Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 3 de julio de 2009

ALGO SE ALBISCA NO HORIZONTE

Amigos da quintado57:Alegroume o amigo Senín co seu comunicado. O título é do mais creativo. Inmortalizarao. Non será un contrasinal?. Santo e seña para entrar na Unidade? Mirei no Dicionario da Academia da Lingua Española e nada. No latino de Raimundo de Miguel e nada. Escribín en Google e remíteme á súa colaboración. Probade. Noraboa. Agora dinos o significado. Podes engadilo a Wikipedia..
Agradecido polos teus bos consellos,sei que son sentidos e cordiais. Como son varios os galenos que me tratan e difícil non seguir as prescricións. Se fose un solo con esperar a que morrese xa estaba. Ao que volveu a fumar dille o veciño: Pero non che quitara o médico o tabaco? Si home pero agora o médico morreu.

A bicicleta que me recomendas foi unha boa camarada que me acompañou moitos anos, de sete e media a nove, nas mañás de Sábados e Domingos. Pero un día tiroume e arresteina indefinidamente seguindo as ordenanzas militares que ti tan ben coñeces. Hai uns 4 anos ía a unha velocidade considerable e ocorréuseme anoar mal a camisa no guiador, enmarañouse na roda e guindoume a metro e medio nunha superficie de cemento. Era nun paseo marítimo e a xente dicíame: Señor necesita axuda? Eu escoitaba pero non me podía mover, Chamaron ao 061 e rematou a odisea con 13 puntadas, mazaduras por todo o corpo, unha noite no hospital e a repoñerse como Alonso Quijano cando regresaba malferido e mancado das aventuras que corría con Sancho.

Obrigado Senín polo que, con moita cordura,manifestas na túa intervención e polo xuízo favorable que fas de min. En realidade a quen lle votas os cans e a López González pero seguro que non cho toma a mal.

O anterior son prolegómenos e agora para ser consecuente co enunciado vou poñer sete acontecementos,número bíblico, que, ao meu modo de ver, son como os gromos novos que di a ministra de economía e que me fan ver con certo optimismo que algo se está movendo para mellor:

1º.- A Asemblea Xeral da O.N.U. aprobou, unanimemente e por aclamación, o proxecto de Resolución que condena o golpe de Estado militar en Honduras. A ver como se resolve pero é a primeira vez que os Estados Unidos non apoian unha asonada militar en Sur América que é un golpe de Estado de manual, en toda regra. con suspensión de dereitos e garantías como sempre. As animaladas, de trunfar, veñen despois .

2º- Os bispos vascos rehabilitan a memoria de 14 cregos executados polo franquismo. Celebrarán un funeral conxunto o próximo dia 11”Ningún contou entón,nos 1936 e 1937, con oficio relixioso público algún, nin os seus nomes foron inscritos nos boletíns oficiais e rexistros de cada diocese, nin nos libros parroquiais”,Con esta «purificación da memoria» y querendo «mirar ao pasado para aprender a construír un presente e un mañá novos»,A Igrexa vasca compre con «un deber pendente» dende hai setenta anos”. (D. Mario Iceta que cando correu o rumor de que ía de auxiliar para Bilbao ameazaron os cregos coa renuncia colectiva por non telos consultado é un dos asignantes e promotores. Recórdame unha gracia que facía o coengo de Málaga D. José María González Ruiz, que coincidin con el nun Mosteiro de Bieitos en Prades (Francia) no 1971 e cantaba a letra dun villancico andaluz que dicia así: “El niño Dios nació en un pesebre, donde menos se piensa salta la liebre”Nese mosteiro estaban o Abad Escarré e varios compañeiros monxes de Montserrat que expulsaran de España por negarse a recibir a Franco na abadía).Para saber mais mirade “Redescristianas”

3º.- Chamou un amigo e díxome. Xa verás como este Goberno de Galicia vai axudar mais ao noso idioma do que o fixo Touriño e o B.N.G. Tempo ao tempo. Como ten dotes proféticas fíome del. Será verdade?:Xa se está articulando unha rede de defensa e apoio ao noso idioma que vai arder “Troya”en sentido figurado, faltaría mais. Con violencia nada, sen ela todo e posibel.

4º.-Mais de 100 persoas,teólogos, curas, relixiosos/as en Galicia apoian a Andrés Torres Queiruga. Todas persoas sobranceiras e cun longo historial e boa folla de servizos. Se abren o cota de adhesións a través da rede poderían ser moitas mais.

5ª.- O Arcebispo de Valencia D. Carlos Osoro ten unha xuntanza cos curas roxos que levaban 17 anos sen ser recibidos polo dimitido cardeal García-Gasco. Queda en volver axuntarse e estudar a proposta de que o templo que están facendo para adicar “aos mártires do 1.936” se chame “ Igrexa de Santa María do Perdón e Reconciliación” A ver se é verdade. Sería unha boa nova.

6ª.-A Igrexa de Honduras rexeita o golpe de Estado. Está coa Constitución. Non sempre foi así.Parabéns.

7ª.-Miguel d.Escoto, crego, preside a Asemblea Xeral de Nacións Unidas. O discurso que pronunciou hai unha semana ante os representantes de 192 países, moi aplaudido, sitúa as causas da crise económica mundial, na falta de solidariedade e no intento de gañar diñeiro a costa do que sexa.Vale a pena lelo. Recollo estas frases, dunha entrevista que lle fan, literais que me impresionaron:”¡Como quisiera yo decir que mi Iglesia, es la que ha levantado la antorcha de la solidaridad! Pero no lo puedo decir, porque no es cierto, vienen los más altos representantes de nuestra Iglesia a Naciones Unidas y ¡nada!, no hay espíritu, no hay pasión, no hay fuego, está todo como apagado y el espíritu esta usando a laicos, incluso a algunos que se dicen agnósticos o no creyentes.”

Non sei se coincidiredes en que estes feitos alumean un porvir mais luminoso. Se alguén quere opinar xa vedes que hai materia.

N.B.A información legal hoxe vai sobre a “quinta enmienda”.
Sempre lle digo aos alumnos que cando se encontren con algunha palabra que faga referencia ao dereito que a anoten e logo, en cada clase, reservamos uns minutos para respondelas. Unha delas foi: Que e iso de acóllome a quinta emenda que vin nunha peli?.

R.-Os norteamericanos din que se acollen a quinta emenda cando se negan a declarar contra si mesmos ou a recoñecerse culpables dun delito, Tamén esa disposición recolle que ninguén se lle pode acusar dun delito se antes un “gran xurado” non o acorda por existir serios indicios na incriminación. Tamén se acollen a ela se o Estado lles expropia sen xustificar que o fai por un interese público patente. E tamén se refiren a ela se non se lle leron antes o que aquí nos coñecemos como dereitos do detido. Para nós o equivalente sería o art. 24 da Constitución que é do teor literal seguinte:
“Todas las personas tienen derecho a obtener la tutela efectiva de los jueces y tribunales en el ejercicio de sus derechos e intereses legítimos, sin que, en ningún caso, pueda producirse indefensión.
Asimismo todos tienen derecho al Juez ordinario predeterminado por la ley, a la defensa y a la asistencia de letrado, a ser informados de la acusación contra ellos, a un proceso público sin dilaciones indebidas y con todas las garantías, a utilizar los medios de prueba pertinentes para su defensa, a no declarar contra sí mismos, a no confesarse culpables y a la presunción de inocencia. La ley regulará los casos en que, por razón de parentesco o de secreto profesional, no se estará obligado a declarar sobre hechos presuntamente delictivos.”

Ate a próxima. Cos mellores desexos. Boas vacacións. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario