Antes
de nada, por se me esquezo, debo felicitar aos Fernandos que están
hoxe de días. Fernando Ledo e Fernando García Ferro. Tal día como
hoxe era un día grande. Día de festa. Comiamos con viño. A
disciplina relaxábase. Grandes recreos. Poñían cine. Non faltaban
uns curtos de Stan Laurel e Oliver Hardy que moita risa nos daban.
Tempo pasado de feliz memoria polo menos para min e penso que para
todos.
Indo
ao anunciado arriba comentarei algo. E difícil,xa que é un tema que
leva 15 días xustos xerando noticias. Cousa nada fácil nestes
tempos en que unha noticia que resista dous telexornais xa ten unha
gran potencia informativa. O día 20 pasado eu escribira isto. Como
segue tendo actualidade e reflexa o que pensaba aí queda tamén.
“Unha
data mais que pasará,como mítica, ao noso imaxinario colectivo.
Igual que o 25 de Abril, o 20 N, o 15 Iota, o 23 F, o11 S, ou 11.M.
Quen lle diría ao vello mozo, Stéphane Hessel, 93 anos, membro da
Resistencia Francesa,torturado pola Xestapo, un dos redactores da
Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948, que se
incorporaron aos ordenamentos xurídicos de medio mundo,que o seu
libriño de 24 páxinas: INDIGNÁDEVOS, ía orixinar un movemento de
indignación que xa se coñece no estranxeiro como “The spanish
revolution”? Estes días anda contento.
A concentración na Porta do Sol,de mocidade en principio,pero á que mais tarde se incorporaron xentes de todas as idades e condicións, que se foron estendendo a medio cento de cidades en toda a península, foron a noticia coa que abriron estes dias as televisións e primeiras portadas dos periódicos mais importantes de España, Europa e América.
A indignación que pola situación económica, social,política e laboral sente tanta xente é importante que tomemos todos conciencia dela e aportemos ideas e alternativas para atallala. O primeiro paso parece que está dado. Sería moi bo para todos que de aquí saísen unha serie de iniciativas e reclamacións que, en principio todas as forzas políticas ,económicas e sociais,polo que din, están dispostas a acoller.
A semente xa prendeu. Acaba da nacer unha plataforma representativa do sentir xeneralizado. Debemos coidala e colaborar facéndolle caso ao que nos dicía o homenaxeado polas letras galegas,este ano, Lois Pereiro, hai poucos días: “quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)”.

Hoxe
sego a pensar que é un movemento que marcará o inicio dunha nova
época. Que non é unha algarada de catro descontentos. Hai un
pensamento alternativo ben artellado que pouco a pouco vai calando na
sociedade actual como o fermento na masa e que acabará tendo os seus
resultados. Non podería ser doutro modo.
Gustoume
moito esa entrevista que lle fixeron hai poucos días a Eduardo
Galeano pola súa frescura.
E
admirable que despois de vivir setenta anos se poida manter esa
xuventude e pensamento tan engaiolante e cativador. Se queredes saber
mais deste home de grande humanidade e intelixencia mirade aqui:
Eduardo Galeano - Wikipedia, la enciclopedia libre
E
por hoxe nada mais. Aproveitade o que queda de primavera que este ano
veu con boas trazas, quentiña a farturenta. As cereixas do val do
Jerte son moi sabedoras. Xa chegaron as primeiras. Non podo rematar
sen dicirlle ao noso poeta Puertas que sentimos que perdera ao seu
can que tan boa compaña lle facía. Que o tempo de duelo pase pronto
e que atope outro cadelo que,con seguridade, lle vai a dar tantas ou
mais satisfaccións cás que lle dou o que descansa nas augas de
Camariñas.Deica a próxima. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario