Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 15 de febrero de 2016

CRÓNICA VISUAL (Do xantar de inverno)

Queridos amigos: Aí queda en imaxes que cederon os compañeiros Enrique Vázquez Pose e mais Antonio Puertas. Ilustran a xa tradicional,de curta tradición,comida do entroido que vimos celebrando desde hai un lustro mais ou menos.

Xuntámonos os que puideron, fundamentalmente da Coruña,cunha digna representación de Santiago:Luciano pena,Tacón Míguez e Fernando Ledo e de Pontevedra: Ramón Senín e Bermúdez Outes.

Foi unha comida de irmandade onde non faltaron a sopa de cocido e unha laconada con produtos ourensáns sabedores e abundantes.

Os que participastes ao mirar os retratos,sobre todo os feitos polo camarón,dos que non os leva a corrente,de Puertas axudaranvos a rememorar tan sinalada efeméride. Pois aí quedan para xeral admiración ou san envexa.
 Na terraza,nun día soleaado,mentres ían chegando os mais atrasados.
Dando conta do xantar en animada conversación
Na L da mesa.Non precisan presentación.
Tamén recoñecibles os que se lles ve a cara.
O compañeiro Alvite parece que xa restablecido e sen gardar réxime de comidas.
Fernando Ledo manifestando que el non quere marchar sen antes pagar.
En animada conversación Pereira e mais Senín.
A proba do 9 de que pagamos o que comemos.Agustín Dios como bo bancario co diñeiro ordeado.
Xa na despedida comentando que estivera moi ben.

Van a seguir ou tra serie de fotos sen comentarios:
Aí queda iso para xeral admiración.Verémonos pronto.Saúdos para todos.Co afecto de sempre.Rafael.

miércoles, 27 de enero de 2016

XANTAR DE ENTROIDO


Seguindo instrucións de Dios Vigo, ao mesmo tempo as recibiu de Ramón Senín, vou deixar aquí a noticia da comida de irmandade que viñamos celebrando estes últimos anos na semana anterior ao Domingo do entroido.

Será o venres,día 5 de febreiro, no lugar de sempre. Para chegar,de non ter vido en anos anteriores, podedes informarvos aquí:


Chegaremos sobre a 1 da tarde,se o tempo o permite daremos un paseo previo ao xantar, e arredor das dúas e media daremos conta do tradicional cocido cos seus correspondentes sobremesas. De téreno dispoñible saborearemos o xa testado viño,de xeral éxito e acollida, chamado “Crego e monaguillo”.

Estades convidados todos os que accedades a este Blog .Debedes de comunicárnolo a Agustín Dios ou a través deste medio,a poder ser antes do Mércores anterior, día 3 de Febreiro,para facer o encargo no Mesón.

Esperámosvos con moito agrado a todos os que poidades e queirades vir. Recibide un afectuoso saúdo deste escribidor. Rafael.

domingo, 20 de diciembre de 2015

¡ BO NADAL !...aínda que tan só sexa para os espiritos.

Antonio Puertas

lunes, 30 de noviembre de 2015

Bendito mes, que comenza con tódolos Santos, e remata con San Andrés.

Parabéns para ós ANDRES ..(.aínda que, moitos, neste mundo non se enteren )

Antonio Puertas

lunes, 9 de noviembre de 2015

OPINION PUBLICADA

Vou acender unha lámpada de baixo consumo, ou prender unha candea, para entrar neste cuarto do blog e non tropezar e magoarme con algún obxecto non identifivado.O pobre de Antonio Puertas non sei como fixo para colar as súas poesías.Faríao a plena luz do día para non tremer de medo.Non me fagades caso ao final o único certo e aquel dito ou máxima que dicía: Vánitas vanitatum et omnis vánitas.Pois de leria xa "sufficit yam".Aí queda unha coudsa que escribín hai und días e pedíronme que a deixase aí e dito e feito.Aí queda:

 CONDUCTA HEROICA

Informounos este xornal recentemente que os fillos da finada Rosalía Mera e de Amancio Ortega , Sandra e Marcos, ingresaron na Facenda Pública Galega mais de 100 millóns de euros polo imposto de sucesións e doazóns. Rosalía Mera,cando se faga a súa haxiografía,será tida como unha Rosalía de Castro no literario,unha María Pita na defensa dunha cidade ou unha Xoana de Vega na protección da beneficencia na Coruña. Rosalía Mera foino na defensa e promoción de persoas de capacidades diversas sen preguntar de quen viñan sendo. A fundación Paideia é todo un exemplo na cidade da Coruña.

O titular da noticia era:”La Xunta hizo su agosto con la herencia de Rosalía Mera” Representa mais do 40% do total recadado o ano pasado por ese tributo. Dunha nai así era de esperar unha conduta exemplar dos seus fillos

A noticia refería,aí está a heroicidade,que distintos asesores fiscais recomendáranlles mudar de domicilio para a comunidade de Madrid para non teren que pagar ese imposto. Nos tempos que corren ,onde personaxes nun tempo respectables e con responsabilidades públicas saquean o diñeiro de todos,lévano a paraísos fiscais para non contribuír no seu pais,ninguén negará que estes dous cidadáns merecen ser candidatos a medalla de honra de Galicia ou as de Castelao ou a algunha que se cree a propósito para conmemorar condutas heroicas. Axudaría ademais,xa que os exemplos arrastran e as palabras lévaas o vento,a ser un referente ético onde a lei que impera é a de que o diñeiro,canto mais mellor, é a medida de todo .

Cos mellores desexos.Rafael

viernes, 6 de noviembre de 2015

LLEVARÁS

Llevarás contigo la infancia de mi vida
cuando se apaguen las luces de mis recuerdos.
Llevarás mis ilusiones sin más salida,
que el sino de vida que dictaron los cielos.
Llevarás mi silencio hasta tu cementerio,
sin lágrimas en los ojos de un cuerpo inerte.
Llevarás el enigma hasta ver el misterio,
mas, no podrás con mi alma, aunque en polvo despierte.

Antonio Puertas




domingo, 25 de octubre de 2015

O Vilán de Fora

...Tamén, por deixar algo e non morrer no intento:

O VILÁN DE FORA

Roxen os ventos no Vilán de Fora,
e o mar debulla na cerna da rocha;
a barquiña cruza a carón da focha
seguindo a canle da espuma que aflora
…e afoga de proa,.. erguéndose agora.
En lampo cumial planea a gaivota
danzando co mar da terra que acocha,
o niño espido no Vilán de Fora.
Maxestoso, érguese o noso Villano,
retando a un pulso co seu braceo
ao vento e ó mar, a través do engano,
e, oufano, ós dobrega de forzas cheo,
cos raios que cisca pa perder no ceo.


Antonio Puertas.


martes, 29 de septiembre de 2015

POR DEIXAR ALGO

Hoxe,ademais de por estar de días,tiven algunhas chamadas pedíndome que puxese no Blog o que publicou onte a Voz.Como o traballo que da é mínimo,é un corta e paga, pois aí queda para que o que o pediu e mais algún que outro que poida entrar teña acceso.Que sexades moi felices na medida en que sexa posible cada un en función das súas circunstancias que como dicía,coido que era Ortega,un e un e as súas circunstancias.

Aí queda:

ANTICORRUPCION EN GALICIA

A Fiscalía contra a Corrupción e a Criminalidade Organizada, é o nome oficial, foi creada no ano 1995, na etapa final do Goberno de Felipe González, Acordamos que foi unha época inzada de casos de corrupción. Neses anos popularizouse o slogan“Vaiase señor González” destacando o Partido Popular por perseguir e denunciar un estado de corrupción asfixiante. Despois de acadar o goberno xa non foi tan entusiasta. No 2003 destituíu a D. Carlos Jiménez Villarejo,e ao ano seguinte o Fiscal Xeral do Estrado, D.Jesús Cardenal, xa propuxo suprimir a Fiscalía anticorrupción.

Nestas días que tanto aquí, operación Patos ,como en Madrid a Púnica seguimos botándonos as mans á cabeza pola cantidade de descarados e desvergonzados que malversan diñeiro público, prevaricando, facendo algo inxusto sabendo que o é. Nin devolven o roubado .nin hai esperanza de que os xulguen mentres non pasan dez ou mais anos Seguen burlándose dos demais cidadáns que pagan relixiosamente os seus impostos esperando un xuízo e unha sentencia que nunca da chegado.

O peor disto é que houbo moita xente pedindo dende hai anos que tivésemos en Galicia unha fiscalía anticorrupción e non fixeron caso nin ao Fiscal D. Carlos Varela , nin a Xunta de Fiscais e ao Tribunal Superior de Xustiza. A resposta sempre era o silencio ou que non era a comunidade onde mais falta facía. ¿Ou será que,como pensan algúns, aos raposos non lle gusta toparse con cans que os persigan, cando van aos galiñeiros?

Pois deica á próxima vez.  Rafael


jueves, 17 de septiembre de 2015

Como xa comín, despois do xantar, ven o postre ( segundo prometín a algúns- pa que non morran de fame ):

VEÑO DA VIRXE DA BARCA

Veño da Virxe da Barca,
da Virxe da Barca veño,
co pandeiro aqueloutrado,
de tanto viño que teño.
Vou cara a Virxe da Barca,
co meu pasiño lixeiro,
por veces tocando a gaita,
e, por veces, o pandeiro.
A gaita mendada ía
bufando por un remendo,
-por culpa dunha costura-
cunha arte que non entendo.
Canto e bailo co Ribeiro
e co mareo que teño:
...un grolo de aquí e outro de ala,
-a miña bola- vou e veño.
Con saleiro, vou por Muxía,
malia que achico o punteiro,
que rachou en medio da estrada,
mallado por ser festeiro.
Pobriña gaitiña miña,
que estoupou polo remendo;
xa a gaita non vale nada,
e a costureira na entendo.
Veño da Virxe da Barca,
achicado e sen pandeiro,
que mala chispa á parta
     por ter zurcido o punteiro.
Antonio Puertas


PALOMA BLANCA
Paloma blanca, si es que me muero
al cruzar el cielo o el ancho mar,
lleva en tu vuelo mi cancionero,
en tu vuelo lleva este cantar.
Lleva mi amor a quien yo más quiero,
blanca paloma del palomar,
llévale un beso, que es el primero,
que abre los cielos para volar.
Dile paloma que yo la quiero,
como la orilla quiere a la mar;
dile paloma que yo la espero
junto a las olas con mi cantar. 
Dile que he vuelto con mis recuerdos,
dile que he vuelto para soñar
con los luceros aletargados,
que en su mirada yo he visto brillar. 
Paloma blanca lleva mi barca,
si es que a su nido vas a volar,
pues, con sus velas, el cielo abarca,
y surca el tiempo con mi cantar.

Antonio Puertas



sábado, 12 de septiembre de 2015

CONVIVENCIA 2015

Para que conste onde proceda vou deixar neste muro ou muralla, leva pechada unha morea de tempo, as fotos que me mandou moi dilixentemente o compañeiro Enrique para que se poidan contemplar cun simple clik aqueles que non teñan medo a estes modernos cacharros que revolucionaron por completo a forma de andarmos polo mundo.

E obrigado comentar a sentida ausencia do compañeiro Barral (RIP) que sempre ordenaba facer a foto de todos que logo nos entregaba ao ano seguinte. Desta vez ninguén fixo a acordanza e quedou sen facer.

E de xustiza tamén agradecerlle aos que organizaron esta convivencia o de volver a Belvís onde pasamos o final da infancia e toda a adolescencia. Igualmente o de ir a San Martiño onde tamén algúns pasamos sete anos e como dicía Ramón Senín debestes de ter vivencias moi profundas. A verdade é que como bo militar,seguramente o foi,rigoroso e observador,non lle falta razón. Ante esa monumental Igrexa e diante do retablo barroco mais característico da arte universal foi onde accedemos ao mester de clerecía.

Debe igualmente quedar constancia do satisfeito que quedou Agustín Dios pola alta participación,34 asistentes, este ano. El como bo dirixente bancario acostumado a traballar por obxectivos valora moito mellor ca ninguén a medición dese dato.

Tamén a Enrique que tivo a feliz idea,ademais do traballo na organización, de propor a visita a Igrexa de San Martiño que moito ten que ver e admirar.

A alguén se lle pasou ler no,memento de defuntos ,a lista dos ausentes. Para min era o momento mais desacougante destas xuntanzas. Seguramente por pertencer á dinastía numerosa dos “garcias”dos que quedamos menos da metade.

Como introdución ou exordio para colar as fotos xa é suficiente. No epílogo farei algunha breve consideración e queda xa a peza completa. Diría D. Manuel Calvo Tojo. profesor que foi de elocuencia.

Aí quedan as imaxes:








Pois nada masi como epílogo: mercade tinta e mais estilográfica se a perdestes e cando non teññdes algo mellor que facer deixade algo neste taboleiro para xeral coñecemento se vos parece ben.Saúdos para todos e seguiremos vivindo que "Vivere neccese est,navigare non est neccese.Rafael