Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 8 de septiembre de 2009

O deber da memoria. Non é tempo de silencio

Acabo de ler o comunicado profundo e entrañable de Andrés. Como non dispoño de Internet diariamente e, ademais, ausentareime unha semana, completo a entrada anterior para que non esmoreza de todo o blog, con ideas referidas a "As 13 rosas" e ao silencio que alguén quere impoñer.

192.684 persoas foron sumariamente executadas polo fascismo do xeneral Franco entre 1939 e 1944, unha vez rematadda a guerra civil: un xenocidio en toda regra perpetrado ao amparo do terror, ditado polo odio e levado a cado cunha furia animal e fanática contra persoas indefensas.

A Antonio Ferres tocoulle vivir de cerca aqueles acontecementos. En "Memorias de un hombre perdido" ofrécenos o seu recordo: "... Os franquistas fusilaban cadda noite: persoas condenadas en xuízos militares sumarísimos". As más das veces facíano ao abrigo das tapias do cemiterio do Leste, a xente da veciñanza atiñaa que mudar de residencia para non tolear, para poder escapar ao ruído das descargas, ao eco ominoso dos tiros de gracia.

A Branca Brissac, Ana López, Xulia Conesa,Virtudes González e Martina Barroso fusiláronas na madrugada do 5 de agosto de 1939 en Madrid, xunto a outras oito menores: "As 13 rosas".

Primeiro foron violadas e pouco despois os seus violadores formaron o pelotón de execución. Morreron "sen volver ver o día, sen divisar a aurora", segundo unha testemuña.

Paco Caudet di: " O feito básico da vida política franquista foi a feroz matanza indiscriminada dos primeiros anos da posguerra". Hoxe sentimos a necesidade e temos a obriga moral de lembrar a Branca, a Ana, a Xulia... para devolverlles a memoria e, con ela, unha parte da dignidade que lles quixeron arrebatar aqueles sicarios do oprobio e a sen razón.

Non queremos que o silencio siga degradando as vítimas inocentes, porque sabemos que calar é condenar inxustamente dúas veces, porque non é lícito volver matar os mortos, porque esquecer é volver alddraxar a dignidade das persoas. O silencio é a tortura ada memoria.

O silencio é inxusto, porque estende a sombra da dúbida sobre a vítima, impídelle defender a lexitimidade das súas opcións , o dereito a pensar de maneira diferente, a protestar contra a infamia e contra o terror. O silencio pon entre parénteses a inocencia das vítimas e négalles a posibilidade de reivindicar a súa dignidade: a delas e as dos seus descendentes. A delas e a de quen pensaba e segue a pensar coma elas.

Por iso hai que lembrar lonxe da vinganza e sen convocar a rancor nin a resentimento inútil. O recordo convértese así nun deber moral.

A película é a versión dunha historia real, que rematou na madrugada do 5 de agosto de 1939, a pasar de que a guerra acabara catro meses antes, e a pesar de que Franco prometera que soamente serían castigados os que tivesen as mans manchadas de sangue; as 13 adolescentes non as tiñan.

É un texto que traducín o resumín de outros de Amalo Blanco. É a páxina 251 de "Historia 4. ESO, publicado por Xerais no 2008.

Coidádevos da síndrome posvacacional, os que traballades.

Eduardo Seco.

1 comentario:

  1. Non é xusto o que se está a comentar sempre en tempos actuais,das matanzas levadas a cabo UNICAMENTE polas tropas de Franco,olvidando,intencionadamente ou non,as atrocidades cometidas polo bando repúblicano...A un irmá do meu pai que estaba cursando estudos en Madrid,que non pertenecía a ningún bando político,antes do 1936(supoñemos que por ser CATOLICO),os republicanos metérono ná cárcere Modelo,e fui un dos muitos (entre 2.ooo ou 5.ooo)os que foron fusilados en Paracuellos do Jarama...
    Todos teñen muito que "rascar",e pareceme ben que se fale da "memoria histórica",pero sin olvidar a NINGUEN...Como si,oxe en día, o haber pertenecido o bando "nacionalista" fora haber sido "un facha".
    Pois,sabedes o que vos digo:Que eu estón mui orgulloso de que a miña familia,hubera estado no bando das "dereitas" e que ,o meu pai,cambaniente naquela contienda fraticida,hubera sido un héroe,como o fui.
    Un saudo a todos
    A.Puertas

    ResponderEliminar