Ao regreso dunha viaxe por terras de san Martiño de Panonia, coñecido por Martiño de Braga ou Dumiense, lin as achegas de Rafael, Ramón, Andrés e Puertas.
Como agora no verán non teño Internet na casa, tardei días en volver ao blog e hoxe, 23, atopo a triste noticia da morte de Constantino, tamén no correo. Sorprendeume e fíxome pensar a idea de Andrés traída de Mateo, 21,28-32: a do mozo que non quería traballar na viña, pero despois arrepentiuse e foi. Loitar por un mundo máis xusto e igualitario é traballar na viña do pai. O que non entendo agora é a reprimenda de Xesús cando os discípulos lle contestan que este, o primeiro, seguira a vontade do pai.
Nos anos de filosofía Constantino tiña moita caridade e paciencia cando explicaba unha e outra vez a algúns compañeiros os temas ata que os entendesen e os aprendesen de oídas como nas escolas anteriores á era Gutenberg ou a peripatética de Aristóteles polo claustro de San Martiño Pinario. Tiña un memorión e podía repetir de memoria moitos temas. Hai anos que asistiu a unha convivencia no Seminario Mayor. Desexo que atopase alá o mundo xusto polo que loitou aquí.
Tiña unha entrada máis longa e distinta, pero tempo haberá de desbarrar. Hoxe remato aquí en sinal de respeto e admiración a Constantino.
Eduardo Seco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario