Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 14 de octubre de 2009

Rúa Profesor Tino Trillo

Saúdos a todos, amigos:

¡Que ben están estas semanas de catro días laborais! ¿Por que haberá tan poucas?

Sigo lendo a diario o que escribides no blog. É como escoitarvos falar, como se a sobremesa do xantar de Santa Tegra aínda non rematara. ¡Que ben estivo!
Hoxe quero plantexar un novo tema. Seguramente xa sabedes todos que o xornal La Opinión de A Coruña (non é o único) está a promover que os cidadáns axuden ao Concello a atoparlle novos nomes a 22 rúas que deberán cambialo por mor da Lei da Memoria Histórica.
Buscando na propia páxina de La Opinión "memoria histórica-22 calles", ou buscando en Google "renombrar calles coruña" aparece o sitio no que a xente propón novos nomes e comenta razoadamente os seus motivos. O departamento de Filosofía do IES Salvador de Madariaga,ao que pertenceu, promove que a actual rúa Pepín Rivero, situada nas inmediacións do Instituto leve o nome de Profesor Tino Trillo. Trillo foi profesor e director do centro durante máis dunha ducia de anos e deixou a súa pegada nuha xeración de rapaces e nas súas familias, moi especialmente nos rapaces con moitos problemas e poucas oportunidades. Na páxina que citei antes, podedes ler mensaxes emotivas de moitos deles e tamén de nais, pais e compeñeiros, moitas rosas coas que a una man inspirada coma a de Puertas non lle costaría moito construir unha fermosa elexía. Se a idea vos parece ben, entrade na páxina e sumádevos cos vosos comentarios á proposta. Pero aínda no caso contrario, veredes que paga a pena ler o que moita xente está a dicir dun compañeiro de Belvísdo57, que desgraciadamente finou cando había moita máis necesidade del neste mundo que no outro.
Unha aperta.
Manuel López

3 comentarios:

  1. Hola amigo:Yo no pongo en duda, nin por un sólo instante, de que el profesor TINO TRILLO,fuera merecedor de que su nombre lo llevase una calle de nuestra ciudad.Lo que no estoy de acuerdo,es en entrar en el juego del "politiqueo":retirar todo simbolo de nuestro pasado (bueno o malo),y, a la vez,levantar monumentos y estatuas con dinero público a personajes como Fidel Castro o el Che Guevara,por ejemplo.O hay seriedad en todo ésto,o,al menos,conmigo que no se cuente para este"juego".
    Un saludo,amigo
    A.Puertas

    ResponderEliminar
  2. Estimado Manuel:Estou conforme en que Tino Trillo pese a que non o tratei moito,foi un exemplo de entrega aos demais e que tiña unha sensibilidade especial para os mais necesitados.E por suposto que merece levar o nome dunha rúa.Xa fixen a miña sinxela aportaciónn á paxina na que hai que asignar.Gustoume moitísimo, penso que ainda non o dixen, a oración que dirixiu Andrés e que aparece no noso blog. Pareceume extraordinaria.Graciñas por avisarnos.Cando teña algo de mais xeito contarei unha anecdota que me pasou no ano 1977 co finado Constantino.Gracias Manuel

    ResponderEliminar
  3. O anterior comentario fixoo Rafael.Coas presas non me lembrei.Novamente saúdos

    ResponderEliminar