estou a falar do que ocorre no disparatado Camarote dos Irmáns Marx. Podería darse a circunstancia matemática, e non é broma, de que o voto dun só pai inclinase o modelo lingüístico dunha escola infantil perante catro anos. E en primaria e secundaria, tal como está feito este decreto, pode darse con toda normalidade este diálogo entre profesor e alumno.
-Desculpe por molestalo, prezado alumno, mais agradecería inmenso que vostede teña a amabilidade de responder a esta miña pregunta en galego xa que estamos en clase de Coñecemento do Medio. Podería dicirme, por favor, un nome en galego deste insecto coleóptero de nome científico Lampyris nocticula e en castelán coñecido como luciérnaga?
-Ni entiendo lo que dices ni entiendo por que me preguntas lo que no sé. A mi no me vas a practicar tú la inmersión y hay un decreto que dice que en el aula puedo hablar la lengua que me sale de los huevos y escribir los exámenes en la que me salga de los cojones. Paso de ti, tío.
-Paso-de-ti. Magnífico! Xa temos un novo nome para o vagalume. Lucecú, vella, lucerna, corcoño... e Paso-de-ti!
A trapallada ten a súa propia lei, moi semellante á da gravidade. Ou perseveras na trapallada ou saes decididamente da trapallada. Non hai xeito de saír da trapallada tentando convertela en media trapallada, pois o que resulta é que media trapallada equivale ao final a trapallada e media.
Isto é o que está a pasar con este decreto sobre a lingua no ensino. E o encirrado debate vén ser unha grande metáfora do que está a pasar neste país.
Durante meses estiveron dándolle voltas á agulla de marear polos famosos tres terzos. Algúns avisamos que era unha trapallada, e ademais unha trapallada inviábel. Mais todos tivemos que andar nesa nora, a dar voltas como os cabaliños dun carrusel de feira. Agora, de súpeto, esquécese a xenial ocorrencia dos tres terzos e lánzase un discurso de recambio: o do presunto equilibrio. Que pasou co inglés? Outra "andoriña" no papo? Pois pasou que se xogaba de farol, o caso é que viraramos na nora, que viviramos na miraxe, mentres na realidade se estaban a recortar os orzamentos das escolas oficiais de idiomas en toda Galicia. En aparencia, hai correccións. Mais non son por vontade propia, autocrítica ou procura do consenso. É o test da realidade o que vai corrixindo o absurdo. Pero, claro, a realidade non dá feito con tanto absurdo. Quere que lle boten unha man. Por exemplo, o absurdo xira agora arredor de dous eixos que se asentan na falsidade: o das materias "troncais" e o poder determinante dos pais. No currículo educativo non existen materias "troncais". Non hai materias de primeira e outras de segunda. É un disparate! En que criterios pedagóxicos se fundamenta a decisión de que todos os estudantes de Galicia teñan que aprender á forza matemáticas en castelán?
¿E que dicir do poder discrecional dunha parte dos proxenitores para decidir sobre o ser ou non ser dunha lingua que é patrimonio común? Neste país, todos pagamos o ensino público (e o privado concertado!), é dicir, todos somos pais e nais. Mesmo o presidente e os conselleiros que non teñen fillos, tamén eles, nunha sociedade democrática, tamén eles son pais e nais. Non, non é a liberdade o que se instaura, senón o caos. Non é a cordialidade o que se implanta, senón a rifa permanente. Non sei se viñamos dun "bilingüismo cordial", mais si dunha "tranquilidade relacional" que agora pode estoupar. Dise que había un compromiso electoral, mais nunca se especificou o contido da reforma. E aínda que para afagar orellas fanáticas se fixese algunha promesa, o gobernante ten a obriga de revisala cando esa promesa vai contra o espírito do Estatuto, da Constitución e da Carta Europea das Linguas.
E se non se fai así, se non se volve á sensatez dun gran consenso lingüístico, que garanta a protección do galego, o que cómpre é espallar o modelo Camarote dos Irmáns Marx a todos os eidos da sociedade.
Que se decrete a "liberdade" de pagar impostos, taxas e multas. A "liberdade" de circulación automobilística a esquerda ou dereita por votación dos condutores en cada estrada e cada catro anos.
Que os clientes das caixas de aforro teñan dereito a votar en urnas e sucursal a sucursal (que menos!) se apoian ou non unha fusión. E que, dunha vez por todas, decidamos en votación se na catedral de Compostela está enterrado o apóstolo Santiago ou o herexe Prisciliano.
A educación é o núcleo de abastecemento de esperanza dun país. O que se fixo perante un ano enteiro non só foi perder o tempo senón espallar en todo o corpo docente, en mestres e profesores, a síndrome do burn-out, o queime, o chamado "infarto da alma". A relación dun bo gobernante co seu país debería semellarse a do artista coa súa obra. Velo como un work in progress. Unha obra aberta. Mais a forma que agora mesmo ten o país é a dun buraco in progress. Aborrecían a "inmersión" e, mira por onde, estamos todos mergullados nun Camarote absurdo, ocupados en facer buracos no baleiro.
Até aquí, o mestre Rivas.
Saúdos.
Eduardo Seco
lunes, 29 de marzo de 2010
Efémerides-2010 (R Senín)
Amigos quinta-57:
Neste ano santo xacobeo, 2º do 3º milenio do cristianismo, unha boa parte da quinta-57 cumprimos a idade de xubilación/retiro e paso de folla e apertura do último capítulo da mesma vida.(3ª idade).Somos os que ingresamos con 12 aniños en Belvís (1957) a idade de ingreso mais frecuente naquela época. O Outro dia falando disto cun amigo nos dixo que nos quedaban estatísticamente falando entre 10 e 15 anos de esperanza de vida.Outro que escoitaba replicou que iso da estatística era unha trapallada, porque había lido que esa é a cencia según a cual “ si tu te comes dos pollos y yo ninguno es como si nos comiésemos uno cada uno”, e añadeu : “nada mais incerto na realidade e na mais certo estatisticamente falando”.
Outro acontecemento de este ano e o cumprimento de 1º centenário do pasamento de D.Antonio López Ferreiro, citado neste foro. D José Mª Diaz Fernandez, deán, deixou constancia dilo no Correo Gallego de dia 20 dos correntes, de modo maxistral,como acostumbra.
Tamén por estas datas hay un ano, Severino Calvo (RIP) nos puxo a andar este foro (como moi bem recorda Rafael), pero ó meu entender camiña tembloroso e dubitativo, e alguns nin se atreven a dar os primeiros pasos ¿por qué será? Sobre todo tendo en conta que o futuro das comunicacións está nestas tecnoloxías. Eu prefiro o periódico e o libro impreso tambén. Esto si que é unha provocación, amigo Andrés L Amboage, pero no mellor senso da verba.(como diría Dª Rosa Diez do ser galego).
Felicitar a Eduardo e Rafael por manter o foro a tan alto nível, e os demais por participar.
Na contraportada do Faro de Vigo (18-3-10) ven unha entrevista a “un tal” Victorino Perez Prieto, teólogo, casado e non secularizado.Os que ledes Encrucillada coñecédelo ben. Hay uns dias tamén veu outra no Correo Galego. Ete si que vai provocar um arresto do Bispo de Mondoñedo, que é o corpo do Exército o que pertenece. Eu si vos digo a verdade, nos exércitos gustame a disciplina (que reviste su verdadero valor cuando la arbitrariedad o el error acompañan a la acción del mando y el corazón pugna por hacer lo contrario de lo que se nos ordena) e na igrexa gustame a comunión (in eclesia comunione) e a lealtade sempre nas duas institucións, entre outras cousas (outra provocación). O contrario xenera tensións innecesarias e frecuentemente escándalos. A Victorino vexo moi priscilianista. Os mais sensatos consideran tan improbable en Compostela a Prisciliano (S.IV) como a Santiago (Pérez de Urbel, Sánchez Albornoz,etc.etc.) O tema seguirá aberto,probablemente per secula-seculorum.
Nada mais por hoxe. A ver si estas parésticas de efemérides “provocan” algunha intervención mais aguda.
Feliz Pascua, Saúde, Adeus

domingo, 28 de marzo de 2010
MISCELANEA V
Ola¡ compañeiros: Esta última tarde domingueira do mes de Marzo,metidos xa na Semana Santa,nada ten que ver coa do Domingo pasado na que todo o mundo se votou fora das casas. Hoxe estamos ante unha tarde que invita a manterse recollido saboreando unha taza de fumeante café, cunhas pingas contadas de augardente , e unha música de fondo dos “Indios Tabajaras” que nos relaxa e transporta a un mundo sosegado en paz con nós mesmos.
A semana pasada non deixaron de aparecer noticias relacionadas coa pederastia e coa Xerarquía da Igrexa, tanto na prensa xeral e tv. como na prensa dixital especializada en temática relixiosa como Religión Digital. Despois dos ríos de tinta e cuspe que xa correron e posiblemente dos que queden aínda por correr nada debo dicir que xa non se teña escribido ou dito. Polo menos no que corresponde a nosa diocese, nos tempos en que estaba mais ao tanto,había unha especial sensibilidade e se nos ten alertado para detectar ese fenómeno naquelas persoas que se ofrecían voluntariamente para realizar actividades cos nenos .Recordo que Xosé Antonio Iglesias Pérez, irmán de D. Manuel e de Xavier, compañeiro noso, cando era responsable do Movimiento Junior Diocesano tenme falado de que había que ter as antenas postas,todos aqueles que tiñamos ao cargo grupos Junior, para descubrir posibles pederastas naqueles descoñecidos que se ofrecían para colaborar como educadores, sobre todo, nos campamentos de verán.
Xa non agora pero cando algunha vez ten saído na conversación este tema con compañeiros profesores ou do mundo do dereito que, como vos teño xa comentado, estudaron moitos deles ou en seminarios diocesanos ou en congregacións relixiosas,todos coñecen algún caso,por experiencia propia ou allea,de como había algún superior ou profesor que tiña fama diso.
Estes días desapareceu unha páxina en internet: Iglesiasinabusos.com que supoño que terá rabo.(Contan dun crego que cando lle facían un regalo preguntaba se tiña rabo aínda que fose un cartón de tabaco. Referíase a que despois do regalo viñan a pedirlle unha recomendación para un traballo ou para que falase con alguén importante para conseguir algunha comenencia).Terá rabo tamén este suceso?
Despois da pastoral do Papa non sei que temen os nosos bispos ou responsables institucionais para ser transparentes. Hoxe é imposible ocultar algo. O Opus Dei do que nun tempo se descoñecía todo por ser unha sociedade secreta, hoxe, xa hai moitos anos, desde a canonización do fundador, hai unha páxina:Opuslibros.org. onde ademais dos testemuños dos que se marchan están todos os documentos internos traducidos dos orixinais do latín que os propios integrantes descoñecían, estando dentro, que non fosen dos mandamais. Veremos o que pasa.
Os lexionarios de Cristo(Comentaba Andrés unha vez que en Salamanca coñecíanse como os millonarios de Cristo),poder económico poderoso, a universidade Francisco de Victoria de Madrid e deles, imparte as mais importantes carreiras.:Medicina, Arquitectura, Dereito,Periodismo, Biomedicina... non foron capaces de ocultar as miserias do seu fundador do que o papa anterior cualificou como un modelo a seguir.
En Santiago, en épocas anteriores a nosa, tense truncado algunha carreira episcopal por denuncias a Roma de pederastia. Cando estudamos nós,xa collemos superiores e profesores moi novos, estaban xa moi sensibilizados sobre todo dunha posible homosexualidade propia dos internados.
A primeira vez que escoitei falar das amistades particulares, ás que sempre aludían cando dirixían aqueles exames de conciencia,pregunteille a Agra Garcia que como era repetidor xa estivera o curso anterior e díxome que se referían a aqueles que lles gustaba andar cos mais guapos que tiñan cara de nenas. Ti e mais eu como somos feos podemos andar xuntos que xa verás como ninguén nos di nada. Tardei tempo en comprender o que me dixera.
A materia ou disciplina que naquel tempo suspendiamos todos era a da sexualidade. Non existía educación sexual de ningún tipo. Tabú total .En Teoloxía o libro de Regatillo sobre dereito matrimonial ,a lección nove, estaba en latín. Eran outros tempos para todos.
Vou rematar. Pese a que hoxe a tarde será mais longa xa levo mais dunha hora fronte a pantalla e tamén hai outras cousas para facer e hai que deixar algo para contar outro día.
No apartado dos avisos teño que dicirlle a Fernando que me gustou o que nos contou sobre as luces e sombras da peregrinación. Ese criterio crítico e inconformista, separando o importante do accesorio, é moi útil para andar pola vida. Na Igrexa que se presta un servizo aos demais é tamén moi importante que haxa heterodoxos e ollo critico. Son os que sempre abriron camiños en todas as ordes da vida. En relación coa desaparición deste Blog que consideras noso eu tampouco penso que desapareza. Seremos mais ou menos pero mentres Antonio Puertas teña contacto coas musas que o inspiran e ti e mais Eduardo e todos os que participaron algunha vez o sigan facendo esta vela manterase acesa.
Cando haxa que facerlle a revisión anual poderemos pensar en como promover unha meirande participación a través de seccións distintas para que cada un poida participar naquilo que mais lle apeteza. Podemos ir a “Desván e los Monjes” pero para darlle mais vida e non para enterralo alí.
A Eduardo que supoño que andara de viaxe desexarlle boa viaxe. E a todos que teñades un bo descanso neste tempo de vacación .Adeus .Rafael

sábado, 27 de marzo de 2010
MIS POESIAS
PASIÓN
Ran…rataplán, rataplán…plan.
Tiii…tiriríii….,plan…rataplán…
En el madero clavado
Por culpa del pecador:
Mis pecados te han llevado
Al matadero de amor.
Ran…rataplán…
…Asesinos del Buen Pastor
…Del Cristo crucificado…
Rayos de espinas clavados
En la fuente viva de Dios.
Ran…rataplán…
Tiii …tiriríii, plan…rataplán…
Rompe el diablo en mil pedazos
Las victorias del laurel,
Que se alzan como brazos
Del hosanna de Isrraél.
Rataplán…plan…
Lanza de pozo abierto
Cristalino de Jericó;
Eterno río que mana
Agua viva del amor.
Ran …rataplán…tirirí…ti.
Antonio Puertas
Ran…rataplán, rataplán…plan.
Tiii…tiriríii….,plan…rataplán…
En el madero clavado
Por culpa del pecador:
Mis pecados te han llevado
Al matadero de amor.
Ran…rataplán…
…Asesinos del Buen Pastor
…Del Cristo crucificado…
Rayos de espinas clavados
En la fuente viva de Dios.
Ran…rataplán…
Tiii …tiriríii, plan…rataplán…
Rompe el diablo en mil pedazos
Las victorias del laurel,
Que se alzan como brazos
Del hosanna de Isrraél.
Rataplán…plan…
Lanza de pozo abierto
Cristalino de Jericó;
Eterno río que mana
Agua viva del amor.
Ran …rataplán…tirirí…ti.
Antonio Puertas
martes, 23 de marzo de 2010
Luces e sombras da Peregrinación
Este sábado pasado, aproveitando a ponte de San Xosé, peregrinamos a Santiago as parroquias de tres arciprestados, ou eso era o que constaba oficialmente, pois a verdade é que faltou representación de moitas parroquias. Da miña parroquia participaron pouco máis de 20 persoas entre as que foron andando, en autobús e tamén no propio coche. Alí atopeime con moitos cregos coñecidos e outros que non coñecía; tamén estaba o noso compañeiro Manolo Barros Brey cos seus fregueses. Acompañounos toda a xornada unha chuvia pertináz coma nos mellores días do inverno compostelán; por esta causa moita xente meteuse na catedral unha hora antes das 12, hora da Misa do Pregrino. Faltaba media hora para comezar a celebración e o templo estaba xa ateigado de xente que producía notable balbordo; moitos tentaban desplazarse polas naves en busca de sitio para sentar, outros iban a procura dun confesionario con pouca ringleira esperando turno, e outros trataban de atopar o parente ou veciño co que fixera a viaxe. O caso é que a mín víñame á memoria a pasaxe do templo de Xerusalén cando Xesús restableceu a orde. Os cregos presentes dirixímonos a Sacristía donde nos mandaron revestir para concelebrar co arcebispo e os coengos. Alí comentei con algún compañeiro que si eu fose o arcebispo mandaría a parte dos presentes que se sentasen nos confesionarios baldeiros para atender ós penitentes que agardaban, pois non había máis de tres ou catro confesores nos seus postos. Resulta un contrasentido que sendo a confesión un dos requisitos para gañar o xubileo, non se dea prioridade a esta tarefa en vez de facer montón na concelebración. ¿Qué pensarían aqueles que agardaban inutilmente a que lles tocara o turno diante dun confesionario? E logo queixámonos de que cada vez se confesa menos xente. Pero nada, quén manda manda.
Xa situado no altar, causoume impresión observar cómo cantaba a xente masivamente nas distintas partes da Misa e tamén cómo gran parte dos presentes mantiñan unha actitude de oración a pesar do trafego que perduraba nos aledaños. Chegada a hora da Comuñón, mandáronos á metade dos cregos sair a repartila sen rumbo fixo. Tiñas que sumerxirte na multitude e atender a unha morea de brazos que pasando por enriba da cabeza dos próximos tentaban que a súa man se vira agasallada con unha forma. Mesmo semellaba o reparto dos primeiros alimentos que chegaron ás vítimas famentas do terremoto de Haití. O que non sucede en ningunha igrexa do rural acontece na nosa catedral; solo quedou faltando que tamén houbera codazos e empurróns para poder comulgar. ¿Tan difícil será poñer un pouco de orde para un momento tan singular? si esto acontece en tódalas Misas do peregrino vaya imaxe estamos dando. Como contrapartida a este bochorno teño que dicir que, sendo a primeira vez que me tocou dar comuñón na catedral, impresionoume fondamente a actitude de grande fe coa que se achegaban moitas persoas de tódalas edades, en algúns casos corréndolles as báguas de emoción. Tocoume repartir no medio de xente que viñera camiñando de lonxe, molladiños e cargando con macutos; algunhas familias que tamén traían os cativos e participaban todos do Sacramento. Total que a vivencia de ese día para mín ten as dúas caras: O templo de Xerusalén cos seus pontífices e mercaderes por unha banda e pola outra a fe dos humildes e sinxelos de corazón. Estes últimos contrarrestan suficientemente ós primeiros (ó meu entender).
Cambiando de tema, Eduardo fala na súa última entrada de facerlle o aniversario a este BLOG mandandoó ó desván de los monjes en vista de que a xente non participa. Espero que tal cousa non aconteza nesta década polo menos. Cónstame que hai compañeiros que o siguen puntualmente ainda que non participaron activamente polo de agora. É certo que algúns facémolo de páscuas en venres, pero coido que nada máis que fora polos artigos de Eduardo e Rafael, que tanto nos ilustran e nos fan pensar, está plenamente xustificada a permanencia de este espazo na rede. Así que ¡ADIANTE!, que non decaia. Si é preciso, conformarémonos con que as vosas aportacións veñan máis espaciadas no tempo, pero ó desván de los monjes hai que mandar outras cousas antes que o noso Blog.
A Rafael teño que agradecerlle particularmente as pistas que de vez en cando nos dá para ler na rede cousas moi interesantes; a última delas o artigo de Celso Alcaina sobre as súas memorias; encantoume de verdade e fíxome pensar.
López Amboage, a quén Mosquera Villar lle chamaba "mi crítico" porque lle correxía os seus arrebatos poéticos, trata de consolarme polos estragos do botellón decíndome que en Madrid está á orde do día tal fenómeno en moitas plazas. Teremos que soportalo de momento, pero confío en que esta moda vaia parar tamén ó desván de los monjes máis pronto que tarde. Por hoxe máis nada. Unha aperta a todos. Fernando Ledo.

lunes, 22 de marzo de 2010
Malos tempos e bo tempo
Queridos amigos: Hoxe Domingo, inicio da primavera, despois de xantar tivemos que cumprir co ritual ,conforme fixeron moitos dos habitantes da area metropolitana coruñesa, de tirar proveito e gozar desta tarde soleada, limpa, temperatura agradable e que daba gusto andar por fora. Cando empezou a arrefriar, ao solpor, houbo que recollerse como as galiñas. De volta na casa,entre lusco e fusco, póñome a argallar esta comunicación e sinto un rechouchío e algarabía no patio interior do edificio que me altera de forma agradable e non saio do meu asombro ao ver unha parella de andoriñas que acaban de arribar e bailan e brincan arredor dun dos niños que teñen neste edificio desde hai moitos anos. E todo un espectáculo presenciar a danza destes paxariños que nos alegrarán as tardes e sobre todo as mañás, co canto de matíns e vésperas, ate o mes de setembro que collerán o camiño de volta. Son as primeiras pero virán mais pese a que cada ano veñen menos das que marchan.
Penso escribir algo sobre o que estes días abre os telexornais e primeira páxina de case todos os medios pero estanme dicindo que vai empezar o partido do Barsa e haberá que velo. Mañá continuarei.
Sigo hoxe Luns pola tarde. Levamos uns días que pese a chover sobre mollado a Igrexa e mala noticia en todos os medios de comunicación. A carta do Papa dirixida aos fieis ,bispos e cregos de Irlanda e dura nas formas e incluso no contido pero non vai ser suficiente, quixera equivocarme, para solucionar o vello problema da pederastia dalgúns,moi poucos, cregos e relixiosos.
Coa longa experiencia dos problemas que tivo en Estados Unidos por esta causa e que levou a ruína económica e a insolvencia a algunhas dioceses é a primeira vez que nun documento oficial do Vaticano, nunha carta pastoral,se afronta o problema. Digo que quixera equivocarme porque esta pastoral está forzada polos acontecementos de Irlanda onde o Estado e a Xustiza leva anos investigando estes feitos e ante a cantidade,falan de milleiros de vítimas, non houbo mais remedio que afrontar os abusos sexuais a menores que levan tantos anos ocultando deliberadamente. Hoxe estamos na sociedade da información e resulta imposible practicar o escurantismo.
Hoxe mesmo toda a prensa faise eco da situación en Irlanda e na mesma Alemaña e resto de Europa e como dixen teño a impresión que vai haber música para bastante tempo. Non é nada agradable para os compañeiros cregos nin para ninguén .Non hai desculpa posible. Son delitos. Como refería sempre a nosa querida paisana ferrolán, Dona Concepción Arenal, débese odiar o delito e compadecer ao delincuente. Fraco favor se lle fai a causa dicindo que é peor o aborto ou que se trata dunha campaña para desprestixiar a Igrexa ou para non falar de Deus.
Chama a atención que sexa Irlanda onde desde o 1 de Xaneiro deste ano aprobaron que sexa delito blasfemar e defínena así: “una expresión “tremendamente abusiva o insultante en relación a una materia tenida como sagrada por cualquier religión”.A pena é unha multa de 25.000 Euros. Como vedes deixa nunha gran indefinición o tipo penal. Insultante?Sagrado?
Mais do 90% dos centros educativos dependen da Igrexa Católica. Que Eduardo, persoa lida e viaxada, aspiración que todos se supón que temos, pese a que o finado Manuel Espiña se queixaba de que os cregos compañeiros seus lian pouco ou nada, nos informe como anda o mundo das ideas por Dublín.
A recente estreada Constitución ou Tratado Europeo de Lisboa que rexeitaran os irlandeses e que houbo que repetir o referendo, como recordades,houbo que poñerlle un anexo no que todos os países presentes ou futuros da Unión se obrigan a deixar fora a Irlanda das lexislacións que poidan regular o aborto ou o sistema tributario amais dalgunha outra cousa sobre o exercito. Parece que estamos ante unha sociedade ultraconservadora e integrista e con tan pouca conciencia sobre os dereitos dos nenos .A ver se o amigo Eduardo coa perspicacia e rigor que o caracteriza nos alumea algo neste sentido.
Agora uns avisos. O primeiro é para o amigo Luciano que ten tempo para facer declaracións á prensa “canalllesca” (Hoxe no Pais) e ningún día do mes para deixarnos unhas letras neste encerado. Estás perdoado de antemán pero se cambias de opinión es benvido. Polo que dis parece que estás algo desencantado e descrido. Pola fe non te preocupes. O importante é que non falle a caridade e maila esperanza. Unha aperta Lucho.
Os que entrades algunha vez en ATRIO xa o leriades pero os que non seguro que tedes interese en coñecer o que escribiu o compañeiro de Espiña (d.e.p.) e que sacaron do libro co que festexaban os 50 anos de cregos. Podedes atopalo poñendo en Google: El mundo,un pañuelo.La vida,un regalo. Pasaredes un bo momento rememorando o nome dos tramos nos que viviamos cada curso:San Luis.. e os letreiros que había na porta de cada aula: Initium sapientiae timor Dómini. Describe moi ben os anos pasados en san Martiño uns nove anos antes que nós e mais outro mundo de cousas que se len con agrado. Xa veredes.
Ao amigo Eduardo, ademais do encargo xa feito, debemos agradecerlle as contribucións tan acertadas que nos deixa. Con carraca ou sen carraca o xacobeo de recente creación que non é o mesmo ca o ano xubilar que xa se celebraba no A.T. parece que non arranca. Onte informaban que no que vai de ano chegou menos xente a Santiago que ano pasado e que fora dos días en que virá o papa de Roma non se esperan cantidades millonarias de xente. Loxicamente non é para celebrar. Mellor sería que tanto xan como pedro tivesen iniciativas mais imaxinativas e de futuro. Cando se anda para atrás retrocédese e non se vai a ningures a non ser que ese sexa o sitio ao que se quere chegar.
Xa está ben de lería. Un saúdo agarimoso para todos. Hai que cambiar de pola. Deica a próxima. Rafael
domingo, 21 de marzo de 2010
ETNOGRAFÍA ESPIRITUAL 2.
Aniversario oficial / oficioso
Sobre o aniversario oficial ou oficioso, o certo é que desde o 14 de marzo de 2009 empezamos a coñecernos mellor e a deixarnos coñecer; un tempo no que fomos axustando sintonía, tono e temas. Na fase do blog voces interesantes deixaron de participar, outros vanse descolgando; cada un está condicionado polas súas circunstancias.
Como présa non hai, podemos celebralo, Rafael, o 1 de San Xoán. Podemos celebralo cunha participación masiva, cun solemne cabodano (funeral de moitos cregos) ou entregalo en adopción, porque a criatura padece raquitismo. Ata podemos levalo ao Corpiño (Silleda) a ver se se lle quita o tangaraño. Merece ser abeirado no desván dos monxes, curas e ex seminaristas?
Tempos de carraca
A carraca volverá soar na catedral de Santiago. O Vaticano II liberou as igrexas da obriga de facer soar as carracas no triduo sacro. O cabido da catedral de Santigo acordou restaurar agora o artiluxio sonoro que lle dá nome á torre esquerda da fachada, mirándoa de fronte, despois de máis de 50 anos de silencio. O iniciativa supuxo 57.000 € pagados polo Xacobeo e o Consorcio de Santiago, cruz do santo André de madeira de carballo das Nogais, 200 quilogramos a 70 m de altura.
Etnograficamente parece unha proposta interesante. O simbolismo é fermoso: a campá representa a Cristo e o ruído da carraca representa o tremor da Terra pola morte de Cristo. Pero partindo do cabido, podería ser un acercamento inconsciente a Trento e un esquecemento do último concilio, como sucedeu coa recuperación da misa en latín e de costas ao pobo.
Eu lembrei os tempos en que os rapaces, coa nosa carraca ou roncha portátil, faciamos tabletear a lingüeta sobre o eixe dentado con devota ira na misa do Xoves Santo. A recuperación levará turistas a Santiago no Semana Santa e os artesáns da madeira aumentarán o traballo, se se pon de moda o instrumento musical portátil.
Será unha batalla máis gañada polo tradicionalismo retro da Igrexa?
Babel porteño
Aledoume o proxecto Babel porteño da Biblioteca Xulio Cortázar de Buenos Aires. Será iniciado coa apertura dunha sección que levará o nome Rosalía Castro, formada por 900 libros galegos. O proxecto pretende enriquecer a biblioteca porteña con libros nos idiomas empregados polas distintas nacionalidades que alí conviven.
A nova contrasta coa proposta de ofrecer un pacto pola lingua, pacto que xa había desde o Plan de Normalización Lingüística do 2004, aprobado por unanimidade, e roto agora unilateralmente en contra da opinión de case todos os que opinan. En vez do pacto inútil, mellor sería "recuar e abandonar a demagoxia para cerrar un conflito unilateralmente aberto por puros motivos electorais", en palabras de Xose L. Barreiro. Ademais, é conflito artificial, inexistente.
Pacto polo rexuvenecemento
Este pacto, proposto tamén no Parlamento, ¿significa que Galicia é un país de xubilados e que dependemos dunha inmigración que nos dea sangue e xuventude? A cambio, novas cores, novas culturas, novos deuses e novas relixións. Non será competencia desleal á rede de romarías que tan ben nutren a nosa etnografía espiritual?
Aproximación á etnografría
Etnografía espiritual, segundo Xesús Taboada Chivite, é a ciencia que estuda os elementos culturais de tipo espiritual, indispensables para coñecer a alma dun pobo: aquelas crenzas, coñecementos, ritos, usos sociais, métodos de traballo e producións útiles, literarias ou artísticas que un pobo posúe en común por tradición, e que se transmiten de xeración en xeración por tradición, independentemente da clase social. É a tradición viva, moitas veces vivente e tamén operante. Para coñecela, hai que afondar nas súas crenzas, na súa relixión e na súa linguaxe; hai que se meter na súa pel para ver e interpretar o mundo cos seus ollos, porque hai que traspasar as aparenzas, as evidencias, e desde o concreto, desde o fraccionado, chegar ao sistema, á filosofía con que tal pobo encara a vida.
É difícil achegarse á etnografía de calquera comunidade cando se trata de manifestacións espirituais que admiten interpretaccións diversas. Máis complexo resulta o propósito se o pobo descrito está en profunda transformación por efecto da civilización actual, que provoca comportamentos diferentes aos doutras épocas.
Moitas crenzas e prácticas están en franca regresión e resulta moi subxectivo describir a situación etnográfica espiritual. Agrávase o tema ao ter que xeneralizar, porque Galicia é poliédrica e cada pequena comunidade crea a súa propia cultura específica. Así pois, é moi discutible a utilización dos tempos verbais en pasado ou en presente, xa que os matices adquiren categoría de substancia.
Imposible facer aquí unha radiografía sincrónica, só uns apuntamentos por un percorrido diacrónico que axude a interpretar a alma colectiva de Galicia, que se foi forxando cos séculos.
Para Antonio Fraguas, Galicia é un país vello, cheo de encantamentos, porque o misterio desta terra se presenta en todos os camiños e ninguén debe sentirse alleo ao seu encontro, tan só precisa esperar a que o misterio pase.
Escribía Unamuno a propósito de Galicia: "Debeu de ser alí moi longa e moi entrañable a convivencia entre o home e a terra". Para conservar ese mundo, o paraíso unificado, o galego faise veciño de moitas terras e falante de moitas linguas.
Cando volve e recoñece desde o mar a paisaxe cambiante, canta:

Vexo Vigo, vexo Cangas,
tamén vexo Redondela;
vexo a ponte de Sampaio
camiño da miña terra.
A ausencia da terra nótase a miles de quilómetros e a distancias máis curtas, abonda con que cambie o perfil do horizonte:
Vámonos para Aguasantas,
miña cariña de rosa;
vámonos para Aguasantas,
que esta terra non é nosa.
A ausencia do lugar produce un sentimento doloroso e amargo por non poder estar na casa ou na terra propias. Por iso Rosalía Castro pide axuda ao vento, alento e vida, axuda para volver ao seu mundo:
Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra;
airiños, airiños, aires,
airiños levaime a ela.
Esta soidade exprésaa Rosalía lembrando o espazo que posúe:
Miña terra, miña terra,
terra onde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que plantei.
A comuñón entre paisaxe e persoa, o sentimento da terra exprésao así Castelao: "O vicio da raza lévanos lonxe do mar, da terra mesma que nos dá forza, sen que en ningún sitio encontremos descanso ás nosas tristezas; e cando cansados da loita non podemos ir a diante, sempre temos o camiño de volta que nos tira cunha forza misteriosa".
Eduardo Seco
miércoles, 17 de marzo de 2010
Males de cabeza
Santoral
Hoxe escribo desde Pontevedra, as dúas últimas achegas desde Dublín, onde hoxe celebran con moita cervexa a festa de san Patricio. Aquí é o san Lázaro, avogado sanador de enfermidades da pel; pero xeralmente festéxase o domingo anterior a Ramos.
Pésame
"Acabóuseme o tempo", dixo Delibes tres anos antes de morrer.
"Celsiño, isto acabouse", dixo Espiña a véspera da morte.
Xa que todos pasaremos por ese transo, é positivo que hoxe se aprobe en Andalucía a Lei da morte digna ou, mellor, da vida digna. A dor debe ser combatida, como dixo Andrés TQ na conferencia sobre o problema do mal.
De Delibes poño na lista de lectura El hereje, onde explica, tras superar unha grave enfermidade, como debe ser un novelista. Tamén Las ratas, sobre a orfandade radical dos homes, o desamparo, sen caer na desesperanza. Morreu un mestre do castelán sempre atento á lingua do pobo.
A cadaquén o seu
As máquinas tradutoras non son responsables de nada. Si, os que non teñen raíces nin reflexos.
Onte tamén oín unha cita de Alba de groria, de Castelao, traducida ao castelán, nun discurso en galego no Parlamento de Galicia.
O borrador de pseudopolilingüismo que se quere implantar en setembro apunta á mesma liña ideolóxica; non importan os informes negativos da RAG, do Consello da Cultura, do colectivo de xuristas, de profesores de universidade, de sindicatos, de asociacións de pais de alumnos, de representantes de centros relixiosos, nin as manifestacións masivas.
Cela de castigo
Sigo tendo pesadelos, pero agora irei a un psiquiatra de "pagho", como din na miña terra. Como terapia preventiva vou transcribir un capítulo de Males de cabeza, de Fran Alonso. Xerais. 2001. Retrata a incoherencia e irracionalidade de moitos galegos:
Desviación de chamada
-Si?
-Ola, bos días. Son Héctor Sabarís. Chamo de parte de Lula, a profesora de francés, que é amiga súa e me deu o seu teléfono. Non sei se ela xa falou con vostede...
-...
-É que estou a facer a miña tese de doutoramento sobre didáctica e ensino en Galicia durante os anos 7o e quería falar con vostede, porque seica foi directora do Instituto de Mondoñedo.
-Si.
-Teño entendido que foi directora dese Instituto a principios da década, non si?
-Fui.
-Ahá. Pois iso é o que me interesaba. O seu testemuño. Como lle comentaría Lula, para facer a tese necesito falar con xente que me poida responder a unha serie de cuestinarios estándar que eu elaborei.
-Ya. Mire, usted habla gallego, ¿verdad?
-Se falo galego? Claro. Pois gustaríame intercambiar impresións con vostede, facerlle algunhas preguntas, en concreto en relación con cuestións didácticas do Instituto que vostede dirixía.
-Ya.
-E, se non ten inconveniente, como teño entendido que vostede xa hai anos que non vive aquí, que me dixo Lula que agora vive en Alacante e xa marcha para alá dentro duns días...
- Ya. No, pero mire...Yo, aún esta mañana estuve en Correos, ¿ sabe?, y había allí una parejita que eran ingleses, fíjese, y resulta que los pobres estaban absolutamente perdidos y no sabían que hacer. ¿Y sabe usted por qué? Porque no entendían nada.
- Xa, pero, iso que ten que ver comigo?
- ¿Con usted? Con usted la parejita no tiene nada que ver, se lo digo porque los pobres no entendían nada porque estaba todo en gallego. Y claro, como eran ingleses, fíjese usted.
- Xa, de todos os xeitos, a min o que me interesaría, se non ten inconveniente, é facerlle chegar o cuestionario, e saber, para non molestala máis, se estaría disposta a contestalo. Como lle dixen, as preguntas están relacionadas con...
- No, molestia no es, pero mire, yo no sé si usted me comprendió, lo que le quiero decir es que no entendían nada porque les estaba todo en gallego y tuve que ayudarles yo, a los pobres, para que pudiesen enviar sus postales.
- Xa, pero ese asunto non ten nada que ver co que eu lle digo. Eu simplemente quería saber se estaría vostede disposta a axudarme na miña tese respondendo a ese cuestionario que, asegúrollo non ten ningún tipo de preguntas persoais senón que...
- Pero oiga, ¿es que usted no sabe hablar castellano?
- Pois claro que sei, pero non creo que teña importancia agora que idiomas sei falar eu.
- Oiga, pues si sabe hablar castellano, ¿por qué no me habla en castellano?
- Porque non vexo razón ningunha para facelo; non sei por que vou falar en castelán con vostede, se vostede é galega e vexo que me entende perfectamente.
- Pues por una razón muy simple: por educación.
- Xa, pero por educación tamén me podería falar vostede a min en galego, e non lle estou pedindo que o faga. Eu fálolle galego e vostede enténdeme perfectamente e vostede fálame castelán e eu enténdoa perfectamente. Non vexo onde está o problema.
- Ya, pero podría no entenderlo.
- Pero non é o caso. Eu respecto a lingua que vostede utiliza, non pretendo que me fale galego. E eu non acabo de ver a razón pola que teño que falarlle castelán cando me entende perfectamente.
- Por educación.
- Por educación, como lle dixen, tamén podería vostede falarme a min en galego. Mire, eu non a chamei para discutir cuestións lingüísticas, o único que quería saber é se está vostede disposta a axudarme respondendo a unhas preguntas por motivos profesionais.
- ¿Y no puede usted hablarme en castellano?
- Podería, claro que podería, xa llo dixen, pero non o vou facer porque non vexo razón ningunha para facelo.
- D`acord. Alors, à partir de maintenant, comme vous ne voulez pas me parler en espagnol, moi, je vais vous parler en français, parce que je suis dans mon droit, moi aussi, de vous parler dans la langue dont j´ai envie. Alors, debrouillez vouz.*
*- Vale, Entón, a partir deste momento, xa que non quere vostede falarme en castelán, eu voulle falar en francés, porque eu tamén estou no meu dereito de falarlle na lingua que me peta. Así que apáñese.
- Il n´y a pas de problème. Si vous voulez, continuons la coversation en français. Je n´y vois pas d´inconvenient. Mais vous répete que je ne regrette d´aucune fason votre droit à parler la langue que vous voulez, c´est vous qui me refusez, à moi, le droit de parler en galicien, qui est ma langue. And, if you want, we can also do it in English**
**- Non hai problema. Se vostede o quere así, continuamos a conversa en francés, non teño inconveniente. Pero repítolle que eu non lle nego en absoluto o seu dereito de falar a lingua que vostede queira, é vostede quen me está a negar a min o dereito de falar en galego, que é a miña lingua. E, se vostede quere, tamén podemos falar en inglés.
- Ah, si? Pois daquela falamos galego, ou que se cre...Eu tamén sei falalo! E ben que o fago, que meus pais non sabían falar outra cousa e é a lingua que eu mamei de nena. Vaia, ho!.
Eduardo

Aniversario natural (Rafael)
Moi señores meus: Hoxe que teño algo de xeito vou a rexistrar para que quede constancia,a todos os afectos, que o Domingo día 14 do mes que andamos comezou a súa andaina este taboleiro electrónico ou foro “in memoriam Severino Calvo”como o bautizou Ramón Senín. Ese día o compañeiro e amigo Severino(d.e.p.) mandounos un correo a todos aqueles dos que tiña a nosa dirección nestes termos:
"!Hola a todos¡ Amigos y compañeros
A pesar de mis antecedentes, nunca me gustó hablar ni de religión ni de política, porque al final casi siempre terminas peleado.
Pero ayer surgió un tema que me gustaría debatir con algun amigo cura o ex.
Ayer toda la prensa nacional se hizo eco de uno de los logros mas importantes en los avances de la ciencia médica y que abre un futuro impresionante.
Por primera vez en España, se consiguió seleccionar geneticamente un niño, que al nacer va a curar su hermano que nació 7 años antes con una enfermedad incurable, (debida a el azar le causó una mutacion genética).
ESTO ES UN NOTICIÓN para el niño enfermo, para sus padres y para casi todo el mundo civilizado.
Por ello no entiendo, la postura de los obispos, descalificando este MILAGRO. Esto, sin duda, creo que lleva a vaciar iglesias y aumentar el número de agnósticos y ateos.
Me gustaría conocer vuestra opinión
Un abrazo"
O que veu despois xa e coñecido e xa vai alá un ano. “Tempus fugit”. Seguramente se tedes curiosidade podedes comprobar como en moitos casos non coincide o día de nacemento que figura na inscrición do libros de bautizados coa que aparece no Rexistro Civil. Os que teñen menos de 45 anos que naceron xeralmente en hospitais e que se lles estendeu un certificado médico de nacemento xa nos hai diverxencias entre ambos rexistros. A razón está en que a Igrexa, cando nacemos obrigaba a bautizar aos nenos inmediatamente despois de nacer ou cando menos ao seguinte día. Os partos eran atendidos no medio rural polas parteiras. Tanto no Rexistro Civil como na parroquia a data de nacemento era a que manifestaba a persoa que o inscribía. Ao cura dicíaselle o día anterior para que non berrase e no rexistro civil,xeralmente menos rigoroso o día real do nacemento ou outro calquera. De aí as discordancias moi frecuentes en xente da nosa idade.
Ven isto a conto porque este blog oficialmente inaugurouno Andrés o día 1 do mes de San Xoán (moi agradecidos todos), como podedes comprobar andando para atrás pero a criatura naceu realmente na data en que eu vos acabo de comentar. De todos modos como a data que fai fe é a que aparece no documento oficial, salvo proba en contrario, celebrarémolo por todo o alto, se chegamos alá , no seu aniversario oficial.
Moi bonito os versos de Puertas. Hai que ter coidado coa carteira sen ningún xénero de dúbida. O pai dun amigo meu aconsellaba ao fillo cando viaxaba que coidado coa bolsa dos cartos,Un home sen bolsa e un ninguén. Hoxe coa telefonía móbil e con Internet nun día de semana todo se arranxa aínda que perdas a bolsa. Se a perdes un fin de semana xa a cousa se complica mais.
Deica a próxima. Saúdos a todos .Rafael

sábado, 13 de marzo de 2010
entrada breve
Sólo decirle a Fernando Ledo que no sabe aún que la democracia es para muchos "poder hacer lo que me da la gana ; y pedir sin obligación de dar" Si te consuela te dirá que en Madrid hay muchas plazas donde se celebra botellón todos los fines de semsna , con las consecuencias que bien conoces .
Me gusta el ecumenismo "plural" que propone Rafael para hacer del Xacobeo algo nuevo , más rico y más elevado en intenciones .¡Ojalá alguien con poder recoja la idea!
Un saludo : Andrés L. Amboage

Suscribirse a:
Entradas (Atom)