Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 21 de julio de 2009

PÉS DE FOTO



O noso querido amigo Vázquez Pose dime que poña nomes a foto. Tamén di que cando empece o novo curso entrará ao trapo. Deduzo que en Setembro teremos un participante mais.
1ª Fila: D Manuel Calvo vicerreitor. Tratounos como homes pese a ser uns rapaces novos D. Camilo antes que nada era compañeiro e cómplice dos cregos D. Manuel Capón era reitor desde o ano 1929. Reitor decano. No seu corazón cabiamos todos. O Cardeal D. Fernando. Na súa tumba sempre hai flores. Cando saía de Palacio acompañando a D. Ramón Otero Pedraio era un espectáculo ver a aqueles dous homes, grandes en todo, Con frecuencia comían xuntos. O Cóengo que está ao lado non me lembro do seu nome,e por último na fila de autoridades D. Juan Bretal. Cos que eramos do Barbanza amosaba un afecto especial
2ª “ : Un franciscano encantador. Asistían desde o 1967 á clases de Teoloxía con nós. Mostrounos o convento de San Francisco con todos os pasadizos e comunicacións secretas. A Humberto Eco: “El nombre de la Rosa”, non se entende se antes non che mostran un convento por dentro.
Séguelle D. Fermín Bello. Que se recupere tamén das súas avarías .A continuación Barros Brey. Bo amigo como el sabe. Séguelle Barcia Lorenzo. “Sacramenta sunt sete. Nec pauca nec pauciora”Traduceu: Os sacramentos son sete nin poucos nin moi poucos. Sorte. Segue Juan Caamaño Calvo. Hoxe ex .Tamén bo amigo. A continuación: D. Albino Verdía. Tamén foi seminarista obreiro, na vendima en Francia. Sorte.
3ª “ : Outro franciscano dos dous que se ordenaran con nós. Distinto carácter ca o anterior. A cara espello... Segue D. Fernando Ledo. Foi crego obreiro de correos e hoxe segue en exercicio. A continuación: Dean. Dun curso superior ao noso. Perdinlle a pista. O que segue é: Bermúdez Outes. Profesor de Instituto. Ex. Tamén sorte. Agora que non imos de cámping a Estorde non nos vemos no verán. Segue D. Ricardo Cutrín, Segundo dicía el, con certa picardía, a abolición do celibato no ía coller a tempo de casar. Non desesperes Ricardo Quen sabe? O seguinte e D. Xesús Iglesias, alias Chucho. Xantamos pouco hai, este mes, xuntos. Con sobremesa ata pasadas as 6 da tarde .Boa xubilación.
3ª “ :O señor Varela Pisco. Un saúdo. Hai tempo que non o vexo. Segue: Carlos Lago. Do Fogar de Santa Margarida. Tampouco sei por onde anda. Sorte. Segue : Rial Varela. Trobador maior desta quinta. Que as musas o sigan acariñando e inspirando, Sorte tamén. A continuación: Silveira. Tamén hai anos que non teño noticias súas. Que tamén lle vaia ben. O seguinte Domínguez. tamén de un curso superior ao noso. Perdinlle a pista. O seguinte é un servidor e o derradeiro desta serie e D. Alfonso Fernández Barros. O compañeiro que viaxaba no Selta ata Lestrove. A súa tía era a guardesa do Palacio de Lestrove. Pola festa de Nosa Señora dos Aflixidos dormiamos na cama do Cardeal. Cando remataban as vacacións cantabamos aquela canción que dicía ” Adeus cabo da Crus, Cabo da Crus de aceiro onde amarro a miña lancha e a do meu compañeiro”Ex. Tamén xubiloso xubilado e co fillo criado e traballando .

Falta un que está axexando, con cara de rapas novo e traveso, que é o ínclito D. Luciano Pena. Ex. Andou espreitando e esperando outra xeira pero rematou tamén tomando os hábitos por algún tempo. Que tamén che vaia bonito. E xa están todos. Por hoxe mais nada .Cumprín o encargo Enrique. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario