A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís
domingo, 26 de julio de 2009
Adeus sentido a Juanjo (Rafael)
Un amigo de Santiago informoume do seu pasamento. Enterrárono no claustro da Catedral o día do Apóstolo. Fixérano cóengo hai pouco mais dun mes. Dounos clase de Socioloxía no curso 1964 65 Non foi un profesor calquera polo menos para algúns de nós. Iniciounos no método da revisión de vida: ver, xulgar e actuar. Con que paixón falaba do do Cardeal Cardinj, fundador da J.O.C. que ese mesmo ano nomeara o Papa Paulo VI. Colaborou sempre incondicionalmente co grupo de Xesús Obreiro que se implantara en moitos seminarios de España e do que saíron case que todos os consiliarios de JOC e HOAC. Das augas do sistema de revisión de vida, transformador por esencia da realidade, beberon cantidade de laicos e cregos nesa época. Foi unha fonte fecunda de dirixentes sociais, políticos e sindicais que loitaron pola democracia. Algún deles dirixiu un sindicato dos mais importantes de Galicia ate hai poucos anos .Gracias Juanjo de todos aqueles aos que nos axudaches a ter conciencia social mais que socioloxía. Agora descansa en paz.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario