Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 16 de diciembre de 2011

MISCELANEA XI




Hai veces que se apodera dun a galbana,preguiza ou lacazanería,como dicían os vellos no Cabo da Cruz pero con “s”(hai un lugar que lle chaman a “preghisa”) e cando un cae nesa apatía total, sen ganas para facer cousas ,débese facer como nos dicía D. Raimundo en Belvís. Procurar arredar esa tentación como arredamos unha ascua ou brasa cando nos saltaba da lareira para a roupa. Ese era o modo de combater as tentacións cando tiñamos malos pensamentos que eran sempre referidos ao sexo.¡ Que tempos e con canta inxenuidade e inocencia nos criamos¡ Pois para saír dese estado estou escribindo algo que xa debín ter feito hai uns días pero foi quedando dun día para o outro e agora o tempo pasa dunha maneira rápida e veloz como o vento desta noite pasada.

Aí van unhas cantas cousas para pasar o tempo.
A.- Conto ruso
Avecíñase un cambio de gobernantes e teremos ocasión de comprobar se o conto ruso dos tres sobres segue tendo vixencia .E así: o que se vai, no relevo de goberno, entrégalle ao novo discretamente tres sobre numerados 1, 2 e 3 rogándolle, cando se vexa apurado e sen solución para os problemas, que os obra por esa orde.

Pasados os primeiros días ou semanas e angustiado polas dificultades de gobernar para todos
 e pola cantidade de asuntos a resolver,na soidade do despacho, abre o primeiro sobre que di: “Fale mal de min. .A culpa de todo o que acontece bótella ao seu antecesor”

Comproba que os erros anteriores ,a atribuída falta de previsión e a herdanza recibida funciona e permítelle que pase o tempo sen solucionar nada relevante. Transcorrido mais tempo as cousas non van ben,complícanse mais, e ten que abrir os segundo sobre que di: “Coas estruturas actuais non se pode facer nada. Múdeas. Faga reformas”. Esta idea permítelle facer moitas promesa de cambio. Traslada os arquivos da sexta planta á primeira e os negociados dun edificio para outro alterándolles o nome. Isto dálle boa imaxe e a opinión pública di que por algo se empeza.

Co paso dos anos pouco ou nada se fixo e os graves problemas sen resolver obrígano a abrir o terceiro sobre que di: “Escriba con presa outros tres sobre para o seu sucesor. Se a lei llo permite convoque eleccións e se non o seu cese é inminente”

Co tempo veremos se é un conto ou non é tan conto.

(Divulgouno D. Federico Mayor Zaragoza cando tomou posesión do cargo na UNESCO e llo transmitiu o seu antecesor pola década dos oitenta).
B.-Supoño que a todos vos chegan videos de compañeiros e amigos que andan pola rede e que chaman poderosamente a atención. Pois van dous que me chegaron hai pouco e vos veredes se sorprenden ou non. (Estoulle moi agradecido a quen mos envía)
FnOQg
Y7Y8w
 
C.- Este outro vídeo é,en especial, para o noso compañeiro Doval Pose para que opine sobre cuestións que teñen certa polémica como é o que expón,parece que é, un dos mellores coñecedores da Biblia en Portugal. Pese a ser portugués coido que se entende perfectamente. Refírome a el porque na convivencia do verán comentoume que lle encantaban as polémicas. Nestes días en que supoño que terán uns días oficiosos de vacacións como teñen aquí o persoal dos xulgados a ver se pode roubar algo do tempo propio para opinar aquí dun tema propio destas datas como é a orixe pagán destas festas. (No te sientas obligado que yo no soy quien para sugerirte nada.Recibe un saludo con afecto)

D.- E xa que hoxe vai de audiovisuais non pode faltar este do noso Presidente da Xunta que no parlamento galego atreveuse a traducir o “Alba de Gloria”de Castelao. Cousas veredes. Hoxe declarou ben de interese cultural,ou dixo que o ía facer, toda a obra do pai de “Sempre en Galiza” que se considera a obra canónica do nacionalismo galego.

Pois nada mais.Deica outra e cos mellores desexos para todos e co afecto de sempre.Rafael

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario