Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 5 de octubre de 2009

Matices semánticos. CONTINUACIÓN. Eduardo.

Un trasno informático coouse no teclado e publicou o artigo antes de telo rematado. Continúo agora, despois de: "para substituílo por carballo"...
Esta entrada debe lerse, por tanto, despois da seguinte do blog. Disculpas.
...
Para agradar, gabar os soldados galegos, fóra tamén se dicía: "Los carallitos de Franco".
A variedede e riqueza de acepcións desta palabra son case ilimitadas: o mesmo para para engrandecer que para denigrar, para afirmar que algo é bo o que é malo; pode expresar indignación, canseira ou risa. E así, morea de sentimentos coma estes:

Resignación: Ai que carallo!
Indignación: Non me toques o carallo!
Asombro, sorpresa: Manda carallo!
Indecisión: Que carallo!.
Diversión, festa: Bueno, carallo, bueno!
Desplante: Vai ao carallo!
Pregunta curiosa: Que carallo che importa?
Contrariedade: Tócate o carallo!
Cansanzo: Déixame de caralladas!
Ofensa: Este carallo é parvo!
Ameaza: Ven, carallo, ven!
Temperanza: Cálmate, carallo!
Grosaría: Ráscame o carallo!
Negación: Non, carallo!
Negación rotunda: Nin carallo nin nada!
Xuramento: Me cago no carallo!
Ira: Me cago no carallo, carallo!
Desafío: Si, carallo, si!
Gabanza, loanza: É un home de carallo!
Desobediencia ou desprezo: Pásame por debaixo do carallo!
Animosidade: Dálle, carallo, dálle!
Capricho, antollo: Saíume do carallo!
Calidade: Non vale un carallo! Está de carallo! É caralludo!
Valor: Róncalle o carallo!
Sede de xustiza: Levou un carallo como aun brazo!
Fatalidade: Ten carallos a cousa!
Esgotamento: Xa estou ata o carallo!
Obscenidade: Aquí, carallo, aquí!
Lascivia: Mángalle o sacho, carallo!
Picardía: O caralliño!
Meteoroloxía: Está un tempo de carallo!
Afastamento: No quinto carllo!

Tamén se utiliza frecuentemente como comodín conversacional, en frases longas e situacións apuradas:
"Entón chegou Pepe e un servidor, carallo, díxolle: Carallo, Pepiño, que carallo fas aquí?".
Ou este dito: "Xente de Marín, tropa do carallo".

En conexión coa cultura hispanoamericana está a frase: "Manda carallo na Habana", que parece que dixo espontáneo Colón cando os Reis Católicos o mandaron ao carallo.

Nno campo da copla popular, esta con que remata toda carallada:
"Aí vai, aí vai, aí vai, carallo, aí vai!".

É prolífica ou non a palabra? Quen se atreve a traducir ao castelán estes matices semánticos?

Eduardo Seco




No hay comentarios:

Publicar un comentario