Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 5 de octubre de 2009

CADA IDIOMA É UN MUNDO. Complemento.

Como o prometido é débeda, transcribo un texto que demostra a riqueza semántica dun idioma, con matices de imposible tradución a outra lingua.
Interprétese como un complemento ao punto 7 da entrada anterior (2-X-09). Esa razón pedagóxica é a que xustifica a oportunidade de incluír aquí este minniestudo léxico-semántico.

Matices semánticos
Esta páxina rende homenaxe a un dos vocablos galegos máis usados e coñecidos, dentro e fóra de Galicia. Serve tamén para salientar a riqueza de matices semánticos que o xenio dun idioma pode dsenvolver a través do tempo, pese a que o galego foi e é lingua minoritaria e patrimonnio dunha comunidade reducida de falantes.
Abofé que é unha palabra ben prolífica.
Carallo: pronunciado sen énfase nin intención, significa membro viril, pene.
Caralla: idéntica significación cá forma masculina.

Peero en contextos distintos e con lixeiras variacións sintácticas, morfolóxicas ou fonéticas, pode adquirir unha riqueza extraordinaria de significados.
Eis a proba da afirmación anterior:

Carallo!: exclamación, asombro.
Caralló!: admiración.
Cara...llo!: asentimento.
Carallazo: contrariedade, golpe.
Carallete: interxección.
Carallada: troula, farra, parranda.
Carallear: andar de parranda.
Carallán: 1 trouleiro. 2 informal.
Caralludo: estupendo, formidable, de calidade.
Escarrallar: 1 deteriorar. 2 esmendrellar. 3 magoar, mancar. 4 desperdiciar.
Escarallado: 1. deteriorado. 2 magoado. 3 desperdiciado.
Escarallación: colmo de algo.
Escaralladiño: esgorado polos anos. (Coma nós?).

É curioso o emprego deste vocablo nas persoas maiores, e significativa aa deformación do uso na linguaxe dos anciáns. A palabra carallo está intimamente ligada á virilidade, pero mentres un mozo di con voz varonil: "Me cago no carallo!", a xente maior, por deformación instintiva, feminiza e exclama: " Me cago na caralla!".

Tamén defora a palabra o que preseume de educado, o cursi, e cando fala, sobre todo diante de señoras, defórmao para substituílo por carballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario