Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 7 de octubre de 2009

¡HOLA AMIGOS!

Xa que entro aquí por primeira vez, quero empezar por reconocer a formidable organización da última xuntanza que nos preparou o Pirraques. Tamén quero agradecer a Enrique o maravilloso recordo audiovisual co que nos agasallou; e igualmente agradecer a Barral as preciosas fotos que tan desinteresadamente nos brinda cada ano. Todo esto contribúe a que as nosas xuntanzas sexan como hitos históricos nas nosas vidas que nos fan soñar con ilusión na vindeira convocatoria.

Acabo de ler o escrito sobre o uso do galego que nos ofrece Rafael. Estou totalmente de acordo co que nos conta. A min sempre me resultou moi deprimente o feito de que en tódalas parroquias rurais nas que fun crego e sigo sendo, me atopei con que os rapaces da catequese, salvo raras excepcións, falan castelán. E si esto ocorre cos nenos da catequese, moito máis sucede cos mozos da Confirmación. E de nada serve que eu sempre use o galego tanto na catequese como nas homilías; eles seguen co seu idioma. Menos mal que os seus familiares maiores ainda me falan galego.

Pola miña parte veño celebrando Misa en galego o primeiro domingo de cada mes, dende fai moitos anos, e tamén nas demáis Misas emprego sempre o galego nas homilías e comentarios durante a celebración. Ó ler a cita de Manuel González que nos trae o amigo Rafael, penso que posiblemente algúns xoves me teñan por paleto, atrasado ou cura de aldea; en tal caso esto último teño por unha honra como dicía o recordado cura de Aguiño, Paco Lorenzo, de felíz memoria.

En fin, ahora que entrei nesta rolda, xa vos contarei outras cousas. Son as doce e cuarto da noite e os osos pídenme cama. Deica logo.

Fernando Ledo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario